Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aínda que ve difícil un acordo

Rajoy anuncia a súa disposición a negociar co BNG de cara a vindeira lexislatura

Afirma que se o PPdeG é a forza máis votada buscará o apoio dos nacionalistas.

Redacción - 13:30 16/08/2008

Mentres o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, non aclara se vai adiantar a este ano os comicios galegos, o resto das formacións moven ficha. Así, o presidente do PP, Mariano Rajoy, sinala nunha entrevista publicada este sábado por El Correo Gallego que a formación conservadora está disposta a negociar co Bloque en caso de ser a forza máis votada nas vindeiras eleccións.

Aínda que Rajoy asegura que o pacto cos nacionalistas é difícil, négase a pechar esa posibilidade. As palabras do pontevedrés chegan logo de que na primavera, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo (PPdeG), xa anunciara a disposición dos conservadores a dialogar co Bloque.

O vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, saíu ao paso das declaracións de Rajoy ao pouco de coñecerse o contido da entrevista. Para Varela, as palabras de Rajoy débense a que xa dá por feito que o PPdeG vai volver estar na oposición e que será “o principio do seu fin”. O socialista non quixo falar do adianto electoral e reiterou que a decisión última é do presidente.


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: