"Alí onde todas as imposicións imperialistas foron suprimidas, como a Arxentina ou Cuba, as touradas están prohibidas", analizan desde os colectivos antitaurinos.
Presentouse a mañá do luns 21 a primeira das actividades da campaña Galicia, mellor sen touradas, unha iniciativa da asociación animalista Libera!, a plataforma Stop Our Shame e o Comité Anti Stierenvechten (CAS).
O I Seminario galego pola Abolición da Tauromaquia deu comezo na tarde desteluns 21 no Clube Internacional de Prensa, en Compostela, e pretende conseguir que os concellos de Galiza se declaren oficialmente Antitaurinos e Amigos dos Animais, como xa ten pasado en 46 concellos de Cataluña, un de Madrid e dous en Latinoamérica.
As asociacións que organizan estas actividades son tres, pero hai moitas maís que a apoian. Libera! é un colectivo con base en Barcelona que pretende mudar "a consideración que temos dos animais como recursos e obxectos", o que inclúe a defensa dos seus dereitos no marco lexislativo, político, social e moral. CAS son as iniciais do termo holandés Comité Anti Stierenvechten (comité antitaurino), unha organización internacional de protección animal con sé en Utrecht e delegacións en Bélxica e Gran Bretaña, que dende 1990 é a única dos Países Baixos centrada exclusivamente na loita contra as touradas e festexos con animais. Stop Our Shame (SOS) é unha asociación española creada hai un ano coa intención de informarlles aos eurodeputados das millonarias subvencións que recibe o mundo taurino, mentres áreas máis prioritarias sofren déficits de investimento.
Galiza non gosta das touradas
Rubén Pérez Sueiras, delegado en Galiza da Asociación Libera! informa das estatísticas referidas ao ano 2007 do Instituto Gallup, que confirman que somentes 14 de cada cen galegos se declaran afeccionados á tauromaquia, mentres que aínda quedan en Galiza cidades que festexan touradas (A Coruña e Pontevedra), á parte doutros festexos menores noutros concellos.
En Galiza, a pesares de que o 86% dos galegos non está interesado na tauromaquia, aínda non hai ningunha cidade ou concello declarados antitaurinos. A sociedade galega é "marcadamente contraria ao maltrato aos touros", de aí que SOS, CAS e Libera! emprenderan a campaña Galicia, mellor sen touradas, posto que dos corenta e seis concellos que en todo o Estado rexeitan oficialmente as touradas, ningún deles é galego. A única comunidade autónoma onde as touradas fican prohibidas son as Illas Canarias, e o último concello en engadirse á lista foi recentemente Basauri, en Euskadi.
"Galiza non gosta das touradas porque é un país diferente que España", Jordi Casamitjana explica por que a tradición taurina é española e non galega. Na súa opinión, Galiza non gosta das touradas do mesmo xeito que Suecia: porque son países diferentes, con máis tradición polo respecto aos animais. A pregunta que debiamos de nos facer é por que aínda se fan touradas? "Polo mesmo que aínda se fan en Colombia ou Venezuela", responde. Conta Casamitjana que en moitos países latinoamericanos que foran conquistados polo imperio español aínda persisten as tradicións que foran impostas. Máis tamén os hai onde non se practica esta tradición española. Alí onde todas as imposicións imperialistas foron suprimidas, como a Arxentina ou Cuba, as touradas están prohibidas.
Turismo ético no século vinteún
Este concepto nace no século XXI e consiste en escoller os destinos turísticos con criterios éticos: non viaxar a cidades ou países con lexislacións vixentes que permitan a pena de morte, o traballo infantil, as feiras taurinas... Dende CAS recomendan aos turistas do Reino Unido e de Holanda que viaxan a Galiza, que non visiten A Coruña e Pontevedra, cidades onde aínda se festexa alomenos unha vez ao ano unha feira taurina.
Europa e o mundo "fican agardando unha reacción" das cidades do Estado español onde hai respecto aos animais, posto que saben que cos impostos que pagan todos os europeos terminan dun ou doutro xeito financiando unha festa nacional cruel e sanguenta.
Os países europeos máis respectuosos cos dereitos dos animais tamén saben que non só apoian a festa cos impostos, senón tamén co turismo. Dende as asociacións animalistas internacionais, avisan aos seus cidadáns de que cada céntimo que gastan nun país que apoia a festa dos touros remata por converterse en impostos cós que dun ou doutro xeito financian as matanzas de animais.
Cada vez máis internacional
O movemento a prol dos animais estase facendo cada vez máis internacional porque o animal non ten pasaporte, sofre a mesma dor e morre padecendo sexa na praza que sexa. A industria taurina tamén é internacional. Jordi Casamitjana, biólogo e coordinador das actividades do CAS, afirma que dende hai tres ou catro anos estase a producir no mundo da loita contra o maltrato dos animais unha trasformación cualitativa. Cada vez hai máis xente non interesada ou manifestamente en contra da tauromaquia. Segundo dados dun informe do Instituto Gallup referido a 2006, no Estado Español o 72% da poboación se amosa non interesada na tauromaquia.
“O primeiro paso para a erradicación das touradas é amosarse non interesado, o segundo é a oposición directa”. Cada vez hai máis xente e institucións que se declaran antitaurinas, políticos que xa non temen as represalias de rexeitar publicamente a festa e máis concellos declarados oficialmente antitaurinos.
Jordi Casamitjana continúa explicando que a idade media do taurino -a persoa que se manifesta a prol das touradas- alóngase, medrando até os 50 anos, o que amosa un efecto social claro na conciencia da poboación. As xeracións que están por vir rexeitan o maltrato aos animais. A caste política ha ter en conta o estudo do grupo Gallup, que amosa a realidade social dun país que non está dacordo cunha festa nacional que non sinte de seu.
O turismo converteuse, cara a fin do século vinte, no sector máis importante da economía do Estado español. Os políticos, mirando como medra a idade media de afeccionados aos touros, como cada vez o movemento antitaurino se fai máis internacional, e como afecta ao motor da economía do sector servizos, han darse de conta de que o turismo mellorará se conseguise que a imaxe que se fai o mundo non fora inevitabelmente relacionada coas matanza do touro.
"Se aos holandeses lles importan as matanzas de Galiza, cumpría que o asunto interesase tamén aos galegos". Casamitjana explica que en Galiza, un país con máis tradición polo respecto aos animais, non hai un só concello que se declare oficialmente antitaurina. E mentres, Europa fica agardando que se mova e rexeite publicamente as touradas de Pontevedra e d'A Coruña.
Os cartos cos que pagamos as touradas
A asociación SOS investiga a cantidade de cartos que o estado español recibe en forma de subvencións da Unión Europea, do goberno central, das autonomías e das Comunidades Autónomas. Alejandra García, vicepresidenta da plataforma explica que segundo informa o Instituto Gallup, o 72% da poboación do Estado Español non amosa ningún interese na tauromaquia, polo que resulta obrigado que coñezan que parte do seu diñeiro contribúe a financiala. As touradas fican financiadas polo goberno debido a excepcionalidade "histórica da festa nacional", e SOS comprobou que cada familia española contribúe cada ano á tauromaquia con 42 euros dos seus impostos.
Mentres o sistema xudicial español aínda non está informatizado, SOS puido comprobar que só no ano 2006 a industria da tauromaquia recibiu máis de 450 millóns de euros en subvencións, diñeiro que non se ten investido en educación, sanidade pública, vivenda... SOS pide que a representatividade democrática sexa un feito e, xa que logo, deixe de se empregar os cartos de todos en financiar un festexo cruel que non interesa a ninguén. E nas declaracións da renda non existe unha casiña para indicar que non queremos que cos nosos cartos se paguen touradas.
Actividades da campaña Galicia, mellor sen touradas
As actividades da campaña comezaron na tarde do luns 21 co I Seminario galego pola Abolición da Tauromaquia, e continuarán coa proxección do documental Animal, de Ángel Mora, na Casa das Atochas da Coruña. Animal é unha road movie que percorre os festexos máis sanguentos e sen sentido do estado español onde os únicos reclamos son o sufrimento e a morte do touro bravo.
Os días 7, 8 e 9 de agosto tamén haberá unhas xornadas en Pontevedra a unha manifestación organizada polos Antitaurinos de Pontevedra.
¿"Tradición polo respecto aos animais" en Galicia?, ¿De qué Galicia estás a falar? eu coñezo a Galicia da mantanza do porco a coiteladas, da vaca a martelazos, da sardiña con dinamita, das batidas de caza en tempada de cría, dos campionatos de caza de raposo e pombiño...
¿De qué respecto estás a falar?
Iso si, apoio todo movemente antitaurino, pero por favor, non enganemos á xente co suposto respecto dos galegos polos animais. Desgraciadamente se visitamos calquera protectora de animais ou canceira municipal, veremos que disto, na de na.
Os galego, por tradición, maltratadores de animais como os que máis.
Ha que rematar coa sufrimento que lhe fan pasar os animais. Logo por outra parte as touradas nom as queremos nem em Ponte Vedra nem em ningun lado, nom queremos que o concelho siga dandolhes publicidade, e que a diputaçom os financie. Nom a tortura!.
A Plataforma Pontevedra Antitaurina convocou unha manifestación que penso que debemos ir tudos e tudas:
http://pontevedraantitaurina.w...
SÁBADO 9 DE AGOSTO AS 7 DA TARDE NA PEREGRINA!!
por desgraza, Jatopardo ten razón. Aquí o respeto aos animais se lle da cunha aguillada.
Hai que pensar unha cousa, cantas prazas de touros hai no pais? 1, e o polideportivo da Coruña que está case sempre semi baleiro de xente cando hai touradas.
No resto do país non hai estas prazas, por tanto se non hai touradas a xente non lle preocupa porque sonlle problemas alleos, e case que non teñen forza agás en Pontevedra.
En Colombia e México e outros países latinoamericanos tamén existen estes eventos e coido que é un asunto tamén a denunciar, porque aquí semelle mais un asunto político coutra cous.
Non sei coma é o choio en Francia e Portugal pero existen touradas pero non matan aos animais.
O 23 de Xullo, na Casa das Atochas (A Coruña) fan outra estrea de Animal, ás 20:30.
Bon,bon,non mexemos fora do testo. Aquí toda a puta vida tivemos que tirar dos animais para poder vivir,e comer,e iso implica certas costumes que están moi arraigadas. A parte diso,canto máis se convive con animais peor se tratan,se pasa con outros seres humanos como non vai pasar con vacas... Quen entre aquí e lea os vosos comentarios vai pensar que somos seres primitivos
Undetantos, dentro do malo nom é o mesmo comer carne animal como forma de "supervivencia" que matar e torturar animais por diversión. Eu creo que o foco máis grande está en Pontevedra, e creo que nos deberiamos movilizar todos e todas na mani do día 9. Un saudo!
Eu refírome ao trato que se lhe da en Galiza ás vacas,porcos etc.
Por suposto que estou en contra de tourear,faltaría máis! Eu referíame ao comentario de #1 sobre todo,chámandonos "maltratadores de animais" :D
>> eu coñezo a Galicia da mantanza do porco a coiteladas, da vaca a martelazos, da sardiña con dinamita, das batidas de caza en tempada de cría, dos campionatos de caza de raposo e pombiño...
Se conheces essa Galiza, lembra denunciar a quem mate o porco e vaca sem anestesia nem supervisão vetarinária, a quem vá pescar com dinamita ou a quem cace fora da época de caça.
Sobre os campeonatos de tiro ao pombinho e caça de raposo, desgraçadamente são algo tão legal como as touradas, mas podemos continuar a trabalhar para conseguir a sua abolição.
>> Iso si, apoio todo movemente antitaurino, pero por favor, non enganemos á xente co suposto respecto dos galegos polos animais. Desgraciadamente se visitamos calquera protectora de animais ou canceira municipal, veremos que disto, na de na.
Por não falarmos das chegas de bois, pelejas de galos, enforcamento de cães de caça velhos (ou de raposos) ou crucifixão em vida de pegas e corvos, entre outros.
Con tódolos meus respeitos,e sen querer ferir a ninguén,paréceme que aquí a maioría sodes da cidade,e nunca vivistedes a realidade do agro,coma min e algún máis.De aí venhen os vosos (respetables tamén,claro) comentarios
Completamente dacordo con "Jatopardo", e vou máis alá, se tanto se preocupan polos animáis pois que traten de abolir en Galicia as costumes mencionadas por "galeguzo" ou "Jatopardo" que son moito máis típicas que a Tauromaquia.
Isto demostra a politización destas tres organizacións contra as costumes madrileño-andaluzas, coa excusa da defensa dos animáis.
Vou contestar a galego83, que vexo que non ten nin idea. Se te molestaras un pouco en percorrer as páxinas web das entidades que levan a cabo esta campaña, verás que LIBERA! desenvolve un traballo en moitisimos eidos; e que tanto as touradas, como TÓDOLOS festexos ou tradicións que impliquen o uso de animais, son rexeitadas de plano.
Pero claro, o facil é dicir que están politizadas, sen ter nin puta idea de que se fala...
Pois se é así parécemo perfecto, pero qué pasa, que ¿trancenden exclusivamente pola súa anti-tauromaquia? polo menos eiquí en Vieiros, se iso non é politización...
trascenden polo tema antitaurino porque esas organizacións veñen de presentar unha campaña antitaurina; ¿ti liches a noticia?
O concello da Coruña paga cartos ós empresarios taurinos.....
Moito mercado e moito capitalismo para unha cousa e logo para outra tócalle a zoca...
Vaia panda...
Non sei se será unha politización pero eu estou en contra das touradas porque, ademais de ser unha animalada, son un costume español que non pinta nada aquí.
Con respecto ao que di Jatopardo e demais fauna: non sei como carallo querías que matase a xente os cochos, a verdade é que hai que ser animais para non inventar as famosas pistolas trapalleiras e estúpidas xa no século X polo menos..
Non sei se cadra son comparables costumes coma eses con divertirse facendolles sufrir e matando animais, cousa que eu nunca vin neste pais, polo menos como algo normal, sempre hai algún animaliño...
Ai, país, país...
na Galiza, a escepción das sardiñas en dinamita, podemos decir que son practicas reigame ancestral para o autoconsumo (para podermos vivir) ou para a protección dos recursos gandeiros (caza do raposo), outra cousas son as cacerias burguesas dos nosos tempos (as licenzas terían que estar moi restrinxidas e só para certos suposto que non é menester nomear agora)...
todos a manifa a pontevedra ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
1) Pois claro qué é importante acabar coas touradas. Polo menos que non maten os animais. A ver quen lle bota collóns para poñérselle diante dun Mihura sen fodelo coas banderillas e os pinchos do carallo.
2) Pois claro que en Vieiros todo está politizado. A única razón pola que o leo é porque está en galego e un pouco porque gústame ler xornais de diferentes ideoloxías. E só poran a noticia o máis seguro porque fai mención a que non é unha costume galega... ahora resulta que o meu pais non é galego. Os nacionalistas volvénse máis estrictos "Pai, aínda que fales galego non eres galego síntolle, tes costumes que non son de aquí" jajajajaja
3) Virálle ben a España cambiar un puco a imaxe internacional. Que só nos coñezan en parte polos touros... Sempre nos quedará a siesta (dende cativo non tomo unha, salvo os domingos, pero...), a paella, os monumentos, o marisco do norte...
Pero que cachondo eres Galeguzo (#9), “Se conheces essa Galiza, lembra denunciar a quem vá pescar com dinamita”. Un dos primeiros en denunciar nos medios de comunicación a pesca con dinamita foi o ex-patrón maior de Portosín, Gonzalo Pérez, e tivo que aguantar chamadas ao seu domicilio amenazándoo de morte, iso si, mentras tanto, as lanchas de vixiancia da Xunta non se enteraban de nada. Pero que valiente eres Galeguzo!!! http://www.elmundo.es/suplemen...
Mira, vouche dar una exclusiva máis. No interior do peirao de Portosín acostuma a estar cheo de aparellos largos sen boia. Tamén che informo que por alí anda a famosa lancha de Xunta pero como se non andara. Pero ti destas cousas non sabes nada, porque ti pensas que os galegos non botan os aparellos en zonas prohibidas, nin deixan os aparellos largos durante a fin de semana, nin se incumpren sistematicamente os topes de pesca. Ti vives no mundo de Yuppi.
Tamén me dis que denuncie a quen faga batidas fora da época de caza, ¿denunciar? Se son legais. Se te molestas en ler o manifesto, “Matar por matar non”, asinado por ADEGA, Outeiro, Ridimosas, Coto do frade, Amigos da Tera, Verdegaia e o Movemento Cívico Matar por Matar Non, verás que nun dos parágrafos denuncia: “Reclamamos a Medio Ambiente que se modifique a Lei de Caza. Que se prohiban as competicións e toda actividade cinexética no monte durante a época de cría”. Como podes ver, non podo denunciar estas prácticas, entre outras cousas porque están autorizadas.
Despois outros por ahí falan de que no século X non había pistolas para aturdir aos porcos, ben, pero resulta que xa hai uns cantos anos que si as hai e por desgracia, os que vivimos en pequenas vilas, ás veces aínda temos que oir os gritos dos porcos desangrándose a coiteladas. Pero bueno, algúns ben pensados contertulios deben vivir en Marte ou durmen con tapóns nas orellas.
Podería seguir até mañá falando do maltrato e abuso sistemático que se comete en Galicia contra a fauna doméstica e salvaxe, pero non lle quero amargar a algún deste foro a súa imaxe idealizada da realidade galega.
Antes de despedirme quero recomendar aos contertulios que ollen todos os sábados ás tres da tarde o programa “Couto vivo” na televisión pública galega. Aprenden cousas moi interesantes como reventarlle a cabeza a un corzo ou desplumar unha perdiz.
Con Deus, ¡touros si, toureiros non!!!.
#20 Ai, que cachondo és tu também :D Todo do que me falas já o conheço, com excepção do que comentas da actividade cinegética em época de cria (tinha entendido que estava prohibida, mas desculpo-me polo erro). Contudo, reafirmo-me no dito: denunciar é cada vez mais fácil. Já nem é necessário dar o nome, que se pode denunciar de jeito anónimo.
#10 No meu caso falo com conhecimento de causa, que sou do rural.
Bon, mentres non lles dea por liberar aos touros, como outros fixeron cos roedores aqueles, podemos ficar tranquilos.
Penso que as touradas son arte, puro arte, mais recoñezo que son unha barbaridade.
#22 As bombas que matam a gente tamém som ARTEfactos. Que arte nem que caralho (Se ainda dixesses "cultura"... mesmo falavamos) Arte!!!
Galeguzo, se denunciara cada vez que vexo un atropelo a un animal creo que non sairía do xulgado, aínda así, téñome metido en bastantes problemas persoais por defender animais, porque un non é de pedra es ás veces non me podo aguantar.
Pero a ti que che vexo moi animado nisto de ir ao Seprona, vóucho poñer fácil, na seguinte ligazón podes ver a foto do can dun veciño meu, http://www.fotazas.com/v2_phot... nese mísero canil debaixo dun hórreo pasa case toda a súa vida. Se queres douche os datos e vas ti presentar a denuncia.
Tamén podes ir ao monte Enxa en Porto do Son e sácaslle unhas fotos a cabalos con inmovilizadores nas patas (pejas) e tamén llas levas ao Seprona.
Mira que fácil cho poño para que comeces a túa carreira denunciando. E cando acabes con estas dúas, dígoche máis para que te fagas habitual do Seprona.
Chao.
Na Galiza as touradas jamais tiverom exito, o galego não gosta das touradas. A tradição de matar touros de-se jeito é espanhola, o galego em geral mata prà comer não prà divetimento, daí algumhas tradições como a mata do porco etc, a quais também existem noutros lugares. À única tradição que se puder asemelhar as touradas seriam "os curros" de cavalos ou também chamadas "rapa das bestas", e digo asemelhar, no sentido de tradição do homem com o animal, pois os curros não se possam asemelhar as touradas.
À Galiza is diferent , is not spain.
Ha muita gente antitaurina que tambem toma a cabo acçoms contra o tema da dinamita coas sardinhas e demais, nom falemos sem conhecer, e deijemonos de críticas, porque cuando sae umha mínima fronte de luita, ou um projecto como pode ser PONTEVEDRA ANTITAURINA sempre criticamos. Sumemo-nos a convocatoria!
Na web ha 2 videos:
Fouze, dos miles de cazadores que cada ano saen a matar en Galicia, ¿cantos o fan por diversión?, dígocho eu, ¡TODOS!!!
Iso por non falar da caza de especies carnívoras como raposos ou lobos que tanto cazan os valientes escopeteiros galegos.
Outro día falarei de dous cazadores galegos que me atopei no avión na volta dunha viaxe por África como presumían dos babuinos e xabarís verrugosos que mataran. E tamén como un deles animaba ao outro a comprar un permiso para matar un leopardo.
Vamos, como ti dis, "o galego em geral mata prà comer não prà divetimento". Xa, xa, e os rapaces veñen de París.
GalizaEnGalego, mira, pódoche asegurar que desgraciadamente, da pesca con dinamita sei bastante máis ca ti. Ou sexa, que iso de "falar sen coñecer" non sei por quen o dirás. E calquera que fora ao mar ao cerco nunha vila do sur de Galicia poderá testemuñar como cando os barcos atopaban un banco de sardiña, máis que pesca parecía a festa do apóstolo. Podoche asegurar que 30 barcos xuntos tirando explosivos por babor son bastante escandalosos.
De hai uns anos a esta parte está en desuso, pero non porque chegaran a conclusión de que era malo usala, senón porque estaba desaparecendo a sardiña e xa non había a quen botala.
E volvo a dicilo, o meu apoio a PONTEVEDRA ANTITAURINA.
Pontevedra Antitaurina publicita a curta anti-taurina "Verdades que doen" e o seu SPOT para a mobilización. Ambas poden verse no seu blogue:
http://pontevedraantitaurina.w...
Ademais, convidan a participar nas súas actividades (para horarios consultade http://pontevedraantitaurina.w...
SÁBADO DÍA 2 DE AGOSTO (C.S Revira)*
- Apresentación da curta antitaurina “Verdades que doen” e mais do SPOT “Pontevedra Antitaurina 08″.
- FOLIADA ANTITAURINA. Co grupo de Folk galego “Lincorne”.
7 DE AGOSTO (C.S Revira)
- Proxección do filme antitaurino “Animal, a Película”
8 de AGOSTO (C.S Revira)
- Xornada Antitaurina. Palestra a cargo de:
Diego Viéitez (Galiza) Activista de Verdegaia.
Helena Escoda Casas (Catalunya) Licenciada en Historia. Activista de LIBERA!
Moderada por Pontevedra Antitaurina.
9 de Agosto
Mobilización Antitaurina às 19h na Praza da Peregrina.
*O C.S Revira está ubicado en Arcebispo Malvar, 33 (Pontevedra), perto do Campiño de Santa María.
Jatopardo, se tens uma má experiência não é o meu problema. Tens associações ambientalistas a eito neste país que gostosamente tramitarão denúncia dos casos que apontas (Verdaia, Adega, Federación Ecoloxista Galega, etc.).
Particularmente não quero tratar directamente com o Seprona, que a fim de contas é mais um corpo da G.C., mas já digo que não falta quem o faça por ti.
E para outra vez a ver se aprendes algo de educação e respondes com menos violência verbal.