Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Filmado en 2003

"Axúdenme"

Así o pide Omar Khadr, rapaz de 16 anos encerrado en Guantánamo. É o primeiro vídeo que se fai público dun interrogatorio no cárcere ilegal dos EUA.

Redacción - 18:00 15/07/2008

Era menor de idade e, acusado de guindar unha granada que matou un soldado estadounidense en Afganistán en 2002, Omar Khadr foi levado ao burato de Guantánamo. No vídeo que agora se fai público, o primeiro dun interrogatorio dentro do cárcere ilegal dos EUA en territorio cubano, vese ao rapaz en 2003, cando tiña entre 15 e 16 anos de idade, sometido ás preguntas dos carcereiros mentres chora.

O vídeo dura dez minutos e foi feito público polos avogados do rapaz, que ten a cidadanía canadense. A BBC, que publicou as imaxes este mesmo martes, avanzou que en breve vaise facer pública unha versión máis ampla. Os avogados esperan que coa publicación deste material "esperte a indignación cidadá" e aumente a presión sobre o executivo canadense para que, á súa vez, este país lle esixa aos Estados Unidos que se garantan os dereitos do mozo. Khadr denunciou tamén que anteriormente fora torturado nun centro de detención na base aérea de Bagram, en Afganistán.


4,33/5 (6 votos)


Comentarios (5)

UnDeTantos #1 15/Xullo/2008 UnDeTantos

Que venhan agora os trols a falarnos dos seus ídolos,por favor

ANGR #2 15/Xullo/2008 ANGR

Vomitivo. E isto é o que nos deixam mirar...

Tarelo #3 16/Xullo/2008 Tarelo

O que tiña que haber feito o rapaz era agasallalo soldado americano cun ramo de frores, mentres este mataba a seu pai, súa nai, seus irmáns, veciños, etc. Así é a vida!

Non sei que espera o mundo para mobilizarse e acabar dunha vez con Guantánamo pero sobre todo ca prepotencia do goberno USA.

ulo #4 17/Xullo/2008 ulo

Gaviotero... onde estas?

Dogma #5 21/Xullo/2008 Dogma

gavi de vacacións... na guardia civil están obrigados de vez en cando a darllas

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: