Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MERCADOS E FINANZAS

Caixa Galicia aumenta o seu beneficio neto a 187 millóns de Euros

A entidade galega viu medrar os seus beneficios nun 4,74% no primeiro semestre deste ano.

Redacción - 14:00 01/08/2008

O grupo Caixa Galicia ven de presentar os seus resultados do primeiro semestre e desvelan un beneficio antes de impostos de 205,2 millóns de Euros, así como un beneficio neto consolidado de 187 millóns de Euros. Estas cifras supoñen un aumento con respecto ao mesmo período do ano pasado, un ascenso dun 4,74%.

A taxa de morosidade sitúase no 1,45%, unha cifra inferior á media do sector (1,87%). Deste xeito, a entidade informa de que os datos lle permitiron aplicar unha política de máxima prudencia, é dicir, realizou provisións por importe de 220 millóns de Euros, establecendo así un remanente para afrontar os vindeiros trimestres.

"Folgada posición de liquidez"
Caixa Galicia informa no seu comunicado que a evolución do crédito e do financiamento minorista permitiu ampliar a súa "folgada posición de liquidez", que se sitúa agora por enriba do 5.000 millóns de Euros. Sobre a base da súa xeración de beneficios, incrementáronse os niveis de solvencia da Caixa, que aumentou un 37% con respecto a xuño do ano pasado.

A súa rede comercial captou 1.719 millóns de Euros en imposicións a prazo no semestre, o triple que no mesmo período do ano pasado. Deste xeito, o total de recursos en balance medraron un 9,2%, mentres que a inversión crediticia aumentou en 975 millóns, cunha taxa de crecemento interanual do 5,8%.

Asemade, os ingresos por prestación de servizos eleváronse a 74,1 millóns de Euros, o que leva a marxe básica aos 432,7 millóns de Euros, o que, á súa vez, supón un incremento do 10,3%.


Ligazóns

2.2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: