Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Dende o concello chaman a denunciar

A estatua do Che de Oleiros amence pintada de amarelo e vermello

A policía local está a investigar a autoría das pintadas. Todo apunta a que os autores tiraron dúas botellas cheas de pintura contra a efixie.

Redacción - 14:25 09/07/2008
Imaxe da inauguraciónda estatua homenaxe ao revolucionario

Imaxe da inauguraciónda estatua homenaxe ao revolucionario

A estatua da Che Guevara, instalada hai menos de quince días na coñecida como rotonda Nirvana, no Concello de Oleiros, amenceu esta cuarta feira con catro grandes pintadas, feitas en cor amarelo e vermello. Ao parecer a pintura foi lanzada contra a estatua dentro dunhas botellas de vidro, que escacharon aos pés de mesma, tinguíndoa polos dous lados.

A Policía Local oleirense anunciou que xa abriu unha investigación para averiguar quen foi o autor ou autores do acto vandálico. Na zona hai instaladas cámaras de vixilancia, pero os axentes aínda non revelaron se existen algunhas imaxes dos responsábeis das pintadas.

Esta cuarta feira, na web do Concello de Oleiros podíase ler, entre os anuncios municipais, unha frase que dicía: "O mobiliario urbano é patrimonio de todos. O vandalismo, responsabilidade duns poucos. Se es testemuña, DENUNCIA".

A estatua do Che
A estatua do Che foi instalada en Oleiros o pasado 27 de xuño, nun acto que contou coa presenza do fillo do revolucionario, Camilo Guevara. Ao tempo que se inauguraba a efixie, un grupo de persoas manifestáronse para protestar contra o "malgasto" que, na súa opinión, supón o monumento, que lle custou ao Concello uns 180 mil euros.

A protesta reclamaba que os cartos gastados no Che se destinasen a outros servizos no municipio, e estaba apoiada por diversas asociacións, así como polo grupo local do PPdeG.


Ligazóns

3,6/5 (10 votos)

Comentarios (36)

GALICIEN #1 9/Xullo/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estos fachas do PP , seguro que foron eles.

ecoe #2 9/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que vaian á procesión da estatua da virxe da Coruña, que alí estarán.

micsha #3 9/Xullo/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Solo una sociedad enferma es capaz de montarle una estatua de homenaje a un tarado criminal.

condedecotobade #4 9/Xullo/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tes razón, e o que coustou quitala de Ferrol! Ou estás a falar do busto do criminal de Vilalba?

UnDeTantos #5 9/Xullo/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mischa como troll deberías aprender do noso benquerido Gaviotero,quédache moito!

AGIL #6 9/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O nacionalismo espaÑol não aguenta nem sequer as gentes hispanófonas que fazem grande a "Comunidad hispana"... É que está tolo? É que o seu apenas é matar e matar e matar... gentes e línguas e culturas?

OBSERVADOR #7 9/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah, então o nacionalismo espaÑol é igual de intolerante que os outros.

Ou não fica demonstrado?

O que me estranha é que a notícia não diga que a estátua tinha várias cagadas da Gaivota! huas.

Gaviotero #8 9/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parece que los nacionalistas gallegos y los estúpidos progresistas empiezan a recibir de su propia medicina. Mal está estropear el patrimonio que es de todos, aunque se trate de una estatua erigida para dividir a la población y para crear odio yrencor, pero esto no deja de ser lo que ha venido sufriendo durante años el patrimonio de todos que en la forma de bustos, estatuas, cruces e iglesias han destrozado los nacionalistas gallegos con alegría y alborozo.

Lo mejor que se puede hacer con esa estatua es reutilizarla como material de fundición. Y al que le guste el Che, que se compre un libro de su vida y deje de darnos el coñazo a los demás.

Roi_Batti #9 10/Xullo/2008 Roi_Batti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero,
estás a favor dos violentos? xustificas a violencia? es amigo dos terroristas?
entón, ti es un terrorista e hai que ILEGALIZARTE

Biosbardos #10 10/Xullo/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seguro que foi o propio a alcalde, que montou algunha bos noutra parte e quere distraer

COUTOVEN #11 10/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Intolerancia e que mais.

Cando realice críticas sobre a colocación deste monumento. As base fundamentalmente en 2 cousas. Que o Che foi unha persoa controversial polo que pensaba e polo que fixo e ata polo que deixo de facer. A segunda é que en pleno 2.008 esa imaxe do Che é unha icona comercial por encima de todo. A maior parte das persoas que se pon unha peza con esta efixie posiblemente non teñen un coñecemento cabal deste home. En calquera dos sentidos.

Cando expuxen. Que fixo o Che por Oleiros para xustificar este monumento? Fóra de insultos e descualificacións. O único distinto a isto que se achego foron os oxidados argumentos que por décadas repetiron de forma totalmente acrítica, irracional e fanática a esquerda intolerante.

Isto que ocorreu en Oleiros xa o vimos en Venezuela onde ao pouco tempo de colocar un monumento deste personaxe houbo atentados contra o mesmo. Xa que do mesmo xeito que en Oleiros este señor non fixo nada por este país.

Os grandes personaxes da historia libertaria en Hispanoamérica e os loitadores polas liberdades sociais primeiro iniciaron a súa xesta na terra que os viu nacer e só logo disto, algúns deles emprenderon xestas libertadoras fóra das súas fronteiras. O mellor exemplo é Simón Bolívar, o cal ten estatuas en moitos países e continentes e raramente hai atentados contra el.

Simplemente este é un caso de intolerancia. E ese diñeiro gastado nun capricho será unha patética expresión do fomentar e tentar a intolerancia nunha comunidade. Hoxe foi pintura. Mañá que será? E os que sentan agredidos, é dicir os fanáticos da outra beirarrúa atentasen contra as igrexas, casas de partidos, etc.

Hai un devandito que di: “Sementa ventos e cultivases tempestades”

Foi sementado un monumento controversial e estase cultivando a intolerancia. Mentres tanto as litografías, fábricas de franelas e llaveros non deixan de reproducir esta imaxe controversial.

Talvez estes sexan os únicos que gañen con todo isto.

Carlinhos #12 10/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Interessante debate:
Tese: Exercitar qualquer tipo de violencia nas cousas ou nas persoas é moralmente reprobável.
Antítese: Um uso abusivo, contrário aos interesses do povo por parte do Poder tamém é violéncia e pode provocar actos violentos.
Síntese: A legitimada violéncia do Poder pode, em casos determinados, ser combatida pola legítima violéncia do Povo.
E isso o que querem dizer Coutovén; Gaviotero e micsha? Pois entom estám completamente de acordo coas teses de Ernesto Che Guevara.

OBSERVADOR #13 10/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ha ha ha ha !!!!! Carlinhos, és o máximo!

Gaivota, o pior é que tem razão. Estás a demonstrar visíveis sintomas de terrorismo congénito...

Mas isso não é de agora, já quando começaste a escrever em Vieiros algo se che notava.

BovedaGZ #14 10/Xullo/2008 BovedaGZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Poñerse a criticar agora a estatua porque estaba visto que ía ocorrer non creo que sexa o correcto. Que pasa? Que un goberno local non pode elixir o seu mobilario urbano a sabendas de que haberá catro personaxes que atacarán contra el. Cando ocorreu o mesmo coa bandeirola española do Paco Vázquez, os medios defendéronna a morte a pesar de saber que crearía conflitos e quen atacara contra ela pouco menos que terroristas. Agora os culpábeis non son os que atacan senón o Goberno local. Visión partidista por parte dos medios? Non ho.

grueiro #15 10/Xullo/2008 grueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

GAVIOTERO NON EXISTE!!!

Xoan_da_Tolda #16 10/Xullo/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boeno, ese happening é doado de amañar, que alguén tire esta noite unha bola morada

Rantamplan #17 10/Xullo/2008 Rantamplan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Es de pena que quiten las estatuas de Franco,que al fin y al cabo forma parte de nuestra historia y gasten el dinero público(que buena falta hace con esta crísis zapateril) en plantar cual truño en wáter el careto de un pseudorevolucionario que poco o nada pinta en la historia de España.
Pero ¿que se puede esperar de un gobierno que permite ponerle a las calles nombres de asesinos etarras?

Rantamplan #18 10/Xullo/2008 Rantamplan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Por qué, ya que tan comunistas y William Wallaces del pueblo son, no reparten el dinero que valió esa "estatuilla" -que no fue poco para nada (hablamos 180.000 euros ¡AL LORO!)- entre los más necesitados de su pueblo y pueblos de alrededor?

ecoe #19 10/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén se pode pidir a que gastou inutilmente na Coruña o Pacoché ou mesmo esta última da virxe esa mariana. Ou non?

micsha #20 10/Xullo/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

180000 eurazos!!!!! Habrá que ir a vivir a Oleiros...

Gaviotero #21 10/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Mal está estropear el patrimonio que es de todos"

Roi_Batti, cuando dices si justifico la violencia, yo me pregunto: ¿acaso no sabes leer?

COUTOVEN, no hace falta que le des tantas vueltas. Esa estatua la pone ahí en Oleiros el impresentable de su alcalde para intentar joder a los vecinos que no piensan como él. Así de sencillo. Y de paso, para crear polémica. Ya veremos cuando deje el puesto si tanta humareda no pretendía tapar otras cosas...

Por lo demás, muy mal por parte de los nacionalistas catalanes, llenando la estatua del rojo y amarillo de la señera...¡jajaja!

COUTOVEN #22 11/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non Carlinhos, en ningures dixen que se atente contra nada. O que dixen e repetido é que unha figura tan controversial como a de Ernesto Che Guevara é antes de toda unha icona explotada comercialmente e que moitas persoas fan uso a súa imaxe sen coñecer ao home detrás dela.

Sen desmerecer a loita deste ser humano. O mesmo non ten ningunha obra digna de ser eloxiada en Oleiros nin no seu país de orixe. É como pretender que alguén sexa recoñecido como “PAI MODELO” xa que lle dá alimento e atención aos nenos famentos da súa comunidade mentres os seus fillos mórrense de fame. Na Arxentina onde creceu e transformouse en home e profesional o Che Guevara existían problemas e inxustizas sociais suficientes para que o seu espírito libertario tivese unha actuación moito máis domestica. Polo menos en principio. Cousa que se fixo Simón Bolívar por exemplo.

É bastante común utilizar frases ditas por personaxes da historia para sustentar argumentos e isto é válido.

Carlinhos Que che parece esta frase de Simón Bolívar aplicándoa á realidade Venezolana?

Huid del país donde uno solo ejerce todos los poderes: es un país de esclavos. Simón Bolivar.

Carlinhos #23 11/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Senhor COUTOVEN; Você sabe melhor ca mim que Simón Bolívar luitou; como Fidel Castro, o Che e o seu odiado Hugo Chávez pola INTEGRAÇOM da América Latina; forom interesses que hoje chamariamos pequeno-burgueses, quartelários e caciquís os que frustraram o seu objectivo.(Os xenerais do XIX contrários à integraçom e fundadores de diferentes Estados queriam governar e enriquecer-se no território que podiam controlar militarmente, sem lhes importar o resto da América).
Faga-me o favor de nom ser bolivariano só no que de Bolívar pode ser considerado anacrónico. Quando o Libertador exerceu a legítima violéncia contra o império; nom estava a luitar contra os ianques, mais contra a monarquia espanhola. Os EUA fregavam as maos para sucederem aos espanhois. Consulte na Enciclopédia na Rede de Ir Indo (mentres esta for gratuíta) o que aconteceu já nos finais do século na "Guerra de Cuba".
A cita de Bolívar referia-se aos interesses do que hoje chamariamos "burguesias nacionais" e dos generais "isolacionistas" e que no seu equivalente actual som aliadas dos EUA, contrárias à integraçom da América Latina e, por tanto, inimigas de Fidel, de Raúl, de Hugo Chávez, de Evo, de Daniel Ortega... e, consequentemente, do projecto político que Guevara e Bolívar defendiam.
Saúdos a parabéns por interessares-te pola obra do luitador e heroe anti-imperialista Simón Bolívar.

COUTOVEN #24 11/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non Carlinhos. Non metamos a Bolívar, Fidel e ao Che nun mesmo saco con Chávez. Eu garántolle que o enxeño militar e político destes tres señores non pode ser comparado cun individuo como o noso COMEDIANTE EN XEFE.

No caso de Bolívar. En primeira instancia pretendía manter unida a Gran Colombia (Virreinato de Nova Granada) como unha unidade político territorial. Se isto fose unha realidade, esta unidade xeográfica seria unha potencia mundial. Lamentablemente a cosiata en Venezuela e os intereses bogotanos non viron máis aló dos seus narices e perderon esa oportunidade histórica.

No caso de Fidel, loito contra un ditador. Demostrou que é un dos máis intelixentes políticos que da historia. Lamentablemente os meles do poder o empalagaron transformárono nun ditador inimigo da sa e conveniente alternancia democrática.

Do Che xa o sinale antes. Creo que é unha figura controversial, que ha dexenerado nunha icona do consumismo e que moi ben puido iniciar o seu xesta libertaria en Arxentina demostrando que as obrigacións dun cidadán empezan por casa. Isto sen desmerecer os seus pensamentos e principios. O cal por certo, creo que é o menos coñecido.

Agora se falamos de meter a estas verdadeiras figuras nun saco con Chávez. Eu garántoche que o sacarían nun airiño.

Só pensar o ter que escoller entre os discursos de Fidel e Chávez. Non ten punto de comparación. O patético, coprolalico e inconsistente verbo de Chávez non ten vida fronte ao de Fidel.

Se falamos de virtudes como militar. É onde peor sae parado Chávez. Por ineficaz e covarde. Mentres Fidel e o Che (sen ser militares) lograron éxitos nas súas accións e Bolívar é recoñecido polos seus múltiples éxitos. Primeiro na súa nación e logo ante un continente. Chávez o mellor que pode ofrecer é un golpe de estado 04 de Febreiro 1.992. Onde usando as armas da nación con nocturnidade e aleivosía, asasino a decenas de venezolanos e logo de fracasar no seu intento en Caracas, a diferenza dos seus compañeiros que se lograron os seus obxectivos no resto do pais. Foi a esconderse ao museo histórico militar.

Mira o vídeo e decátache. É Chávez aínda que non o creas. Esta máis fraco porque aínda traballaba. Mal, pero aínda traballaba.

Por certo, ve os micrófonos que lle permiten expresarse. Hoxe a ningún deles poden facelo porque o teñen prohibido ou está pechado o medio.

http://www.youtube.com/watch?v...

Carlinhos vistes o vídeo? Gústoche?

Se puxesen unha estatua do Che na Redoma de Guaparo (Valencia Edo. Carabobo, Venezuela) preto de onde vivo. Xúroche que pouco me importaría e moito menos danaríaa. Xa que sempre manexei o seguinte concepto. Todos os monumentos teñen dous elementos de valoración. O artístico e o simbólico. Pero lamentablemente o que eu penso é a miña opinión e seria presuntuoso pretender que é o xeito correcto de pensar. Pero che podo asegurar que no momento actual venezolano. Esta obra de arte duraría pouco tempo sen que fose atacada e pódoche asegurar tamén. Que se fose colocada fai 10 anos, moita xente veríaa con simpatía e no peor dos casos con indiferenza. Por algo moi simple, non existía unha sociedade polarizada como a actual e en Venezuela e o pensamento político predominante era o Socialista democrático.

De tal xeito que dificilmente Chávez pode unir un continente Como pretendeu Bolívar cando o único que fixo en Venezuela é dividir á súa nación.

COUTOVEN #25 11/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É mais Carlinhos esta é a versión do vídeo anterior reproducida por VIVE TV (canle do goberno Venezolano actual). É para que vexas que non está manipulado. Onde por certo pídelle á Brigada Blindada de Valencia que se renda. Esta queda a poucos metros da redoma de Guaparo en Valencia.

http://www.youtube.com/watch?v...

COUTOVEN #26 11/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto foi presentado en vieiros. Non me dirán que a imaxe do Che non derivou nunha icona mercantil

http://www.vieiros.com/nova/64...

Carlinhos #27 11/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

26# Leia (ou releia) os seus comentários, veja (de novo) os seus vídeos, reflexione, tranquilice-se, intente objectivizar a informaçom e, de aqui a a uns dias, respondo-lhe.
Saúde e parabéns pola sua paixom no que crê que é justo; nom concordamos mais a sua veeméncia é admirável.

COUTOVEN #28 11/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non carlinhos. Os vídeos non son meus. Eu non me chamo Chaves nin dei un golpe de estado. É bo que che tomes uns días e vólvalos a ver. Reflexiona, eu vivo algo máis cerca á realidade no meu país. E o que se ve nese vídeo, é un criminal covarde que non lle importa matar persoas e utilizar nenos sen con iso sacia a súa enfermiza sede de poder.

OBSERVADOR #29 12/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se lhe põem uma cor azul no meio temos já a bandeira da Colômbia.

http://pt.wikipedia.org/wiki/C...

Gaviotero #30 12/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Me ha gustado lo del COMEDIANTE EN JEFE, COUTOVEN...;)

COUTOVEN #31 13/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algo tarde se dio cuenta señor GAVIOTERO. Le falta leer el comentario del mal llamado "GORILA ROJO"

OBSERVADOR #32 13/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dios los cría y ellos se juntan...

Gaviotero #33 13/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Es lo que tiene estar a tantas cosas, COUTOVEN...mil disculpas.

COUTOVEN #34 13/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dicho para personas OBSERVADORas.

"Como te ves me ví, como me ves te verás"

El cual demuestra que la naturaleza nos cría a todos y todos concluimos en un mismo destino.

OBSERVADOR #35 13/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un mismo destino = una única patria = un único dios.

COUTOVEN #36 13/Xullo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Única patria? Se é a Galega moi ben. E se é en lazos de irmandade con todas as comunidades peninsulares moito mellor.

Con respecto a Deus déixoo á conciencia de cada quen. Son crente pero considero que a educación e o goberno teñen que ser laicos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: