Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATRANCOS DA ADMINISTRACIÓN

Mariñeiros que traballaron en buques noruegueses non cobran a súa xubilación

O BNG pide solucións para este colectivo, cando menos 110 afectados, cuxa cotización non foi contabilizada polo sistema da seguridade social.

Redacción - 09:30 14/08/2008

Unha boa parte dos mariñeiros que traballaron a bordo de buques noruegueses nas décadas dos 60,70 e 80 non teñen contabilizado este período como cotizado nin pola seguridade social do estado español, nin no país nórdico. Sen embargo, pagaron os seus impostos en Noruega, estado que non os considerou residentes ata o ingreso do Estado español no Espazo Económico Europeo (EEE), no 94.

O BNG vén de denunciar os moitos atrancos que están a atopar estes mariñeiros para percibir a contía íntegra que lles correspondería polos anos que levan traballados. Na súa resposta á pregunta parlamentar nacionalista, o goberno galego alega que esta situación xa mudou a raíz da sinatura do acordo de Noruega coa Unión Europea e recorda que as competencias nesta materia corresponden ao Instituto Social da Mariña (ISM). O BNG insta agora á Xunta a que prema ao Estado na procura dunha saída a esta situación.

110 afectados
Os mariñeiros cumpriron coas súas obrigas fiscais en Noruega, malia carecer do dereito a cotizar na súa seguridade social, por non seren residentes no país. Ademais, o seu vencello a unha empresa contratista dese Estado non implicou a alta no sistema que podería garantirlles hoxe o cobramento da súa pensión, ao que se suma que o Seguro de Pensión daquel país só se aplica aos seus cidadáns. Mentres, a Seguridade Social española tampouco os recoñece por traballar en buques con bandeira estranxeira e desenvolver a súa actividade fóra do Estado español.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: