Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Voda e 'contravoda' o venres en Meirás

Franco resucita para ir de pinchos con Jimmy Giménez-Arnau en Meirás

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica organiza unha brincadeira reivindicativa que terá lugar ás portas do Pazo de Meirás coincidindo coa voda de súa filla.

Europa Press - 19:00 05/08/2008

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) organizou "unha concentración pacífica" ante as portas do Pazo de Meirás o próximo venres con motivo da celebración da voda de Leticia Giménez-Arnau Martínez-Bordiu, neta da filla de Franco, para solicitar "a devolución do pazo ao pobo" da localidade coruñesa de Sada.

Coa colaboración da comparsa coruñesa 'Os Maracos', os integrantes da agrupación escenificarán unha "voda" na entrada do pazo. "O caudillo volverá á vida e acompañará a noiva como padriño e estará escoltado por un destacamento da Garda Mora e será recibido á entrada do Pazo polo 'xefe nacional do Movemento Nacional', entre outras autoridades," explicou Manuel Monge, voceiro da CRMH.

Monge engadiu que ademais entregarán a cada un dos convidados un folleto informativo sobre a historia do Pazo de Meirás titulado 'O pazo de Meirás é o imposto revolucionario de 1938' para transmitir a familia "de xeito pacífico, que xa gozaron bastante del e agora deben devolvelo"; e que invitarán a tortilla e empanada "a todo o que queira acudir, aínda que será un menú moi diferente ao do interior".

Para iso informaron de que xa pediron permiso á subdelegación del goberno español na Coruña cun escrito no que no que se comprometen a non cortar o tráfico, nin impedir a entrada dos convidados á voda. "Queda claro que o obxectivo non é impedir ou boicotear a voda, senón reclamar a devolución do Pazo ao pobo", sentenciou.

Por outro lado, o voceiro da CRMH avanzou que están en conversacións co pai da noiva, Jimmy Giménez-Arnau "porque xa que non está invitado á voda oficial, quizais queira vir a esta porque ademais sabemos que está a favor da devolución", apuntou.

Así incidiu en que "é positivo" que a Consellaría de Cultura iniciara os trámites para declaralo Ben de Interese Cultural, pero "o importante é devolvelo ao pobo", para o que xa enviaron un documento á ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, para que pida a devolución e, de non o facer, advertiu de que iniciarán "as actividades xudiciais oportunas".


4,48/5 (25 votos)


Comentarios (9)

Carlinhos #1 6/Agosto/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bem polo boicote (desculpem, reclamaçom), bem pola exigência da devoluçom ao povo o que o povo construíu e pagou; ainda que as formas e os referentes éticos e estéticos acho-os máis que discutíveis.

Gaviotero #2 8/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algunos ya hemos superado el franquismo...

spider #3 8/Agosto/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Efectivamente... algúns o superan. Sempre hai xente batendo novas marcas.

OBSERVADOR #4 8/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ha ha ha, Spider: comentário óptimo!

xel #5 9/Agosto/2008 xel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

haha, que haxa humor, e a ver se a xustiza remata con esa tomadura de pelo que supón a usurpación do pazo.

JOSEGALAICO #6 9/Agosto/2008 JOSEGALAICO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que tamén habería moitos nostálxicos do réxime da man dura que lle levarían o seu regalo a familia da noiva ainda que despóis pasen fame na casa.Seguro que algún que tanto fala aquí non durmiu en días pensando que regalarlle,(porque pazo xa teñen)

alenmar #7 10/Agosto/2008 alenmar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben por Gaviotero pois o acto fixo que declarara que con isto supera o seu franquismo ¿Non si?
Sei que o superou por mor da rabia que tiña cando se decatou que non foi convidado á voda "oficial". Din que o viron entre os que celebraban a voda dos Moracos...
Na parte seria os meus parabens á Comisión de Recuperación da Memoria

T015 #8 11/Agosto/2008 T015
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Pazo deberia ser devolto O POBO e indennizar a aqueles que lle expropiaron as terras

asterix #9 12/Agosto/2008 asterix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moito que o intentten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na nova web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete