Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas de Greenpeace

Advirten do perigo de aumentar a permisividade nas declaracións ambientais das obras públicas

Acusan ao goberno español de incumprir as promesas electorais e de favorecer a desfeita medioambiental.

Redacción - 15:10 16/08/2008

O colectivo ecoloxista Greenpeace manifesta o seu profundo rexeitamento ás medidas anunciadas polo presidente do goberno español para liberalizar a economía. Estas medidas pasan por reducir os trámites das declaracións de avaliación do impacto ambiental para pór en marcha as obras públicas. Segundo declaracións de Juan López de Uralde, director de Greenpeace, isto é "unha mostra máis do pouco que o presidente valora as súas promesas electorais"

A organización ecoloxista considera que reducir estes trámites han converter ao medio ambiente nunha nova vítima da crise económica. Este trámite é fundamental para a salvagarda dos valores naturais do territorio e a súa redución colocará en perigo numerosos hábitats, moitos deles vitais para a supervivencia de especias en vías de extinción.

Greenpeace considera que o mes de agosto é o menos indicado para unha proposta destas características, e denuncia a falta de respecto e interese do goberno español pola protección do medio ambiente. Uralde destacou que "a economía baseada na Investigación e na Innovación que di promover Zapatero fica moi lonxe da promoción do cemento e o formigón a calquera prezo".


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: