Por cada doazón realizada, Amigos da Terra plantará unha árbore autóctona nalgún dos bosques afectados polo lume.
Representantes do Centro de Transfusión de Galicia e de Amigos dan Terra explicaron este luns o dobre obxectivo da iniciativa "Axuda a vivir". Por un lado mellorar a información dos cidadáns sobre a doazón de sangue e, por outro, fomentar "unha especial solidariedade" social en favor da "conservación do medio ambiente". A idea xurdirá no ano 2000 aproveitando para sumar dúas preocupacións sociais, por un lado o incremento dos incendios forestais durante o verán e por outra parte, o descenso das doazóns sanguíneas nese mesmo período, coincidindo ademais co aumento de demanda debido ao aumento dos accidentes de tráfico.
En Galiza o ano pasado participaron nas campañas de doazón de sangue 83.835 persoas, un chisco menos ca en 2006, cando houbo 117.746 doazóns. Ademais, 11.281 persoas realizaron a súa doazón por primeira vez, o que supón o 10% das doazóns realizadas o pasado ano. Das 54 bisbarras do país, só a metade, 26, alcanzaron a taxa de doazóns recomendada pola Organización Mundial da Saúde, OMS, e en 28 delas houbo un incremento na participación dos cidadáns respecto ao período anterior.
Por concellos, a terceira parte, un total de 104, conseguiron en 2007 a taxa mínima recomendada pola OMS, de 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. O récord conseguiuno, ademais xa por segundo ano consecutivo, o municipio de San Cibrao das Viñas, onde se rexistrou a maior taxa de doazón de Galicia con 158 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Atrás del está o concello da Illa de Arousa, con 114 doazóns por cada 1.000 habitantes. Na provincia da Coruña, o municipio de maior participación foi Padrón que rexistrou 107 doazóns por cada 1.000 habitantes. En Lugo a lista está liderada por cervo, con 75 por cada 1.000.
Consumindo ansiolíticos ou outras drogas (que nos vendem as multinacionais farmacêuticas e outras máfias diversas) para suportarmos o estresse laboral e todas as frustraçons intrínsecas à vida numha sociedade como a nossa, nom podemos ser doadores de sangue ainda que quigermos.
O mérito das doazóns de sangue, é dos veciños e veciñas, pois os Concellos non moven palla na promoción da solidaridade, nen sequera cando se trata de saude. Algunha excección haberá. A min persoalmente moitas veces non me ven ben doar, pois teño un refriado, ou gripe. A campaña da da plantación dunha árbore por doazón, está moi ben (xa eran horas de que tiveran algún detalle de proveito) pero penso que moitos preferirán que lles siguan agasallando cunha camiseta ou un boli. O malo é que a campaña só é para Ourense, e non é extensibel a todo o territorio galego. Por outra banda aproveito o comentario para amosar o meu rexeitamento, unha vez máis, a privatización dun servizo público.