Lexitima así a espionaxe telefónica, unha práctica habitual dende os atentados do 11 – S.
'Esta reforma axudará aos nosos profesionais de intelixencia a coñecer que planean os terroristas e con quen falan: hoxe estamos máis seguros'. Estas foron as palabras de George Bush, logo de que o senado dese a súa aprobación á nova lei de escoitas telefónicas, oficialmente coñecida como 'lei de supervisión de datos de intelixencia sobre estranxeiros (FISA).
Na práctica, esta medida permite as escoitas sen un previo ditame da xustiza e, sobre todo, protexe ás empresas de telecomunicacións de demandas de persoas que alegan que as escoitas violan as leis sobre privacidade. Ademais, esta nova normativa aplicarase de xeito retroactivo, polo que as compañías que xa interceptaran chamadas telefónicas e correos electrónicos despois dos atentados do 11 de Setembro, liberaranse agora de preto de 40 demandas multimillonarias que estaban en curso.
Debate e reaccións
A medida foi aprobada con 69 votos a favor e 28 en contra. Previamente, os demócratas eran contrarios a outorgar a inmunidade ás firmas de telecomunicacións que estaban pendentes dunha resolución, e pedían cando menos que fosen os tribunais quen primeiro establecesen que foi o que fixeron esas empresas. Finalmente, chegouse a un acordo e a inmunidade non será automática. Sen embargo, a xustiza estadounidense queda agora obrigada a rexeitar demandas contra unha empresa se esta pode demostrar unha certificación escrita de que a Casa Branca lle solicitou algunha escoita telefónica, co que esa práctica será inmediatamente legal.
As reaccións a esta lei non se deixaron agardar: a Unión Americana de Liberdades Civís (ACLU) cualificou a lei de inconstitucional e de 'asalto ás liberdades civís e ao dereito da privacidade'. Do mesmo xeito se manifestaron outras entidades, que vén na decisión un cheque en branco para o goberno para acceder sen autorización xudicial ás comunicacións internacionais.
Os Sonados fan así, sexan os USA ou, hai uns días, mesmo os sonados aér€oparlamentar€s!
Home. Que protocolares son os presidentes gringos ao pedirlle permiso ao Senado para aprobar unha medida desta natureza.
En Venezuela a deslegitimada asemblea Nacional (un 75% de abstención da poboación electoral) se defecan nos pantalóns e as saias cando Chávez lles dá un berro. Esas finuras non fan falta.
En Venezuela a DISIP che espía o teléfono, o goberno ponche en listas fascistas (lista Tascon) e o “poder moral” inhabilita aos candidatos da oposición sen unha triste sentenza. É máis, logo de máis de medio ano do Referendo Consultivo o CNE non dá os resultados definitivos onde os venezolano rexeitaron a anticonstitucional reforma cunha participación moito máis grande que a que deu orixe a ese circo de focas amaestradas chamada asemblea nacional Venezolana. E o COMEDIANTE EN XEFE segue gritando e facendo o que lle dá a gana sen renderlle contas a ninguén.
Nunca máis que hoxe están vixentes as frases de Bolívar:
Huid del país donde uno solo ejerce todos los poderes: es un país de esclavos.
Xa sabemos quen son os escravos dentro e fóra de Venezuela.