Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MUÍÑOS DE VENTO

Industria di que hai marxe para a repotenciación dos actuais e tamén para a creación de novos parques

O conselleiro de Industria dixo confiar no rigor dos criterios para o despregue de parques, despois de que o titular de Medio Ambiente pedise primar a renovación das instalacións existentes.

Redacción - 09:00 15/07/2008

O conselleiro de Innovación e Industria defende a repotenciación dos actuais aeroxeneradores, e mesmo a súa redución, no canto de crear máis parques eólicos. Porén, Fernando Blanco non descarta a creación de máis parques, sempre que cumpran os requisitos previstos na lexislación. Neste sentido, apela ao decreto eólico, onde se recollen os criterios e condicións necesarias para a produción de enerxía.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente insiste en que debe primar a mellora das instalacións existentes fronte á creación doutras novas. Manuel Vázquez é partidario de ocupar o menor chan posible, se ben entende que o reparto eólico está condicionado polo futuro Plan Sectorial Eólico de Galiza.

A vindeira semana
Nuns días coñeceremos cales son as empresas que optarán ao concurso eólico para a repartición de 2.300 megavatios. Despois de que pechase o prazo o pasado 18 de xuño, Fernando Blanco adiantou que a vindeira semana se fará unha primeira avaliación daquelas empresas que poden ser admitidas, por cumpriren os requisitos.

Un total de 75 grupos empresarias presentáronse a este reparto eólico, cunhas demandas que duplican os megavatios que a Xunta de Galiza ten previsto adxudicar. De entre as solicitudes que transcenderon, destacan o proxecto liderado por catro cooperativas leiteiras ou a proposta feita polos empresarios Manuel Jove, Xacinto Rei e Epifanio Campo xunto co grupo Ence.


2,33/5 (6 votos)

Comentarios (4)

Carlinhos #1 15/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

... Nom, se por haver marges... tamém hai para umha nuclear em Jove, um cemitério nuclear nas Covas do Rei Cintolo; sete pasteiras de papel nas rias, oito térmicas, quinhentas mini-centrais hidroeléctricas; seis grandes encoros; mil canteiras; sete mil novas plantaçons de pinheiro alóctono e eucalipto; mil hectáreas de soja transgénica (secando humidais); dous milhons de metros cúbicos vacantes na Foxa Atlántica para refugalho nuclear alheio; dous milhons de toneladas de peixe para farinha; miles de menin@s para trabalharem para as multinacionais ou prostiuírem-se aos turistas; desempregados como cobaias da indútria farmacéutica; milhons de obras de arte para subastar em Sotheby's... o que nom hai é sentidinho, nem visom além do que fariam o PP ou PSOE.

tonho #2 15/Xullo/2008 tonho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu ainda conservo a comisola de Adega "En defensa do Xistral", que me vendeu in actual asesor da Conselleria de Industria. Pena de memória; pena e Pais.

ecoe #3 15/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si é a repotenciación dos existentes, pois que reduzan o seu número e incrementen o potencial. Mais qsue non abran máis DESFEITAS,qsue xa levan de ABONDO para só 3 anos de "xestión" CAPITALISTA.

DanielErreCe #4 15/Xullo/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que nos digan como repercute economicamente para o país despois de que pasen as contas de resultados das empresas enerxéticas que explotan os soares eólicos. Logo, hai que cuantificar as perdas ecolóxicas. Logo, entre todos, facemos contas a ver se paga a pena.

Apelo á "garantía" de transparencia que tanto encheu a boca dos que antes facían oposición. As contas CLARAS, para tod@s.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: