Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta quinta feira

Rabuñal, do KGZ, gaña as metas voantes en Getxo

Herrero, no posto décimo quinto, foi o primeiro corredor do equipo galego en cruzar a meta. No grupo de Herrero tamén entraron Veloso e Mourón.

Redacción - 13:23 01/08/2008
Gonzalo Rabuñal

Gonzalo Rabuñal

O ciclista do KGZ, Gonzalo Rabuñal gañou as metas voantes no Gran Premio de Getxo, que se resolveu ao sprint cun grupo de 33 corredores, de entre os que destacou o holandés Reinier Honig (P3 Transfer Batavus), quen gañou a proba.

O mellor situado na clasificación xeral de entre os corredores do equipo profesional galego foi David Herrero (15º). Detrás del entraron Gustavo César Veloso, e Juan F. Mourón.

O director deportivo do KGZ, Xosé Anxo Vidal, fixo un balance moi positivo da actuación dos seus corredores na proba: "O equipo viuse moi metido en carreira. Nunha primeira escapada de sete, entramos con dous corredores: Rabuñal e Herrerro. Posteriormente por detrás formouse outra, con outros nove ciclistas e tamén entraron polo Karpin Galicia Troncoso e Vorganov, polo que a actitude foi moi boa. Aínda que tampouco se poden sacar demasiadas conclusións xa que a carreira era bastante suave, proba diso é que se cumpriron as previsións e a vitoria decidiuse ao sprint", salientou o ex ciclista profesional.

A seguir... a Clásica de Donostia
O Karpin Galicia non se vai mover de Euskadi despois da proba de Getxo, posto que este sábado se disputa a Clásica de Donostia, proba do calendario Pro Tour, sobre 239 quilómetros, unha carreira na que, segundo Vidal, se poderá "apreciar mellor o estado dos nosos corredores, que van ter que medirse con ciclistas que chegan moi rodados do Tour, sobre un percorrido esixente".

En Donostia han competir, polo KGZ, David Herrero, Gustavo C. Veloso, Ezequiel Mosquera, Iban Mayoz, Serafín Martínez, David García, Eduard Vorganov e Gustavo Domínguez.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: