Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

O BNG convoca a unha mobilización "masiva" baixo o lema "cremos no noso país"

O Bloque estimulara xa á súa militancia e simpatizantes nas últimas semanas, con ducias de actos por todo o país. Ás 12h polas rúas de Compostela discorrerá a habitual manifestación, co discurso do voceiro nacional, Anxo Quintana, ao remate do acto.

Redacción - 09:30 25/07/2008

"O día da Patria Galega é unha celebración que vai alén do nacionalismo, chegando a amplas capas do pobo galego", comentou Alberte Ansede, secretario de Organización do BNG, durante a conferencia de prensa coa que esta semana se presentaron as actividades do Bloque para a xornada do Día da Patria. "O noso futuro pasa por desenvolver o que somos, por crer no noso país e nas nosas potencialidades", dixo Ansede, quen sinalou entre os retos para o futuro próximo: igualdade xurídica do galego co castelán, Estatuto de Nación ou a comisión de seguimento das infraestruturas.

A manifestación irá encabezada pola executiva nacional do BNG, seguida por unha pancarta na que irán os cargos institucionais; logo irán as delegacións internacionais e nacionais convidadas e en cuarto lugar a pancarta de Galiza Nova. Espérase, como é habitual, a asistencia de numerosos convidados doutras nacións do Estado español, de Portugal, da Unión Europea e do resto do mundo. Entre outros, estarán representantes dos partidos firmantes de Galeuscat: Convergència Democrática de Catalunya, Unió Democrática de Catalunya e o Partido Nacionalista Vasco. Tamén, envían representación Esquerra Republicana de Catalunya e Eusko Alkartasuna. Nafarroa Bai enviará dúas persoas, entre elas Uxúe Barkos, portavoz en Madrid. Ademais, acude o Bloc Nacionalista Valenciá e dúas organización das Illes Balears, o Partit Socialista de Mallorca e Unió Mallorquina.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: