Así o denuncian desde o SLG, agoirando un "outono quentiño" de protestas se as empresas leiteiras non optan polo diálogo.
Non hai escusa para que as complicacións do escenario económico se traduzan en paus para os produtores e aumento de beneficios para as empresas. Así o defenden desde o Sindicato Labrego Galego, que esta cuarta feira xuntou en Lugo centos de gandeiros en defensa dun prezo mínimo para o litro de leite que evite que moitas explotacións estean caendo fora dos ingresos necesarios para garantiren a súa viabilidade debido ao aumento dos custos de produción.
O SLG di ver unha parálise nos foros de diálogo despois da aprobación do contrato homologado, e advirten de que non pode dárselle "carpetazo" ao asunto como se xa estivera solucionado tamén o problema do prezo. Recordan que os prezos continuaron o seu descenso neste tempo, chegando a cifras "inasumíbeis" para as explotacións. Neste contexto, as recentes ameazas e paralizacións da recollida do leite serían na práctica "unha nova imposición de redución de prezos, dada a indefensión que esta ameaza provoca no sector produtor", quéixanse.
De xeito concreto denuncian unha vez máis a actitude da empresa Puleva, que deseñou un plan de abandono de recollidas, "deixando un bo número de explotacións totalmente indefensas e sen ningunha posibilidade de negociar prezo cos seus novos compradores". Láianse ademais de que esa actitude empresarial coincide cun dos momentos de máximo consumo do ano "e cando o prezo debería estar en fase de recuperación".
Convite á negociación
"Que non esperen que imos quedar calados e asinar contratos pola cantidade que eles queiran", avisa Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Freire acusou as industrias de aproveitar para "chantaxear" os gandeiros e forzar as granxas a venderen á baixa e avanzou que a formación sindical convocará novas protestas nas próximas semanas e meses se a situación no cambia.
Logo da concentración este xoves diante da empresa Pascual, o SLG trasladoulle ao máximo responsábel da compañía, Tomás Pascual, un convite a que, desde a súa posición de presidente da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), traballe para facilitar vías de díalogo que "permitan avanzar no camiño de dotar a este sector da estabilidade e da transparencia que necesita para garantir unha viabilidade futura no sector para todos os axentes que hoxe o compoñen".
Bota-se de menos uma industria leiteira própria galega, como os catalães a tiveram no textil em séculos pretéritos. Avante Galiza.
http://www.antonioborgessampai...
Vejam lá a ligação "Galiza uma nação" que nossos amigos do Brasil,MG, oferecem...
http://www.antonioborgessampai...
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
xa podian ser centos, xa... apena é que eramos 137 persoas (contadas unha a unha) no momento mais concurrido da protesta, e, delas, uns 30 eran traballadores/as. Haberá que facer un pouco de autocrítica a respeito desta mobilización.
É loxico que toda persoa que ten un negocio -e os gandeiros non son distintos- queiran cobrar o máximo posible polo seu producto ter máis beneficios. É a loxica de calquer empresario.
Tamen é normal que outros sres que tamen son negociantes -as grandes empresas e as grandes distribuidoras-, queran ter máis beneficios, baixando os custes de produccion e subindo os prezos. Exactamente o mesmo que os gandeiros, que queren baixar os custes de produccion e subir os prezos.
Son a mesma loxica capitalista enfrontada, entre os pequenos e medianos gandeiros e os grandes, polo reparto dos benefecios; a ver quen se leva a mellor parte.
O normal é que sexan os grandes os que se leven a mellor parte.
Mais, gañe quen gañe, conxelaránse os prezos ao consumidor (é dicer, a clase traballadora que vive do seu salario, que é maioria da poboacion, o 70% segundo as ultimas enquisas), subiran o seu salario aos traballadores asalariados das ganderias ou das empresas distribuidaras e productoras na mesma proporcion que eles piden ou que a suben (case un 20%).
Porque iste é o problema para a maioria da poboacion que nin é gandeiro nin é distribuidor, a conxelacion dos prezos e a suba dos salarios.
A constitucion dun grupo lacteo galego non garante nada, salvo para os empresarios gandeiros. Por exemplo, a Central Leiteira Asturiana ven de presentar un ERE para despedir a uns 250 traballadores, como unha maneira de recortar "custes de produccion". E da conxelacion de prezos nin un mal recordo.
Por iso, á poboacion, máis alo de nostalxicos dos chamados "sectores productivos" -como si o texil non fora productivo, ou o naval, ou o telemarketing, ou ...- non lle interesa a pelexa; é como a pelexa entre os concesionarios de automoviles e os fabricantes dos automobiles pola cota comercial que cada un leva. O final, o prezo que pagamos os asalariados/consumidores non o decidimos nós.
É incribel, estes do "novo" SLG, cada vez párecense mais aos estatais, falan como elas, é decir non se lles entende. Qué quere dicir a Carmen Freire esta cando fala?, ningún simbolo nacionalistas non vai ser...., ningunha bandeira, non vai ser ...
EIsto é unha movilización? pois a verdade..., que está pasando? Será verdade as ansias da antigua Secretaria Xeral?. Onde está o sindicato dos labregos que tanto traballiño costou ?
Hai que ver que ganas tedes alguns de deitar merda por cima do SLG!!
O "novo" SLG é o sindicato do 75% dos labregos que elexiram a actual executiva, e também é o sindicato do 25% restante que apoiou a outra lista, ainda que alguns destes últimos semelha que se querem ir fóra... eles saberam que intereses defendem.
E creio que já abonda de insinuações e falsas pseudo-acusações sem provas nem argumentos contra Lidia Senra.
Ela é e sempre vai ser um referente da loita labrega, por moito que a alguns vos doia;
ela é e sempre vai a ser um referente da de loita em defesa da Galiza. SEMPRE!
E o sindicato dos labregos que tanto trabalhinho custou esta nos labregos que fazemos parte del, os mesmos que elegimos a Carme Freire como secretária geral.
Ti es labrego lugris?
Saudinha