Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DOUS DÍAS PARA PECHAR AS VOTACIÓNS

O premio do público é cousa de tres

O prazo para votar finaliza a medianoite do mércores para o xoves. O xoves 14 anunciaremos o gañador.

Redacción - 10:30 12/08/2008

O tempo remata. Quedan menos de dous días para pechar as votacións do público, e parece que o premio é cousa de tres. Roger de Flor e SkandaloGZ levan días pelexando pola primeira praza, con diferencias moi pequenas que nunca superaron os douscentos votos. Un pouco máis atrás, a Banda Potemkin, que foi o grupo que obtivo máis votos na primeira fase, aínda mantén as súas opcións, aínda que xa se atopa a uns seiscentos votos do líder.

Os demais seguen sumando apoios, igualmente, sobre todo Trapos sucios, rozando os novecentos votos, ou Sínefres e Medomedá, que xa superaron amplamente os cincocentos. Porén, fican xa moi lonxe das cifras das tres cancións que encabezan as votacións e terían que pegar un chimpo espectacular nestes dous días para ter algunha opción.

Aínda se pode votar até a medianoite do mércores para o xoves. O xoves pola mañá, sumados os últimos votos das chamadas á Radio Galega e os votos por SMS, anunciaremos a canción gañadora do premio do público. Os restantes temas finalistas terán aínda o premio do xurado, que é ademais o que lles permitirá representar a Galiza no Festival Liet Lavtut. A decisión final do xurado anunciarase o sábado ao mediodía, en Vieiros e no Extrarradio da Radio Galega. Será a fin de semana do A Polo Ghit na fin de semana máis festeira do verán galego.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: