Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Desmostrouno este sábado

Pilar Hidalgo, a mellor acuatleta do Estado

É o cuarto Campionato Estatal que gaña a triatleta galega, quen, ademais, foi Campioa do Mundo no 2000.

Redacción - 11:00 14/07/2008

Pilar Hidalgo (Cidade de Lugo Fluvial) proclamouse o pasado sábado Campioa Estatal de Acuatlón en Palma de Mallorca.

A triatleta internacional, que foi Campioa do Mundo de acuatlón no ano 2000, non gañaba un título nesta disciplina dende 2003 (en triatlón, dende 2004). Polo medio viu unha doenza cardíaca, que a afastou un tempo das probas internacionais e estatais, mais este ano volveu con forza.

Aínda que non conseguiu a clasificación para Beixín no triatlón, Hidalgo, de 29 anos, demostrou este sábado que segue a ser unha gran competidora. Ademais, esta é unha das súas especialidades (é tetracampioa: 1999, 2002, 2003 e este último título, de 2008), cousa que quedou patente cando superou en máis de un minuto á campioa do ano pasado, Nuria Miró, e en 1'48'' á sevillana María Pujol.

Correndo coas mellores deportistas do Estado

A galega dominou a proba dende o comezo, sendo a mellor nos tres segmentos (2'5 km de carreira a pé, 1 km de natación e, outra volta, 2'5 km de carreira a pé), e isto, se cabe, ten máis forza porque no campionato competían algunhas das mellores deportistas, como a biscaíña Zuriñe Rodríguez (que foi quinta), a santanderina Lara del Valle (que foi cuarta) ou a luguesa Aida Valiño (que se tivo que retirar ao terminar a primeira parte da proba). Estefanía Domínguez, tamén do Cidade de Lugo, foi sétima.

Outras clasificacións

Na categoría masculina venceu o catalán Albert Parreño. De entre os corredores, destacou a presenza do galego Antón Ruanova, do Bricosa Arcade Inforhouse, que foi noveno.

A clasificación por clubes quedou liderada, na categoría feminina, polo Cidade de Lugo Fluvial. Na categoría masculina o clube lugués foi quinto.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: