Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Tamén cavilan censurar os chats

Ao goberno iraniano preocúpalle o devezo da mocidade polo ciberporno

De paso que o parlamento prepara unha lei que engade as webs con contidos "sexuais" á lista de sitios a censurar.

Redacción - 09:30 06/08/2008

O Parlamento de Irán debate sobre o suposto atentado "á moral islámica" que implican os sitios con contidos eróticos, deseñando unha lei que castigará a creación e acceso a estes sitios internáuticos.

Ao tempo, a Organización Nacional Xuvenil, colectivo vencellado á propia presidencia iraniana acaba de publicar un estudo no que aseguran que o 55% dos mozos e mozas en Irán, é dicir, arredor de 12 millóns de persoas, acceder a contidos pornográficos diariamente. O informe relaciona estes espazos na rede cunha conxura internacional "dos inimigos da república islámica".

De paso, un dos principais diarios conservadores do país, saía estes días tamén en contra das salas de ciber-conversa, os chats, advertindo que "poñen a mocidade en contacto co sexo oposto sen ningún filtro".


4,5/5 (4 votos)


Comentarios (5)

semoncho #1 6/Agosto/2008 semoncho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seria interessante saber que entendem os mullahs iranianos por pornografia.

Barcelos #2 6/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nas mulleres moi pouca cousa. Ensinar a cara, un brazo, un nocello...

lostrego #3 6/Agosto/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coma dicia Reixa: "Menos mal que nos queda o triqui-traque sexual..."

Carlinhos #4 6/Agosto/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os católicos estaram a favor do ciberporno: "poñen a mocidade en contacto co sexo oposto sen ningún filtro" com eles predicam.
Com tamém dizia Reixa, Ai miséria preservativa...
Ai Galiza mahometana, viva a santa caralha!

Dogma #5 8/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

" 12 millons "... estó é unha manipulación en clave interna, ¿ou a caso todos os cidadans de Iran acceden a internet?, o que se pretende é outra cousa, siplemente impor a censura por parte do goberno, empezase co tema do porno que "alí" aos pais con fillas asusta moito (a moralidade é moi forte), e seguese con.... "alá" sabran.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: