Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NUNHA CARTA CO GALLO DA INDEPENDENCIA DE VENEZUELA

Sarkozy agradece a Chávez os “esforzos incansábeis” na liberdade de reféns das FARC

O presidente francés, Nicolás Sarkozy, agradeceu ao venezuelano, Hugo Chávez, polos seus “esforzos incansábeis que permitiron” lograr a liberación dos reféns das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (Farc-Ep).

Xurxo Martínez Crespo - 10:34 09/07/2008

No momento en que celebramos a liberación de Ingrid Betancourt e doutros 14 reféns, agradézolle novamente os seus esforzos incansábeis que permitiron aos secuestrados de Colombia volver á liberdade e ao amor de súas seres queridos”, di a mensaxe de Sarkozy a Chávez.

A carta foi enviada para felicitar ao presidente venezuelano pola celebración do 197 aniversario da declaración da Independencia da República Bolivariana de Venezuela o pasado 5 de xullo. Esta é a segunda carta nos últimos meses na que o presidente Sarkozy agradece a Chávez polo seu labor de facilitador no proceso de liberacións dos secuestrados polas Farc-Ep, que tivo os seus primeiros resultados o 10 de xaneiro pasado cando se concretou a liberación da ex compañeira de partido da ex candidata á presidencia Ingrid Betancourt, Clara Rojas, e a ex congresista, Consuelo González.

Coa mediación de Chávez tamén se logrou en febreiro a liberdade dos políticos Gloria Polanco, Luis Eladio Pérez, Orlando Beltrán e Jorge Eduardo Géchem. Ao respecto, o presidente francés tamén lembra na nova carta a visita de Chávez a Paris en novembro pasado e confirma unha reunión entre ambos Estados a celebrarse en outubro próximo.

Considero de gran importancia a excelente calidade dos lazos que unen a Francia e a Venezuela, que a súa visita a Paris do 20 de novembro pasado ilustrou con particular brillo. Compraceme igualmente a riqueza e a densidade do noso diálogo político”, sinaloulle no texto.

Non dubido que as nosas relacións atoparán no futuro numerosas ocasións de desenvolverse aínda máis. Estou convencido que a segunda xuntanza de alto nivel franco-venezuelana, a celebrarse en Paris os 2 e 3 de outubro próximo, brindaranos a ocasión de continuar afortalando a nosa estreita cooperación en numerosos ámbitos e deseñar perspectivas prometedoras para os nosos dous países”, agregou.

Sarkozy transmítelle a Chávez no seu nome e no “de todos os meus concidadáns, os meus calorosos parabens” por celebrarse un ano máis da declaración da Independencia de Venezuela. Na carta de abril Sarkozy pedíalle a Chávez achar un novo camiño para lograr a liberación de Ingrid Betancourt e demais reféns das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (Farc-Ep).

Utilice vostede toda a súa influencia, que é grande, para atopar os medios dunha nova iniciativa, sobre a cal nós podamos daquela facer propostas á comunidade internacional”, dixo o presidente francés.

Francia enviou a Caracas ao ministro de Relacións Exteriores Bernard Kouchner, quen tamén visitou previamente Colombia e Ecuador, co fin de reactivar a esperanza de continuar coas liberacións que se estancaron o pasado 1 de marzo, cando Colombia invadiu territorio ecuatoriano nunha operación na que asasinaron, entre outros, o número 2 das Farc-Ep, Raúl Reyes.

Naquel intre, informouse que con Reyes se negociaba a liberación dun terceiro grupo de reféns, vía Ecuador, incluíndo á ex candidata presidencial Ingrid Betancourt, quen permaneceu tres meses máis na selva colombiana até obter a súa liberdade o pasado 2 de xullo.

O presidente francés tamén recoñeceu nesa oportunidade que as liberacións non existirían sen a mediación de Chávez solicitada en primeira instancia polo propio presidente de Colombia, Álvaro Uribe. Francia xogou un papel activo na campaña internacional pola liberación dos reféns das Farc-Ep, particularmente de Betancourt, quen estivo máis de seis anos en cativerio.


4/5 (4 votos)