Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN CUNTIS

Arqueólogos por quince días

Vinte mozos participan no campo de traballo de Castrolandín, un xacemento prerromano no que se achegan ao labor arqueolóxico.

Isabel G. Couso - 09:30 06/08/2008

Viaxar ata o século II a. c. da man da arqueoloxía. Esta é a alternativa pola que optaron vinte mozos para aproveitar o verán. Fano no marco do Campo de Traballo de Castrolandín (Cuntis), unha iniciativa que organiza un ano máis a Vicepresidencia da Xunta, dende o seu departamento de Xuventude.

Castrolandín é un poboado fortificado, un castro que representa unha forma de vida que en Galiza foi a protagonista entre o século VIII a. c. e o século III d.c. Achegarse ata ela e amosarlle o seus fundamentos aos máis mozos é o obxectivo desta iniciativa, que coordina o director deste centro, Carlos Otero, coa axuda dos monitores. Ademais, os rapaces súmanse aos traballos de escavación, unha labor ben necesaria para profundar na valorización do castro.

Rexistro, extracción, tratamento dos materiais... os mozos participan nas diferentes fases do traballo arqueolóxico nunha labor que este ano se marca o propósito de ampliar as escavacións do sistema defensivo, tanto do parapeto como das murallas que nun tempo defendían o castro. Ademais, tamén se pretenden ampliar as escavacións na entrada orixinal do poboado, rexistrar as estruturas e materias recuperados e consolidar o monumento.

"Atopar algo"
O que máis emociona aos participantes neste campo de traballo é a posibilidade de atopar algún resto arqueolóxico. Niso traballan e afánanse con pas, vasoiras e outros utensilios. Ademais, malia non ter coñecementos previos, queren rematar os seus quince días de participación no campo de traballo coa satisfacción de aprender algo e de facer a súa achega ao estudo da antigüidade.

Os vinte participantes proceden de diferentes puntos da península e tamén do estranxeiro. Por iso tamén aproveitan esta oportunidade para coñecer Galiza, nun periplo que comeza na vila termal de Cuntis. Así farán excursións a Santiago de Compostela, á Ribeira Sacra ou á Costa da Morte, ademais de participar en roteiros, saídas de interese histórico ou obradoiros de diferente contido.


Ligazóns

4,75/5 (4 votos)


Comentarios (8)

piorno #1 6/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Umha boa iniciativa. Tudo o que se faga pola recuperaçom do nosso passado é pouco.

A ligaçom colocada por Vieiros nom é a um Campo de Trabalho, mas a um «Campo de Trabajo». É que agora a Vice-Presidência da Junta abandona o galego?

Nessa ligaçom fala-se da tribo dos Cilenos como habitantes da zona, ocultando-se que se tratava de umha tribo celta, como afirma Plínio o Velho.

É bem curiosa a teima dalguns na ocultaçom do passado celta da Galiza.

Exemplo de um magnífico castro escavado, o de Tronha:

http://www.youtube.com/watch?v...

Morcego #2 6/Agosto/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em abono da verdade, a cultura celta influenciou mais de metade da Península Ibérica. Os estudos mais recentes indicam que a cultura castreja é uma cultura basicamente autóctone.

Não entendo é porque se continua a insistir numa exagerada celticidade da cultura castreja.

Cumprimentos

piorno #3 6/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que tenha havido cultura celta noutras partes da Península Ibérica nom implica que nom tenha umha importância fundamental, que alguns pretendem negar, na nossa História. Vários autores clássicos falam da nossa celticidade: Estrabom, Plínio, Pompónio Mela, Avieno... O número de topónimos de origem céltica na Galiza é grande. A epigrafia, com teónimos ou nomes dos deuses e antropónimos, confirma isso.

A similitude dos nossos castros com os oppida da Gália e outras zonas da Europa céltica é indiscutível.

Antepor «cultura castreja» a «cultura celta», quando ambas estám intimamente relacionadas, parece mais umha espécie de «isolacionismo histórico», que nos pretende separar das nossas raízes, do que outra cousa.

Recomendo o seguinte volume editado pola Universidade do Wisconsin, nos EUA, sobre os Celtas na Península Ibérica:
http://www.uwm.edu/Dept/celtic...

Em especial, este interessante artigo:
http://www.uwm.edu/Dept/celtic...6_16/lujan_6_16.html

piorno #4 6/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Saiu mal a última ligaçom. A correcta é:

http://www.uwm.edu/Dept/celtic...

Como também estoutra:

http://www.uwm.edu/Dept/celtic...

Morcego #5 6/Agosto/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que os autores clássicos afirmam (e são as únicas fontes escritas existentes, baseadas em relatos e com todo o tipo de preconceitos de homens do Mediterrâneo) é que os Celtas (Entenda-se, povo de CULTURA Celta) viviam entre a bacia do Guadalquivir e o ocidente Peninsular, que corresponde ao actual Algarve e Alentejo Português.

Os recentes estudos efectuados pela Universidade do Minho (Braga) e pela Universidade do Porto, vão no sentido da confirmação da cultura Castreja como sendo autóctone, havendo castros com mais ou menos influência da CULTURA celta.

Faço notar que, os departamentos de arqueologia de ambas as universidades estão na vanguarda do estudo da cultura castreja.

P.S. Consultar os artigos de Sande Lemos da U.M. e de Armando Coelho Ferreira da Silva F.L.U.P.

Abraço

Morcego #6 6/Agosto/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para quem se interessa por este tema, colo o link da pagina web da Castrenor, que coordena a candidatura da Cultura Castreja a Património Cultural da Humanidade da UNESCO.

http://www.castrenor.com/?lang...

Xabi1 #7 6/Agosto/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cómo anda o convenio do sector?
Non sería estupendo que as persoas que traballan na arqueoloxía, de verdade, recebindo un salario, tiveran un convenio?
Está ben que desde as alturas políticas estea ben considerado que todo quisque se dea de alta como autónomo?
Qué razóns hai para favorecer a certas empresas prestadoras de servizos arqueolóxicos son beneficiarias da fervenza de contratos que impulsa a Consellería de Cultura do BNG?
Con perdón, hai que mirar un pouco máis aló da importancia das pedras e restos. Hai que mirar un pouco qué tipo de política se fai e a quén favorece, por exemplo, certas zonas e vilas son primadas (Pontevedra sería un caso de favoritismo) e outras non.
En fin, hai que mirar o que hai hoxe e ás persoas que traballan no sector.

piorno #8 8/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Morcego, os autores clássicos afirmam bastante mais do que isso, mesmo chegando a nomear as tribos do Noroeste da Península Ibérica.

A evidente especificidade da cultura castreja nom é incompatível com os traços comuns a outros assentamentos europeus, da Gália, por exemplo, nem com a sua celticidade.

Os preconceitos de que falas nom me parecem menores que os dalguns historiadores actuais que minimizam ou mesmo negam as afirmações das fontes clássicas, confirmadas pola epigrafia e os estudos linguísticos.

Alguns simples exemplos, dentre muitíssimos outros:

1- As fontes epigráficas (lápides) que confirmam que os Supertamaricos (tribo da margem direita do Tambre) se referiam a si próprios como Celtas.

2- O Castro de Lánsbriga, ou S. Cibrão de Lãs, de nome claramente céltico. Os topónimos de Lugo, Braga e o próprio nome do país, Galiza, muito provavelmente da mesma etimologia.

3- Num castro com auge na época tardo-romana (séc. III a V) como o de Viladonga existe umha peça de cerâmica com o nome de Nantius gravado, um nome céltico, o que indicaria que mesmo em época tardia ainda existiriam reminiscências dessa cultura.

Obrigado polas informações e ligações, que lerei com interesse.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: