Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
"Que terá o L.K.?"

Sacha na Horta volve a A polo ghit

Aquí naceron como grupo. Log foron a Cuba, pero iso xa é outra historia. O caso é que agora volven con este tema. O licor café arrasa este verán.

Redacción - 14:00 18/07/2008
A cadela Maca, na horta da banda / Esta foi a imaxe que mandou o grupo en 2007

A cadela Maca, na horta da banda / Esta foi a imaxe que mandou o grupo en 2007

Sacha na Horta naceron hai un ano xusto, e fixeron o seu primeiro tema, Biocultivos, para A polo ghit 2007. Un mes despois de presentalo a concurso, proclamábanse vencedores e creadores da mellor canción daquel verán.

Logo chegaba o seu primeiro concerto (xa tiñan 10 temas máis), a viaxe a Cuba, de premio, e o seu videoclip.

Mais agora, 12 meses despois do éxito, e con xa algún concerto programado por aí para este verán, a banda que se definía como "un grupo de mulleres da compostelá rúa das Hortas", e que vivían na terra do sol (onde chovía, pero ía calor), volve ao punto de partida.

Velaquí o novo tema de Sacha na Horta, Que terá o L.K.?



Sabedes que o concurso xa está pechado, pero a sorte non está botada. Hai 82 temas (poderédelos escoitar todos, todos o sábado ao mediodía) e vós escolledes a metade dos dez finalistas, dos que saberemos o día 2 de agosto, sábado. Logo, aínda podedes seguir botando, deica o mércores 13 de agosto. Tres días despois coñecerase o nome da banda ou solista vencedor ou vencedora. Até daquela, sorte, e a polo ghit!


4/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: