Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Análise sobre infraestruturas

O transporte áxil e barato no eixo atlántico debera ser "prioridade absoluta" fronte ás leas co TAV

Unha liña de tren proximidade Pontevedra-Vigo é até "dez mil veces máis urxente que o AVE a Madrid", din desde o Seminario de Estudos Socioeconómicos con sede na cidade do Lérez.

Redacción - 19:00 12/08/2008

"Cangas e Moaña desde que se suprimiu a peaxe van como foguetes", reflexionaba este martes Xosé Pérez Vilariño, coordinador do Seminario de Estudos Socioeconómicos Carlos Velasco, de Pontevedra, ao respecto da evolución económica no Morrazo.

Pérez Vilariño poñía este exemplo para defender que a aceleración das comunicacións e a rebaixa nos custos é unha "prioridade absoluta" no eixo Vigo-Pontevedra. "Constitúe o núcleo vertebrador da área máis dinámica non só da provincia senón de toda Galiza", explicou Vilariño.

Foi durante a presentación do último boletín desta plataforma de estudos estratéxicos, onde se subliñou ademais que a unión das dúas cidades de xeito "áxil e barato" é "dez mil veces máis urxente que o AVE a Madrid". O Seminario conclúe que os datos de mobilidade, poboación e evolución económica demostran que entre ambas as dúas cidades existe un notable grao de interdependencia, e ao mesmo tempo inflúen decisivamente nos municipios do ámbito que, por esta circunstancia, experimentan unha tendencia á alza no número de habitantes.

Pérez Vilariño insistiu en que máis alá de calquera discurso localista ou confrontación política debe reclamarse a configuración do eixe Pontevedra-Vigo, e reiterou a idea de que na práctica xa existe o que denominou unha "Rexión Urbana" que abrangue as áreas de Vigo, Pontevedra, O Morrazo e O Salnés, un total de 32 municipios da provincia que suman 700.000 habitantes.


5/5 (6 votos)


Comentarios (5)

ulo #1 12/Agosto/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E o eixo Coruña Ferrol, que atinge a outros 700 mil habitantes.
NA GALIZA. TREN DE PROXIMIDADES XA, FORA O AVE, É UN DESPILFARRO.

mistermarxal #2 13/Agosto/2008 mistermarxal
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Totalmente dacordo co tren de proximidades dunha vez!!!pero, e as provincias do interior? seguimos esquecidas. é normal que sexa imposible chegar de ourense a lugo nun tren directo? é lóxico que se tarden 2horas no traxecto ourense-vigo? o do ave non ten sentido ningún neste país

baltar69 #3 13/Agosto/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o ave supón un goloso trasvase de capitais impositivos dende os petos da cidadanía ás multinacionais tecnolóxicas e de obra pública. son esas grandes corporacións ( siemens, alstom, bombardier, acs ) as máis interesadas nestas infraestructuras e a clase política, teórica detentora da vontade popular, actúa únicamete de correa de transmisión de estes trasvases económicos, obviando calquera estudo do interés ou do impacto que as obras poidan causar na poboación.
sin ser experto na materia en absoluto, entendo que sería de moito maior calado contar cunhas infraestructuras sostibles que vertebrasen o territorio galego e a conexión de éste ca franxa atlántica e con europa antes da monada de engancharnos con madrí ou con andalucía. pero o gran capital do estado español é profundamente centralista e a antígua capital de castela a nova ten que ser o epicentro da vida económica e social mentras o resto bate a pandereta para que eles bailen.

Tino #4 19/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

baltar69, xa sabes q tes un alter-ego no xornal LaRegión?

baltar69 #5 19/Agosto/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hostias, tino, pois non o sabía. é que ourense é terra de moito baltar de dios; até eu mesmo traballo alí, pero non son da provincia dos méus homónimos xosé luís e xosé manuel e non teño nin moito que aprender nin moito que ofrecer ao infumable pasquín da familia outeiriño.
eso sí, fai meses, indignado, mandei unha diatriba logo da actuación dun mediático persoaxe dentro do programa do miteu de este ano, nota que por certo colleitou unha interesante cantidade de improperios cara a miña persoa e donde, nalgún dos cales, se presumía que era por mor da miña formación católica e ideoloxía popular que eu falaba mal do paisano en cuestión, limitándome a transcribir un texto que tiña " recibido de madrid ".
esa asimilación persoal ás posturas de algúns políticos arriba mentados parecéume fóra de toda medida ( as voces máis estentóreas tampouco me resultaron agradables, pero un ten que apandar as veces o tocar ídolos de certos estamentos )e servíume de escarmento, polo que non volvín someter as miñas inquedanzas ós censores do medio, pois, en xeral, parecéronme bastante pouco estimulantes e, quizás xeralizando en demasía, exportei ó común dos séus lectores/suscriptores esa imaxe excasamente edificante.
ademais, e ahora sí que é por ideoloxía, eu nunca podería ensarillarme nun experimento tan caduco que, tanto tempo despois e xa ben apagados os ecos do rexionalismo, siga nomeando a cabeceira de esa forma. por que esto é un país e o que non o vexa así no 2008 é que está máis cego que stevie wonder.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: