Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COTIZACIÓN DO CARBURANTE

Por que non baixa a gasolina se o fai o petróleo?

Consumidores en Acción solicita que se abra unha investigación para estudar se hai pactos entre as petroleiras para manter o prezo do combustíbel.

Redacción - 11:30 08/08/2008

Nas tres últimas semanas os prezos do cru caeron de xeito moi evidente: en concreto, o prezo pasou dos 144 dólares cos que se iniciou a sesión o pasado 14 de xullo, aos pouco máis de 117 cos que a pechou o pasado 5 de agosto, é dicir, unha caída de preto do 20%. Esta foi a cotización mínima nos últimos tres meses, ao superar a barreira dos 120 dólares. Este descenso está motivado fundamentalmente polo impacto, menor do agardado, que tivo a tormenta tropical Edouard no Golfo de México, onde se concentra unha cuarta parte das instalacións petrolíferas americanas.

Pola contra, os prezos dos combustibles non se reduciron ao mesmo ritmo nas estacións de servizo. A gasolina baixou pouco máis dun 5% de media dende os máximos históricos rexistrados a medidados do pasado mes de xullo, segundo se desprende dos datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea. A baixada foi homoxénea: a gasolina 98 véndese en Galiza a un prezo medio de 1,312 euros por litro, mentres que a media do gasóleo se sitúa en 1,235 por litro. Ademais, as perspectivas a curto prazo sobre a evolución do prezo do cru apunta a novas baixadas, alentadas pola ralentización do crecemento económico en Europa occidental e nos Estados Unidos.

Prácticas contrarias á competencia
A experiencia demóstranos que mentres as subas no petróleo se trasladan ao prezo do combustible en case tempo real, as baixadas do cru tardan moito máis en reflectirse nas estacións de servizo. Ante esta realidade, FACUA – Consumidores en Acción vén de remitir un escrito á Comisión Nacional da Competencia na que se solicita unha investigación sobre a evolución do prezo dos carburantes. Esixe que se aclare se estas oscilacións nos prezos se deben a algún tipo de acordo, decisión ou recomendación colectiva, é dicir, se existe algunha práctica común por parte dos operadores petrolíferos para manter os prezos.

Esta práctica, de producirse, estaría a falsear a competencia, unha acción prohibida pola Lei de Defensa da Competencia. Ademais, FACUA recorda que existen antecedentes de irregularidades no sector, xa que en 2001 a Comisión da Competencia tivo que sancionar a Repsol por fixar ilegalmente os prezos nas estacións de servizo, e en 2007 tamén tivo que tomar medidas semellantes ante Cepsa, BP e a mesma Repsol. Por todo, o colectivo de consumidores pide que se intensifique a supervisión do mercado de distribución de carburantes de automoción e que se impulsen medidas que fomenten unha maior competencia.


Ligazóns

4,5/5 (4 votos)


Comentarios (5)

ulo #1 8/Agosto/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Rebaixa XA dos prezos e a súa conxelacion imediata. Suba dos salarios segundo o coste da vida.
O demáis, parches e palabras valeiras, porque as denuncias estan ben se van con medidas concretas... senon, son saúdos a bandeira.

Gaviotero #2 8/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Porque la mayor parte del precio son impuestos, siendo Galicia una de las comunidades donde más impuestos se aplican a los combustibles con el falso céntimo sanitario que ni es un céntimo ni va para la Sanidad, sino para pagarles los sobresueldos a los ladrones de San Caetano.

DanielErreCe #3 8/Agosto/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O argumento, se se lle pode chamar así, de que son os impostos os que manteñen máis altos os prezos malia baixar máis o prezo do cru é algo incríbel!!! Que razonamento é ese. Se baixa o prezo do cru, tamén baixa a porcentaxe relativa de impostos, ou non? Imos ver...

Primeiro, non é unha reposta a gaivotas, ou sexa: que non me deas a brasa que paso de ti. Fago este comentario porque llelo escoitei a un par de empresarios de hidrocarburos en (que deben ser tamén negociantes da sirla) distintos medios.

Segundo. Imos cos números: prezo do gasóleo un día hipotético: 120,00 euros, dos cales, un supoñer, o seu 50% son impostos. Prezo da materia prima: 60 euros (a partida para impostos= 60 euros). Ao día seguinte sobe un 10%: 120+10%= 132 euros. O 50% de impostos segue invariábel, é dicir, prezo da materia prima: 66 euros (isto é, un incremento do 10% sobre o prezo do día anterior), partida de impostos: 66 euros (ídem para o prezo do día anterior). Tres días máis tarde baixa un 15%: 132-15%= 112,2 euros. Facemos as partidas: 56,1 euros para Repsol e 56,1 para Facenda.

Queda claro, pois, que ese "argumento" é o que fan servir os ladróns das patroleiras para estafarnos. E o que máis indigna é que non saia ninguén de Facenda para rebatir unha falacia que é capaz de rebater un neno de primaria. E tras rebartérllelo deberían, aparte de meterlles un puro exemplar, volver a prezo máximo, porque o prezo liberalizado é pura pantomima. Pero como os de Facenda tamén cobran, calan porque son xuiz e parte. Ostia, que merda de país!!!

JOSEGALAICO #4 8/Agosto/2008 JOSEGALAICO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todos sabemos que a maior parte do que pagamos polas gasolinas son impostos.Pero sempre foi así,non foi este goberno o que os puxo e ningús dos anteriores fixo nada por cambialo.Hai sí, o goberno de Aznar impuxo o céntimo sanitario que menciona o Gavi., e que non serviu para ter unha mellor atención sanitaria.Eu fago 75.000 km o ano por estrada e non me tratan coma un marqués cando teño que ir ó médico e xa paguei moitos "céntimos sanitarios"

asterix #5 12/Agosto/2008 asterix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moito que o intentten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na nova web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: