Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
En Beixín 2008

A primeira dopaxe descóbrese dentro do equipo olímpico español

A ciclista Maribel Moreno, a principal baza do equipo estatal para conseguir medalla en Beixín, deu positivo por EPO. É a primeira das 30 dopaxes que prognosticou o COI.

Redacción - 10:45 11/08/2008
Maribel Moreno

Maribel Moreno

A un día de que se inaugurasen os Xogos Olímpicos de Beixín, o presidente do COI, o belga Jacques Rogge afirmaba que "por unha mera extrapolación dos datos recollidos en Atenas", na capital chinesa poderían saír á luz "entre 30 e 40 positivos por dopaxe".

Pois velaquí o primeiro, que se deu a coñecer esta segunda feira: o da ciclista aragonesa Maribel Moreno, unha das grandes esperanzas do combinado estatal para chegar á medalla en fondo e na contrarreloxo.

Moreno, que debía competir a vindeira quinta feira, deu positivo nun dos primeiros controis antidopaxe (dos 4.500 que se han facer), ao que foi sometida o pasado 31 de xullo na Vila Olímpica, segundo anunciou a voceira do Comité Olímpico Internacional (COI), Giselle Davies. Após facer a proba, a ciclista retirouse da competición, oficialmente por un ataque de ansiedade, polo que regresou á Península. A Comisión de Disciplina do COI vaina excluír dos Xogos e retirarlle a acreditación, mentres que a Unión Ciclista Internacional (UCI) vai comezar un procedemento de investigación sobre o caso.

A Federación Española lamenta o positivo de Moreno
Segundo revelou o doutor Patrick Schamasch, director médico do COI, foi un positivo por EPO clásica, ao tempo que confirmaba que este control era o resultado dunha "selección moi precisa" en función de informacións recibidas, ao parecer, da Federación Internacional.

Tras coñecer a noticia, Eugenio Bermúdez, secretario xeral da Federación Española e xefe do equipo olímpico de ciclismo en Beixín, declarou que é "lamentábel" que a corredora non entendese a mensaxe de "tolerancia cero e de que non hai escapatoria para os infractores".


5/5 (1 votos)


Comentarios (12)

rockandroll #1 11/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hahahahahahahahahahaha.....entre ombreiros deslocados e positivos nas provas anti-doping, vam competir por Espanha Manolo el del Bombo e Lina Morgan...hurra!!! Que sigam fazendo o ridículo!!!

rockandroll #2 11/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora que lhe dea um infarto ao Davizito Cal...

avacanomillo #3 11/Agosto/2008 avacanomillo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

menos mal que de vez en cando chega unha boa noticia, neste desolador panorama que é o nacionaldeportismo...
estes españois xa non saben como facer patria, todo o día bombardeando nos medios cos seus deportistas.
cada vez que españa gaña unha medalla de ouro, os galegos perdemos un 5% de identidade. os neniños galegos xa só aspiran a xogar nas selecións españolas...
en fin, a ver si cando regresen lle pasa como ó manchester united...

Barcelos #4 11/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡¡Drogatas!!

Gaviotero #5 11/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Curioso a dónde le lleva a Vieiros el antiespañolismo exacerbado de sus redactores. A exaltar un caso de dopaje, pasando por alto los numerosos triunfos de España en uno de sus mejores años deportivos, donde se ha situado como Nación entre las mejores del mundo. Y en los mundiales, con dos medallas ya en el casillero.

Pero qué le vamos a hacer...a algunos, cuando no tienen de qué presumir, no les queda más que vomitar.

Y encima, con falsedades, pues este no es el primer caso de dopaje en los Juegos.

Nada, nada...seguid contentándoos con vuestros amistosos frente a Camerún y otras parvadas propias de aldeanos totalitarios.

spider #6 11/Agosto/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vale, estáaa beeeen... España, medalla de plata en dopping....

spider #7 11/Agosto/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mellor aldéan ca pailán!

XoseHenrique #8 12/Agosto/2008 XoseHenrique
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, mellor aldean ca pailan, pero por desgraza na nosa terra non andamos escasos de aldeans pailans coma rockandroll e avacanomillo. Diriavos que porque non morredes vos e asi limpamos un pouquiño o pais, pero seria rebaixarme a vosa altura, e iso e moito rebaixarse. Non ten loxica desexar a morte de ninguen, ainda mais cando non te fixo nada.

"ciclista aragonesa??" ata onde eu sei Xerona e de Cataluña xDD ainda que me podo trabucar e en Aragon tamen haxa un pobo chamado Ribas de Fresser, que pode ser.

roixordo #9 12/Agosto/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavi, si é o primeiro caso de dopaxe descuberto nos xogos (non mintas ti), e non se está xogando ningún mundial, son os Xogos Olímpicos. A ver se non enteramos un pouquiño antes de botar a lingua a pacer... Obrigado polo de aldeán

lenin #10 12/Agosto/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Antes de comezar os Xogos xa expulsaron a varios por dopaxe, como por exemplo o equipo búlgaro de Halterofilia.
De tódolos xeitos o deporte español é nefasto. Gaviotero di: xa levamos dúas medallas. Jajaja. Non hai mais que ver os resultados de natación. Un só finalista español(7º). Deberían mirar estos patrioteros os resultados de Holanda, Italia ou Francia, que en teoría deberían ser parellos. Xa non entramos a comentar o potencial español en deportes como a halterofilia... Ou a non clasificación en fútbol...
O outro día un diaro español titulaba: "Hasta en esgrima". Curioso titular tendo en conta que a esgrima é un deporte inventado por Gaviotero e os seus antergos e no que consiguen a primeira medalla da súa historia, bronce, celebrándoa como se foran os mellores do mundo. Por exemplo Italia conseguiu en esgrima 2 ouros e un bronce...
Non hai mais que mirar o medallero ó final das Olimpiadas para ver o potencial do deporte español, que estará por baixo de Australia, Cuba ou Holanda(con menos da metade dos habitantes de España). E se queda alguén por convencer que mire o medallero histórico da olimpiadas no que españa está nun meritorio 28º posto por detrás de Grecia, Bélxica, Dinamarca, Suiza, Holanda, Finlandia, Suecia, Hungría... Hungría 449 medallas, España 94. Jajaja.
E o peor de todo é que das 94 medallas a inmensa maioría son de cataláns e vascos, que consiguen esas medallas gracias ó apoio dos seus gobernos(vasco e catalán) e co desinterés do goberno central(mirar waterpolo ou hockey herba), para que despois veña algún patriotero tipo Gaviotero vanagloriándose dos éxitos do deporte "español".

rockandroll #11 12/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ui, como dis essas cousas,XoseHenrique...nom vês que isso é apologia do terrorismo? Quem me vai ajudar a morrer? Ah! esquecia que o de terroristas só vale para os de um bando. Bom, vamos ver se ajudamos a nom ganhar a Davizito Cal, nom sei, serrando-lhe a piragua...? hehehe

piorno #12 14/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Praticamente a totalidade dos ciclistas profissionais tomam substâncias químicas encaminhadas a melhorar artificialmente o seu rendimento, como reconhecem (em privado, isso si) muitos deles, bem como os directores das suas equipas. Algum até o tem reconhecido em público, em voz baixa.

Que umhas sejam consideradas dopagem e outras nom, só é questom dos critérios, nunca claros, que forem aplicados.

Em muitos outros desportos profissionalizados, os interesses económicos que movem exigem dos desportistas esforços quase sobre-humanos, que os levam a umha situaçom similar à do ciclismo.

É a grande mentira que acontecimentos como os Jogos Olímpicos promovem. A falácia do enganador «espírito olímpico» é manifesta. Muitas das medalhas som conseguidas graças à química.

A vida desportiva dos competidores é curta (artificialmente encurtada, diríamos) e muitos acabam com o corpo desfeito a poder de ingerirem substâncias. O desporto a esses níveis é absolutamente insalubre.

Quanto às medalhas, Espanha já pode somar mais umha. Medalha de ouro em dopagem (http://diariodigital.sapo....

Mas um outro desporto é possível. Natural, saudável e nom profissional.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: