A presidenta arxentina e o mandatario brasileiro subliñan a beizón á entrada de Venezuela no Mercado Común do Sur (Mercosur).
"Complementámonos de xeito espectacular", afirmou o presidente venezolano, Hugo Chávez, ao finalizar a xuntanza en Bos Aires co xefe de Estado brasileiro, Luiz Inácio Lula da Silva, e a presidenta de Arxentina, Cristina Fernández. Segundo Chávez, os tres países están construíndo un "eixo central" en América do Sur, unha "alianza" que fortalecerá a rexión.
Trátase dunha reunión que pretendía o impulso á colaboración e o desenvolvemento do potencial agroalimentario, industrial, enerxético e financeiro dos tres países. "Temos todo para que Suramérica sexa unha potencia", indicou Chávez. No encontro subliñouse ademais a vontade de que Venezuela entre a formar parte axiña como membro pleno de Mercosur, despois do trámite que aínda deben aprobar os parlamentos brasileiro e paraguaio.
A xuntanza tamén serviu para que Brasil e Arxentina achegasen posicións despois de asumiren posicións contrarias recentemente na Organización Mundial do Comercio. Isto acontecera porque Brasil aceptara as esixencias de eliminación de mecanismos proteccionistas impulsada polos EUA e a UE, mentres que Arxentina censurou ese paso e advertiu contra a presión dos países máis ricos que, ao respecto, non se comprometeron sobre a supresión das axudas ao agro. Por outra banda, este luns en Bos Aires os dous mandatarios tamén asistiron a un encontro entre empresarios dos dous países, nun momento onde o peso do investimento brasileiro é especialmente importante en Arxentina.
“Dios os cría e eles xúntanse”
Aínda que no meu gusto particular considero que Lula é un estadista. Cunha verdadeira carreira política e sen afán de continuísmo. Con todo e isto a noticia non me deixa de preocupar como venezolano xa que cada vez que Chávez reúnese con algún político adoitan resentirse as arcas do tesouro nacional Venezolano. Jocosamente é coñecido co nome de DON REGALON.
Podo entender que logo da derrota en materia impositiva sufrida pola presidenta Arxentina (Impostos á soya, etc.) Atópese moi necesitada de máis Bonos do Sur financiados por Venezuela e que en vez que lle manden mais maletas repletas de dólares cun emisario pouco confiable, prefira recollelos persoalmente. Imaxinome a Cristina dicindole a Chavez. “Papi traxisteme un regalinho”
Con respecto a Lula, a súa conduta é pragmática e punto. Vai pechar contratos que lle xeren ao seu país ingresos. El non está obrigado a velar polo benestar do pobo venezolano.
O que me imaxino ao final do encontro, é a Cristina e Lula ríndose e vendo quen saco a mellor tallada do COMEDIANTE EN XEFE ROBOILUSIONARIO.
Xa ese conto do ingreso ao MERCOSUR por parte de Venezuela leva tempo. É que non se acordan o ano pasado a Chávez ameazando ao parlamento brasileiro se non aprobaban o seu ingreso. Claro, el pensa que o resto dos parlamentos e tribunais supremos do mundo son igual aos venezolanos. Onde o dá unha orde e peléxanse por ver quen a executa primeiro.
Señores se antes non aprobaron o seu ingreso agora menos. Simplemente porque para ingresar a este grupo requírense parámetros de seguridade democrática dos cales Chávez adoece.
Recordemos que a finais do ano pasado celebrouse un referendo consultivo onde foi rexeitada unha reforma constitucional a cal perdeu o goberno, e que en aras de restarlle lexitimidade el CNE (organismo electoral máis moderno do mundo) ata o día de hoxe non lle puxo cifras definitivas.
Bo simplemente, violando a vontade popular o COMEDIANTE EN XEFE simplemente aplica as modificacións vía decreto e os lerchos do Tribunal supremo de Xustiza din que son constitucionais cando nin sequera estaban publicadas en Gaceta Nacional. Iso si, as peticións de amparo constitucional en contra das leis da habilitante anterior non tiveron resposta en 5 anos. (Unha xustiza lenta non é xustiza) Se non o creen pregúntenlle ao presidente do PCV (partido comunista de Venezuela) e parlamentario da asemblea nacional o cal afirmo que non coñecía as leis aprobadas.O goberno xura que o pobo as conocia. Si, cando as rexeitou no referendum.
Recordemos igualmente que no parlamento do Mercosur denunciáronse as inhabilitacións de políticos venezolanos para presentarse ás próximas eleccións. Sen que sobre eles pese ningunha sentenza firme por parte dun tribunal. Isto foi denunciado entre outras instancias neste parlamento.
Como verán, esta reunión é para o que é. Seguir desplumando á galiña. Mágoa que esa galiña sexa Venezuela e o seu pobo padeza mentres esta nadando na maior bonanza petroleira da historia.
déixe de eso home, volva a gastronomía. a ver, cómo era o asunto das arepas andinas? e o asado negro? nas pasadas navidades unha moi boa cociñeira de ourense preparóume unhas hayacas e non acabei de collérllelo gosto. será que as follas de plátano non estaban afumadas? ande, faga o favor, ho.
Home, encántame que baixases dese alto pedestal dos ungidos da sabedoría suprema. E preocúpesche de cousas máis mundanas.
Comentabas que en Ourense lle prepararon unhas arepitas andinas, un asado negro (non seria que se lle queimo á cociñeira) e por último unhas tradicionais hallacas. Parece que estas últimas non lle gustaron as follas de plátano por non estar afumadas.
Aclároche, As follas non se comen. Son moi duras.
O que me sorprende é que atopase os ingredientes nesta época do ano en Ourense. Xa que este é un prato do Nadal e creo que será difícil obter certos ingredientes por eses lados nesta época.
Bo. Todo é posible.