Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prevén 3,5 millóns de clientes no primeiro ano

O 5 de setembro abrirá en Tui, co ollo posto en Portugal, o maior 'outlet' de Galiza

Case 500 portugueses, entre estes o director, traballarán no centro, que contará con 80 tendas das "mellores marcas mundiais".

Redacción - 12:00 15/07/2008
Imaxe proxectada do centro (clique para ampliar)

Imaxe proxectada do centro (clique para ampliar)

A empresa galega DG Center Atlántico propietaria de OutleTui, o novo centro comercial especializado en produtos de temporadas pasadas (outlet), anunciou este luns que abrirá as súas portas ao público o vindeiro 5 de setembro. O proxecto está financiado por Caixanova.

OutleTui, a 200 metros da fronteira con Portugal, contará con perto de medio milleiro de traballadores portugueses do total de 800, entre estes o seu director, Pedro Ribeiro, que deica outubro de 2007 o foi tamén de Outlet Factory, en Vila do Conde.

IVE máis baixo e combustíbel máis barato ca en Portugal

O centro comercial terá oitenta tendas das "mellores marcas mundiais", un supermercado e unha gasolineira. A localización fronteiriza non é arbitraria, xa que busca captar clientes portugueses, atraídos polo IVE máis baixo e polos combustíbeis máis baratos.

"Nestes momentos de de crise, é o mellor momento para abrir un outlet", comentou Ribeiro aos medios portugueses. Ademais, afirmou que as tendas axiña foron ocupadas e que tres marcas internacionais están a puxar polo supermercado.

Os produtos do OutleTui venderanse "con descontos de entre o 30% e o 80%", anunciou. Nike, Benetton, Mango, Desigual, Calvin Klein, Adolfo Dominguez, Roberto Verino, Ray-Ban, Hugo Boss, BurberrySacoor, JMA Group, Sousa Dias, Magma, Blue Rise, Cascata e Tasquinha do Tareco, son algunhas das tendas presentes.

Aberto os domingos

O director do OutleTui salientou ademais que o centro comercial vai estar aberto os domingos, o que segundo este constituirá un factor de maior atracción de clientes galegos e portugueses. "A nosa expectativa é de 3,5 millóns de clientes no primeiro ano, mais coido que imos superar esa cifra", dixo.

Ribeiro destacou tamén a interese suscitada entre empresas de Holanda, Alemaña, Francia e Estados Unidos, logo de que "a UE publicou un estudo sobre 60 fronteiras que colocou Valença-Tui como a terceira con máis potencial económico de Europa". O OutleTui está considerado o segundo centro máis grande destas características no Estado Español.


4.4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: