Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

O PPdeG cita a Brañas e Castelao para dicir que Galiza "xa ten ampla autonomía"

"Trátase de poñer en marcha os instrumentos estatutarios e constitucionais", leu Alebrto Núñez Feijoo no manifesto oficial do PPdeG para este día, "de exercitalos con competencia e eficacia".

Redacción - 09:30 25/07/2008

En "galeguismo aberto", financiamento "respectuoso" e eleccións limpas, resumiron os populares galegos as súas prioridades para este Día de Galiza, expostas na xornada do xoves durante unha ofrenda floral en Santo Domingo de Bonaval, en Compostela.

"Brañas e Castelao comprenderon que o futuro de Galiza pasaba pola súa autonomía política", reflexionou o presidente do PPdeG no discurso lido este xoves na véspera do Día de Galiza. Recordou a continuación o discurso de Brañas durante a apertura do curso de 1892 no paraninfo da Universidade de Santiago, "tamén en tempos de crise económica" no referido á descentralización política e os efectos da crise, que agoiraba o galeguista moito peores en Galiza ca e en España.


"Hoxe estamos certamente en tempos de crise; pero a diferencia de entón, e a diferencia do 36, Galiza xa ten unha ampla autonomía, e institucións propias que teñen, como primeira obriga a de defender a nosa identidade e os nosos intereses", dixo Feijoo ao respecto. "Trátase, pois, de poñer en marcha os instrumentos estatutarios e constitucionais, de exercitalos con competencia e eficacia; pero tamén con firmeza e determinación", continuou. Ao fío, acusou de "división" ao actual Goberno.

"Nós, como galeguistas que somos, antepoñemos os intereses dunha Galiza que ve como as súas infraestructuras son adiadas unha e outra vez, e que non entende como o goberno socialista de España, coa complicidade do presidente socialista da Xunta, se negan a constituir unha comisión de seguemento dos incumprimentos no tren galego de alta velocidade", incluíu na súa intervención.

Poden ler a intervención completa na web do PPdeG.


1.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: