O presidente, Álvaro Uribe, recoñeceuno esta cuarta feira logo da información publicada pola canle de televisión CNN.
Imaxe pendurada na web de CNN
A operación levada a cabo polo Exército colombiano que permitiu a liberación de Ingrid Betancourt e outros 14 retidos polas FARC volve estar en cuestión, logo de se probar que os militares usaron o emblema do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV).
O presidente de Colombia, Álvaro Uribe, recoñeceuno logo de que a canle de televisión estadounidense CNN difundiu imaxes da denominada Operación Jaque, e informou de que un dos militares que participou no rescate intentou vender o vídeo que probaba este mal uso.
Porén, o mandatario colombiano non lamentou o acontecido. Pouco antes, o vicepresidente, Francisco Santos, dixo estar "absolutamente convencido" de que a información era falsa. Uribe asegurou que un soldado -que non será sancionado- puxo o emblema "por nerviosismo e contradicindo ordes oficiais".
Violación da Convención de Xenebra
De acordo coas normas do Dereito Internacional Humanitario, o uso deste emblema en operacións distintas ás humanitarias considérase unha "perfidia" e unha violación da Convención de Xenebra, polo que pode ser sancionada polos tribunais internacionais como un "crime de guerra".
"A utilización de helicópteros brancos e algúns disfraces que puideron ter similitude con organizacións humanitarias e internacionais para unha operación de rescate no é un acto pérfido", dixo o director da oficina de Dereitos Humanos do Ministerio de Defensa, o coronel Juan Carlos Gómez.
Primeiras denuncias, a semana pasada
As presións sobre o goberno de Colombia comezaron a semana pasada, cando o avogado do guerrilleiro César, un dos dous membros das FARC arrestados no operativo, afirmou que o seu defendido decidiu subir ao helicóptero porque este portaba o emblema da Cruz Vermella, así como que se simulou a presenza da canle de televisión Telesur.
Por outra banda, o ministro de Relacións Exteriores de Colombia, Fernando Araújo Perdomo, ex refén das FARC, presentou a súa dimisión. Ao parecer, a súa saída foi acordada o mes pasado. O cargo será ocupado polo xurista e xornalista Jaime Bermúdez Merizalde, considerado "un dos homes próximos" a Uribe e que o levou por primeira vez ao poder nos comicios de maio de 2002.
E balas contra os sindicalistas, e herbicidas contra os cultivos, e mercenários contra a oposiçom e milhons de dólares ianques em propaganda mentireira...
Carlinhos, se pensei que falabas de Chavez!
Moi ben, o goberno colombiano e moi malo por empregar o emblema da cruz vermella, moi malo... supoño que os familiares dos secuestrados e os propios secuestrados tanto lles ten.
Nom, falava do narco-governo colombiano e do seu exército financiado polos EUA.
Suponho que qualquer violaçom da Convençom de Genevra, qualquer crime de guerra, "tanto lhes tem" às vítimas directas dum conflito armado, sempre que se aplique sobre o inimigo, obviamente.
Olho por olho; nom negociar com terroristas, o fim justifica os médios... é isso o que queres dizer?
Pois segundo o lado da trincheira em que estejas (ou no que te ponham) pode ser interpretado como incitaçom à violéncia (apologia ao terrorismo, ou tipificado sob outros nomes em diferentes códigos penais) ou bem, como a opiniom patriótica dum bom e decente cidadam. Saúde.
Que fácil é dicir “Crimes de Guerra”.
Despois din que CNN e a CIA son os únicos que desinforman. O uso fraudulento do símbolo da Cruz Vermella é un engano e como tal ten unha lei que o sanciona.
O que tipifica o Crime de Guerra é o uso ao que se lle dá ao símbolo.
Un exemplo:
Se vostede facendo uso fraudulento do símbolo da cruz vermella pide doazóns en nome desta institución. Está cometendo un crime de guerra? Non cabaleiro. Vostede está usurpando unha identidade institucional con fins ilícitos. Simplemente, cometendo unha estafa.
Outro exemplo:
Se vostede nun conflito velico utiliza as insignias e vestimentas da Cruz Vermella accede a un área de combate cunha finalidade punitiva. Vostede está usurpando unha identidade institucional con fins ilícitos. E comete un “crime de guerra” cando facendo uso desa falsa identidade xera mortes, feridos, detidos ou calquera dano ao opoñente.
Agora, se vostede facendo uso fraudulento do símbolo da Cruz Vermella rescata a persoas secuestradas (non presos de guerra) Vostede está usurpando unha identidade institucional. E só cometerá “crimes de guerra” se durante a acción xérase dano ao opoñente como (mortes, feridos ou detidos). Aclarando que segundo o comunicado das FARC os dous guerrilleiros detidos traizoaron á organización e polo tanto formaban parte do engano.
Para Carlinhos:
Dende o helicoptero da Cruz Vermella mandaba tiros contra os narcoterroristas (ou defensores do pobo, segundo a trincheira onde estexas)?
Pregunta directa: gostarias de ser liberado dese xeito ou de seguer a te podrer na selva?
E iso de que o fin xustifica os meios... dependerá de que fin queras acadar e de que meios pretendas aplicar
E se falas de financiamento podemos ollar cara o que se recebe por parte de Chavez deses "defensores da liberdade", por outra banda, pregunta os galegos e os seus descendentes que están en Venezuela e os que residen na Galiza cal é a súa consideración sobre Chavez, eu falo dabondo con eles e non están na Galiza "voluntariamente"
Saúde
Bo amigo LOSTREGO. O resplandor do teu comentario me encegueció.
Paréceme acertado no que respecta aos galegos que residimos en Venezuela e os que estando en Galicia e teñen algunha relación con este país sede da segunda comunidade galega en Hispanoamérica.
Eu pregúntolle. Vostede leu en VIEIROS o apartado de GZ-EXTERIOR dedicado a Venezuela? Se non o fixo fágao e se o fixo deuse conta que do menos que fálase é da realidade da nosa comunidade en Venezuela (vexa os últimos 30 artigos). É simplemente a tradución das noticias da axencia bolivariana de noticias. Se hai galegos secuestrados, asasinados non se di nada de nada. Se hai persecución política por non compartir os lineamientos do proceso ou asinaches na Lista Tascon. Se por iso es perseguido, o neganche un pasaporte e te suspender unha pensión de ancianidad nada de nada. Non falemos de invasións e expropiacións que son poucas. Por agora, como gusta dicir o noso comediante en xefe.
O importante é o que vostede sinalou:
“pregunta os galegos e os seus descendentes que están en Venezuela e os que residen na Galiza cal é a súa consideración sobre Chávez?
Non che contestaran, Nin tolo preguntan. Ou mellor dito. Nin sequera queren baixar á praza do pobo para preguntarlle a un retornado ou a algúns venezolanos sen vínculos familiares con galiza que opinan do noso comediante en xefe e o seu goberno incompetente e corrupto. É máis, cando alguén manifesta unha opinión en contra deste militar golpista que dilapidou a maior bonanza petroleira na historia do país. Non emiten argumentos, non son capaces de negar os vídeos e documentos onde o seu propio ídolo demostra que é un criminal e só limítanse a descualificar, falar da oligarquía e botarlle a culpa ao imperio e á CIA.
Saude desde Venezuela
Uribe é un narcoterrorista sen paliativos.
As accións terroristas do seu "goberno" son as que manteñen en Colombia a guerra a toda costa para beneficiar á mafia mundial da droga e das armas, comandada desde Miami e Washington.
Xa que estades a minimizar as accións terroristas de Uribe... e xa que en Colombia, segundo a propaganda oficial non hai guerra, nin presos de guerra, nin crimes de guerra... permitídeme
Que vos parecería que, usurpando a identidade das "hermanitas de la caridad" as Forzas Armadas da República Cuba, por exemplo, liberaran aos cidadáns secuestrados en Guantánamo (todos eles sen xuizo, como semellaban estar os soldados e a excandidata colombiana en poder das FARC)? Non estaría mal? E se ademais ese exercito, financiado pola Yihad Islámica internacional, por exemplo, sometera parte do territorio Ianqui a unha guerra durante 50 anos?
Que non se pode xustificar ao amo desa maneira... que non se pode sempre...
Que non nos ides convencer de que os pobres son todos terroristas e que os vosos crimes son mano de santo...
Se liberar a persoas secuestradas é terrorismo por parte de Uribe. Que é o que fai as FARC? Actos de caridade ou paseos turísticos na selva.
Se Uribe é un Narcoterrorista que sexa xulgado e punto. Que se mostren as probas. Faciliten as fontes para analizalas e falar máis respecto diso. Mentres tanto para os colombianos supostamente é moi bo de face ás eleccións nas que participou.
Con respecto á insurxencia en Colombia vén de décadas antes da chegada de Uribe ao poder. O certo é que lle deu golpes moi fortes á mesma durante o seu goberno.
Agora, no que respecta ao tráfico de armas. Creo que alguén está mal informado.
O principal comprador de armas en Hispanoamérica non é Colombia. Crealo ou non. É Venezuela. De feito é o país co maior índice de mortes por arma de fogo do mundo (Segundo a UNESCO). E iso que non temos un conflito armado como o colombiano.
http://news.bbc.co.uk/hi/spani...
http://www.laprensa.com.ni/arc...
Agora se o exército Cubano quere liberar aos presos de Guantanamo disfrazados de hermanitas da caridade que o faga. Pero creo que tería que empezar primeiro polos 5 heroes detidos en Estados Unidos por suposto espionaxe.
E aclároche que Cuba non é precisamente o mellor exemplo respecto diso. Recórdoche que en Venezuela foi rexeitada fai décadas (Goberno Social demócrata de Raúl Leoni) a membros do exército Cubano que pretendían intervir na política venezolana sen ser invitados. Por suposto foron rexeitados. Se queren saber máis busquen “INVASIÓN A MACHURUCUTO”.
De tal xeito que non son Cuba nin Estados Unidos os mellores exemplos de dignidade e de respecto aos dereitos humanos.
Non sexamos hipócritas. Se estados Unidos mete os seus narices noutros países sen ser invitados chamámoslle intervencionismo. E se Cuba mete os seus narices noutros países sen ser invitados chamámoslle tamén intervencionismo. Non, iso é INTERNACIONALISMO.
Se como non.
Outra de Miami Vice ???
Aleluiah !!!
A democracia existe en Irak e en Colombia pero non en Cuba nin en Venezuela !!! O povo colombiano apoia a Uribe !!!
Abaixo a hipocrisía !!! Viva o capital !!!
Viva a silla eléctrica !!! Viva mi amo !!!
#16 #9 Amem!
Ao lostrego #5, creio que se relê 3# já conhecerá a minha opiniom (nem verdade, nem dogma). É no que sincera e honestamente acredito baseando-me na minha experiéncia vital e cultural e na minha capacidade reflexiva e intuitiva sobre o que é justo e o que nom, e dentro do que nom é justo, sobre qual é o mal menor.Nom temos porquê concordar. Saúde.
Se o da cadeira eléctrica que se comenta por aí é pola PENA DE MORTE existente nalgúns países como USA (nalgúns estados) É bo que se saiba que nese paradigma do socialismo igualitario chamado China (ten pena de morte e é unha das nacións que mais aplícaa). Por certo en Cuba tamén se realiza. É dicir, non é só unha práctica detestable do imperio.
Sería bo que se recordase que nos cárceres Venezolanos morren máis presos que nos cárceres de Brasil, Colombia e México xuntas. (Observatorio de prisións). É dicir, en Venezuela non hai a pena de morte. Pero de que se aplica aplícase.
Eu non se canto de democracia pode haber en Colombia e Iraq. Eu vivo en Venezuela. Pero se para algúns é democrático. Utilizar os recursos do estado con ventaxismo, utilizar nenos en campañas proselitistas, perseguir á disidencia coa lista tascon e inhabilitar candidatos sen sentenza firme por ningún tribunal é democracia para algúns. Ben grazas.
Aquí teñen uns vídeos onde se pode apreciar o que un bo pai de pensamento “progresista” e “socialista” quere para os seus fillos.
http://www.youtube...
http://www.youtube...
E para os que non saben que é a Lista Tascon e asústanse por que o imperio ten unha dun millón de supostos terroristas. Aquí teñen este vídeo. Por certo, a lista tascon é un pouco maior a gringa. Son máis de 12 millóns de venezolanos.
http://www.youtube.com/watch?v...
Nada que dicir da cisca xa case perpetua neste foro de desfasados rollos antichinos, prosionistas... ben sabemos a quen obedecen eses debarres gratuitos. Aquí ninguén estaba falando de China nin de Venezuela, e si de máquina de matar e roubar: Uribe/USA
Polo demais...
Eu vivo NO ESTADO ESPAÑOL (Reino de España). "Pero se para algúns é democrático. Utilizar os recursos do estado con ventaxismo, utilizar nenos en campañas proselitistas, perseguir á disidencia coa LEY DE PARTIDOS e inhabilitar candidatos sen sentenza firme por ningún tribunal é democracia para algúns. Ben grazas."
Home de cadeira electica pasamos a Israel. A poboación xudía en Venezuela é mínima e a súa influencia bastante limitada. E de royos anti chineses. ¡Non me vingas con contos chineses!. Para que che decates “CHINA É O PAÍS ONDE LEVAN A CABO MÁIS DA METADE DA EXECUCIÓNS NO MUNDO”.
E sabes quen é o autor deste conto chinés.
“AMNISTÍA INTERNACIONAL”.
Como dicimos en Venezuela. Como che quedo o ollo?
Se falamos de execucións porque buscar actores secundarios como USA existindo alguén máis eficiente respecto diso. Sera, que os ajusticiados nos países imperialistas balen o triplo que os executados nese país exemplo do verdadeiro socialismo progresista?
Aquí tes a fonte do este conto Chinés.
http://www.es.amnesty.org/pais...
E recoméndoche que leas todos os comentarios para que che decates quen meteu a China, a Chávez e a USA neste foro.
Agora, que cosa existe no reino de España parecido á LISTA TASCON. Se existe, rógolle que me sinale cal é para ilustrarme.
E se hai nenos utilizados da forma aberrante e inmoral como a mostrada nos vídeos antes sinalados. Expoña os equivalentes españois. Achégolle novamente os exemplos Venezolanos para que busque algúns similares en España, Galiza, Euskadi ou Cataluña .
http://www.youtube...
http://www.youtube...
Que eu saiba ninguén na España monárquica e na nosa patria galega actuou de forma tan aberrante e inmoral.
Se en España perséguese aos que pensamos en función dun pensamento autonómico é unha cousa. E iso de que non teñen sentenza tería que sinalar en que casos. E é bo que se entenda que é algo moi distinto é, que che inhabiliten por pertencer a unha agrupación que xusta ou inxustamente sexa cualificada como terrorista ou non permita un proceso eleccionario por que a lexislación non o contemple. A que non che permitan participar en eleccións por unha disposición da contraloría do estado a cal se subroga o dereito a xulgar e contraviniendo a constitución Venezolana onde claramente se tipifica que para ser inhabilitado ten que existir unha sentenza firme dun tribunal.