Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
E-ESCOLINHA

Portugal fabricará o portátil de baixo custo Magalhães

O computador, froito dun convenio do goberno do país veciño con Intel, distribuirase entre o estudantado de Primaria cun prezo máximo de 50 euros.

Redacción - 11:00 31/07/2008

Portugal vai fabricar o seu primeiro computador portátil, que se chamará Magalhães e custará até 50 euros. O equipo, que se producirá nunha nova factoría en Matosinhos, irá destinado ao estudantado do primeiro ciclo de Ensino Básico. A súa distribución comezará co novo curso, dentro do programa E-Escolinha.

O aparello, froito dun convenio entre o goberno portugués e a multinacional Intel, tamén se exportará a África, América Latina e Europa. O primeiro ministro, José Sócrates, anunciou que se distribuirán medio millón de unidades do computador con nome de navegante, e que as familias con menos recursos económicos poderano adquirir mesmo de balde.

O portátil forma parte do proxecto Classmate PC de Intel, alternativo ao OLPC que impulsa Nicholas Negroponte. Segundo explicou Sócrates, "É um computador de última geração tecnológica, pensado para as crianças, para resistir melhor ao choque e aos líquidos".

Magalhães dispón de acceso á internet, batería con autonomía de preto de 6 horas e como sistema operativo tanto Linux como Windows XP. Tanto o seu software como o seu hardware están adaptados ás capacidades de rapaces de 6 a 10 anos e é resistente aos golpes e aos líquidos.


4.5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: