Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eurodeputados frean o plan

Berlusconi tiña previsto identificar aos xitanos “para protexer os menores”

O Parlamento Europeo considera esta medida como unha forma de discriminación étnica

Redacción - 19:17 10/07/2008

O Parlamento Europeo rexeita os plans do goberno italiano para a identificación dos xitanos no país e considera que a toma de pegadas dactilares supón un acto de discriminación étnica.

Deputados dos grupos Socialista, Liberal, Verde e da Esquerda Unitaria presentaron ante o Pleno da Eurocámara unha resolución que foi apoiada por 336 votos a favor, 220 en contra e 77 abstencións para frear o plan de Berlusconi a prol da identificación dos xitanos de Italia mediante a toma das súas pegadas dixitais “para protexer os nenos”.

No texto recentemente aprobado, os eurodeputados instan ás autoridades italianas a que se absteñan de recompilar as pegadas da poboación caló, menores incluídos, posto que “constituiría claramente un acto de discriminación baseado na raza e na orixe étnica”.

E mentres que a Comisión Europea avalía as medidas que tiña previsto tomar o goberno de Silvio Berlusconi, os eurodeputados piden tamén que as pegadas xa recompiladas non sexan empregadas a ningún efecto. O Parlamento Europeo asegura que o xeito máis adecuado que ten o goberno italiano para protexer aos menores xitanos é “garantirlles o acceso á educación, á vivenda e a atención sanitaria, e protexelos contra a explotación”.

O ministro italiano do Interior, Roberto Maroni, comunicou que a toma de pegadas dactilares só se levará a cabo “se non hai outro xeito de identificar aos individuos”. O comisario europeo de Xustiza e Interior, Jacques Barrot explicou que a toma de datos a un grupo étnico específico vulnera as normas europeas contra a discriminación.


3/5 (1 votos)


Comentarios (1)

Dogma #1 12/Xullo/2008 Dogma

bueno aqui as pegadas dixitais as temos que poñer todos.....

Pero ¿porque non pedir as pegadas dixitais dos curas tamén para protexer aos nenos pequenos?

Ou poque non poñer marcas nos movementos dos bancos para saber aonde vai o diñeiro negro???

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: