A arquidiocese de México tamén lle recomenda ás mulleres que non entren en "conversas ou chistes picantes" cos homes para evitar converterse nun reclamo sexual.
Non usar "roupa provocativa", coidar as miradas e acenos, non permanecer a soas cun home, aínda que sexa coñecido, non permitir familiaridades co sexo masculino e non admitir chistes picantes. Estas son algunhas das recomendacións que vén de facer a arquidiocese de México ás mulleres católicas para evitar "ser obxecto sexual para os miróns que as rodean violándoas coa imaxinación". A recomendación forma parte dun informe previo ao VI Encontro Mundial das Familias, que se celebrará no país en xaneiro de 2009.
O sacerdote Sergio G. Román é quen asina esta reflexión, que non ten desperdicio. Asegura que hai anos as mulleres mexicanas levaban saias longas, co que os homes só podían albiscar as súas pernas cando chovía. Agora, sen embargo "xa non se precisa agardar á chuvia para verlles os nocellos ás rapazas" porque usan minisaias, embigueiras, calzas ou biquinis, o que fai que a igrexa se pregunte polo pudor. Ademais, o sacerdote asegura que moitas mozas se senten incómodas coas roupas de moda, tal e como se demostra cando a miúdo tratan de baixarse a saia ou taparse o escote, para evitar ser obxecto das miradas.
Ademais, cualifica á vestimenta das mulleres como unha prostitución mental: "cando exhibimos o noso corpo sen recato e sen pudor, prostituímolo porque provocamos nos demais sentimentos cara nós aos que non teñen dereito, é dicir, prostituímonos mentalmente". As demais recomendacións da igrexa mexicana, poden consultarse na súa web Desde la Fe, onde tamén ofrecen outras informacións de interese como se é pecado ou non poñer unha tatuaxe ou se é contrario ao catolicismo crer nos extraterrestres.
As batinas dos cregos também entram na categora de «roupa provocativa»? Porque nom deixa de ser um saial.
«...os mirones que as rodeiam violando-as com a imaginaçom»?
Os membros da hierarquia católica som uns autênticos obsessos sexuais. E como se atrevem a falarem de «prostituiçom mental» quando umha rapariga mostra um centímetro mais do seu corpo do que estes fundamentalistas admitem? Querem-nas a todas com umha burca. Depois ainda falarám do fundamentalismo islamista!
E tudo isto dizem-no quando uns quantos líderes dessa seita chamada de catolicismo se dedicam a violar, e nom mentalmente, crianças, com o silêncio conivente do Vaticano.
A deus rogando e com o malho dando.
Viva o corpo, a natureza e a LIBERDADE!
E abaixo os censores, os repressores, os hipócritas e os fundamentalistas.
Como dicía o presidente da Xunta (Santiago Segura) na película Airbarg: "A culpa téñena os pais que as visten como putas..."
E a igrexa mexicana para non ser menos di que a culpa das violacións téñenas elas, que provocan aos homes.
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
Coidadito,que vienen los gallegistas!
Estaste facendo algo pesado asterix,polo menos cambia de nick que asterix é un dos recordos máis entranhables da minha infancia...
Estou farta de oílos. Supoño que coma tantas e tantas. A igrexa católica adoece cando as mulleres nos convertimos nas donas do nosos corpos. Fiscalizan ata as nosas vestimentas: queren que vaiamos ben tapadiñas, se é cun "burka" mellor! Son uns pervertidos, eles si que van contra-natura.
Vivan os corpos e mentes ceibes!