Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No debate sobre financiamento autonómico

"Reafírmanos en que España debe ser unha única nación e non un conxunto de nacións egoístas", di Feijoo

Segundo o líder do PPdeG, a Galiza interésalle que o Estado español sexa "unha soa nación forte e solidaria".

Redacción - 09:00 16/07/2008

"A nación non só é un concepto político, tamén o é económico", reflexionou este martes o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo. Na súa opinión, a publicación das balanzas fiscais pon de manifesto que "España non pode ser un conxunto de nacións insolidarias", polo que o seu partido se reafirmaría na defensa de que o Estado sexa "unha única nación" baseada na solidariedade interterritorial.

De paso, Feijoo advertiu tamén de que o estudo das balanzas fiscais "pode levar a dez resultados diferentes segundo se apliquen dez métodos distintos para o seu cálculo". Entende o líder do PP galego que estes datos "non poden ser xustificación para que algunhas comunidades autónomas queiran levar un pedazo máis grande do que é de todos". "Nós somos dos partidos que pensamos que o que é de Galiza é de Cataluña e ao revés", engadiu.


1/5 (1 votos)


Comentarios (3)

galeguzo #1 16/Xullo/2008 galeguzo

Coerente postura a de Feijoo. Ele não defende um estado integrado por nações insolidárias, mas uma "nação" unida formada por regiões insolidárias :-D

-Xavier #2 16/Xullo/2008 -Xavier

A solidariedade só pode exercer-se desde o princípio da verdade. Uma "nação" construída sobre a mentira, sobre a negação das nações pré-existentes à referida "nação", é insolidária 'per se', porque para a construção dessa "nação" chamada "España" foi e é necessário a não consideração das nações reais prévias à nação-ideia chamada "España". Não só acontece com a nação-ideia "España". Os EUA são também um excelente exemplo -mas diferente, é claro- desta imposição de uma nação-ideia, ou da ideia de uma "nação" sobre quaisquer nações pré-existentes.

A única "nação egoísta" hoje em dia é "España", onde há "inteletuais", entre outras pessoas e empresas de todo o género, que apoiam um manifesto para a imposição -ainda maior- do Espanhol. Se isso não é egoísmo NAZIonal, que venha Deus e os arcanjos e que o vejam. A solidariedade começa desde a igualdade de direitos. No plano económico, como no cultural, no mediático, etc., não há igualdade nacional. Não todas as nações contam por igual neste estado chamado "España". De que solidariedade fala Feijoo?

Saúde e reflexão.

Anti_Lusista #3 17/Xullo/2008 Anti_Lusista

As nacións son inventos do XIX, e de certo xeito seguen a ser tais xa que cando se fala de "Construcción Nacional" pois a verdade evidénciase que hai que concienciar a xente, porque non está concienciada ao 100%.

O que se debate tanto na Galiza como en España, é manter o fracasado modelo estado nación, español, ou un modelo federal, ou conferedal de Estado. Namentres en Euskadi, en menor medida en Catalunya e sobre todo en Galiza, hai algunas tendencias secesionistas que parece que estan a medrar paseniño.

O mais curioso e que o Estado español pretende defender un modelo de nación única cunha ficticia cultura común, cando lle sairía mellor defender o modelo de Rousseau que escapaba da cultura común ou a lingua para defender unha nación común.

Penso que abrazaran ista derradeira opción cando as cousas pinten moi mal para a sacrosanta unidade española.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: