Nesta peza Arremecághona son O Leo (voz e ghaitarra), Ghumersinda Péres Sánches (pandeireta) e Ghumersindo Sánches Péres (coros e scratchs). Unha cántiga dun minuto de duraçión que pon o eterno retorno a bailar coa muiñeira. Polo mesmo, dura enésimos minutos, pois o modo que recomendado para a súa escoita no reprodutor é o de repeat ou bucle, procedemento polo cal se consegue unha canción pop ou do verán de duración normal. Velaquí a letra, que o acaba de aclarar todo:
Nietzsche e mais Fukuyama
quedan no río berrando
por culpa dunha movida
que escribira un tal Heráclito
E vira que vira
tamén viro eu
Eterno retorno
Chim-pum
Panta rei