As licitacións pendentes quedan para 2009 coincidindo co que se espera que sexa o momento álxido da crise económica no Estado. No canto da comisión de seguimento con todas as formacións, Zapatero ofreceu que a ministra de Fomento se reúna cada tres meses con Touriño.
Semella que todo o progreso do país está concentrado na premura do TAV. Para quen é este "progreso" que estamos a sofrer? As traballadoras e traballadores galegas precisamos unha rede de transporto público de distancias meias e curtas que funcione. Tamén que o tren se vaia facendo tamén co transporto de mercadorías, e que se fomenten os mercados e produzóns locais, que eses si dan choio e non van e veñen coma o fume.
O AVE é fundamental para o país, pero a que custo? Ao custo de escarallar as redes de cercanías, e que milleiros de persoas queden sen transporte. Ademais así temos un AVE de 3ª.
Inda por riba o Torito sae da moncloa escarallado de risa... coido que estas eleccións son fundamentais para manifestarmos unha conciencia de país nas urnas.
En Galiza non hai rede de cercanías, o que hai polo dagora é unha rede vella e inservíbel para a poboación. A rede de cercanías está claro que é necesaria, pero non ten que corresponder necesariamente coa rede vella. É máis, a liña Coruña-Vigo non vai ter só alta velocidade, tamén seguirá a dar servizo a lugares como Vilagarcía ou Redondela. Sinceiramente, a min paréceme máis grave que non se plantexe unha liña nova Ourense-Lugo-A Coruña, ou que non se mellore a conexión de Ferrol, ca que se elimine a vía vella de Portas.