Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sentenza da Audiencia Nacional

Condenan a pagar 2.700 euros aos dous mozos cataláns acusados de queimar imaxes do rei

Se non abonan a multa, Jaume Roura e Enric Stern veríanse obrigados a pasar quince meses en prisión. Acúsanos de cometer inxurias contra a Coroa.

Redacción - 19:20 10/07/2008
Pintada de apoio aos dous mozos

Pintada de apoio aos dous mozos

A Audiencia Nacional condenou os dous mozos independentistas cataláns, Jaume Roura e Enric Stern, acusados de queimar, publicamente, varias fotografías do monarca español en 2007, a unha pena de prisión de quince meses, substituíbel por unha multa de 2.700 euros para cada un.

É a mesma pena á que os condenaron no mes de novembro pasado, nun xuízo que finalmente se anulou porque os dous mozos non puideran declarar en catalán, co que ficaba vulnerado o seu dereito á última palabra. A intención do avogado de Stern e Roura, Benet Salellas, é a de recorrer a sentenza porque esta segunda é, segundo dixo, igual que a emitida en novembro"Non tocaron nin unha coma, mesmo a fundamentación é a mesma", dixo, ao tempo que denunciaba que se trata, ao seu ver, dun "acto de corporativismo xudicial"

A resolución xudicial repítese: Inxurias contra a Coroa
A repetición do xuízo déralle esperanzas á defensa, que cría que a resolución ía ter outro talante. No xulgado, os dous acusados admitiron ter queimado as imaxes do rei español, e a defensa pediu que fose absolvidos, argumentando que a súa actuación se enmarcaba no dereito á liberdade de expresión.

Mais a resolución xudicial, feita pública esta quinta feira, estabelece que "a Constitución española recoñece o dereito á liberdade de expresión e á participación política, mesmo a quen é contrario ao sistema constitucional", mais sinala que "unha cuestión distinta é cando en abuso de exercicio do dereito se pretende menoscabar a dignidade de outro, neste caso da Coroa".


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Comentarios (7)

Gaviotero #1 10/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Bien hecho! Que paguen y si tienen lo que hay que tener, que se atrevan a quemar de nuevo la imagen de los Reyes...¡jajaja!

ulo #2 10/Xullo/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, porque non te enterras co teu adorado franco... E lembroche que 40 anos de dictadura.... que non só puña multas, senon asesenaba, torturaba e "desaparecia" -que os desaparecidos non os inventaron os alumnos como Videla ou Pinochet, que a Falange, os Tradicionalistas, os Carlistas, etc., tiñan os seus enterramentos segredos-, e non poideron.
Non queredes velo, pero nin Mussollini e a súa barbarie, nin Hitler e os seus holocaustos, nin os usa e as desfoliantes en Vietnam (3 millons de mortos), nin Stalin e a súa dexeneracion, poideron coa humanidade. Nin agora os capitalistas, que con 50 mil millons arranxarían a fame no mundo, e seguen a gastar 180 mil millons en armas, nun xenocidio non coñecido, o que esta a cometer o capitalismo coa humanidade, poderon cos que loitan e loitamos por un mundo mellor.
O mellor que podes facer, e seguir o consello de Burt Simpson: multiplicarte por cero, porque nin con multas nin represion directa poderéis evitar que vos enviemos ao voso lugar, o basureiro da historia.
Como dicia Napoleon, unha retirada a tempo é unha victoria, retirate!!!, non tes nada novo que dicer.
Ata nunca.

Carlinhos #3 11/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1# "si tienen lo que hay que tener"
O que hai que ter é dinheiro sem a necessidade de trabalhar (trabalhar nom é cobrar ou enriquecer-se co trabalho doutros); isso é o que VÓS tendes (os que, em geral, falades espanhol e espoliades os nossos recursos) tendes e nós, em geral, nom.

Tino #4 11/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ulo e Carlinhos: eu non leo os comentarios do Gaviotero, pero si me interesan os vosos, por iso vos agradezo non vos fagades eco deles e me obrigues a le-los indirectamente.
Grazas.

Tino #5 11/Xullo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén grazas a Vieiros pola ligazón de apoio aos libertarios-condenados.

Carlinhos #6 11/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿? Companheiro Tino; avonda com olhares para o número (x)#. Se queres ler um comentário meu e nom o do "nacional-católico" só tés que abster-te de lê-lo se o número remitir a um comentário que tenha à direita a bandeira monárquico-franquista. Eu creio que os argumentos do inimigo há que conhecê-los e tentar rebati-los; quiçais nom seja outra cousa que isso que chamam troll, mais é certo que muitas pessoas na Galiza sostenhem esses argumentos a sério. Saúde, companheiro.

Gaviotero #7 11/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ulo, ¿por qué te empeñas en asociar a los defensores de la Ley con Franco? Tanto nombrarlo al final los que más lo adoráis sois sin duda alguna los fascistas-nacionalistas que aspiráis a una raza, una lengua, un pensamiento único...incluso el mamarracho de Quintana aspiraba a que los bebés le cantarán su particular "Cara al sol" en las mierdascolas.

En fin, no critiquéis tanto el fascismo porque os estáis criticando a vosotros mismos.

Apestáis...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: