Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En fase de elaboración

Rajoy escolle Galiza para confirmar un proxecto de lei que privilexie o castelán

O líder do PP teima en subliñar como imprescindíbel unha lei a prol do español e avanza que o seu grupo vaina presentar proximamente no Congreso.

Redacción - 09:30 18/08/2008

Coas eleccións galegas á porta, o PP ameaza poñer o debate lingüístico en primeiro plano. O líder do partido, Mariano Rajoy, confirmou esta fin de semana que o seu grupo traballa na elaboración dunha lei a prol do castelán. Rajoy explicou, durante unha entrevista concedida en Pontevedra á axencia Europa Press, que se trata dunha iniciativa coa que o PP quere "garantir o uso do castelán" en todo o Estado ao considerar que "están en perigo dereitos individuais das persoas".

"As persoas teñen que ter dereito a falar o idioma que mellor lles pareza e eu son partidario niso da liberdade e do exercicio dos dereitos individuais", afirmou Rajoy. Por este motivo, o presidente do PP avanzou que en canto se inicie o período de sesións no Congreso, o seu grupo presentará unha proposición de lei "para garantir o uso do castelán". "É unha lei de garantía de dereitos individuais, que desenvolvería os artigos da Constitución que fan referencia a eses dereitos", dixo.


1,1/5 (10 votos)


Comentarios (29)

Gaias #1 18/Agosto/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Catalunya non hai collons, verdade Rajoy?. Ali si saben defender a sua lingua e identidade, e ben que o sabe o PP que pagou nas ultimas eleccions o ataque o catalan, dende a lingua ata o estatut.
Pois e en Catalunya donde se estuda 100% en catalan e non en Galiza que ninsequera se cumpre o 50%. Aqui a lingua que esta discriminada chamase galego, sobre todo en ambitos coma o ensino, sanidade, xustiza e mundo laboral.
Alguns estamos fartos de que queiran usar a Galiza coma modelo de comunidade sumisa para Catalunya e Euskadi.
Iso si, que logo non veñan vendernos a moto de que son un partido galeguista, pois estan defendendo a plataformas que chaman a "cruzadas" contra o galego e queren facer apartheids linguisticos nas escolas. Ademais de relegar o galego, coma no franquismo, o ambito da familia e o folclore.
Isto mentres queren IMPOÑER por lei o castelan no ensino e vida publica.

Garrano #2 18/Agosto/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que non me explico é como sen asinar Feijoo o "Manifiesto por la Lengua Común" veñen agora desde Génova a facerlle estes "favores" pre-electorais.

Galezio #3 18/Agosto/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom, olho a este "napoleón" frustrado...Um patético Rajoy que nunca ganhar-vai na Espanha mas sim vai fazer muito dano na Galiza,outro Fraga.Espero que o BNG esteja à altura. Há que manobrar com inteligência, levar ao PSOE a ter que se manifestar...

Galezio #4 18/Agosto/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E este é o que quere "falar" com o BNG? De que? do Tempo?

Dogma #5 18/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

EU QUERO FALAR CHINES.

Gaias #6 18/Agosto/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dentro de pouco imos ter que convertir o galego no primer idioma martir, pq esta a ser atacado por PP,UPyD, Galicia bilingue, empresas, igrexa, medios españolistas coma a COPE,Libertad digital, el mundo,la razon, abc,etc.
Nin no franquismo sofreu tal persecucion.
Ser galego falante hoxe en dia e toda unha heroicidade.

estrela_vermella #7 18/Agosto/2008 estrela_vermella
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, ai, ai. Isto si que é preocupante. Estou totalmente de acordo con Gaias: usan Galiza coma modelo de sumisión ao estado español.

Garrano #8 18/Agosto/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os do Psoe serán todo o falsos e españoleiros que queirades mais lembrovos que Mariano Rajoy e o "Señor de los Hilillos" son a mesma persoa.

gamela #9 19/Agosto/2008 gamela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que existen moitos a quen votarlle a culpa, e con razón, se hoxe en día o galego está nesta situación é por obra e gracia dos galegos, Nos somos os responsables, os que non sabemos querer á nosa lingua nin a nós mesmos, a lingua é algo vivo, que non se mata se os falantes se opoñen.

Propoño: desterremos a Rajoi xa!!! Que nin se lle ocorra volver a dicir que é galego

Anti_Lusista #10 19/Agosto/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espero e desexo que este país tome nota, o PP leve os paus que se merece, o PSOE, que non é PSdG tamén, o BNG suba, e que unha TEGA sen Padín acade representación. Demasiado bonito...

Galezio #11 19/Agosto/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por uma vez concordo com o Anti_lusista, que o BNG ganhe...Mas não concordo com que se tenha que ser anti-nada, e se "anti..." dos que defendemos a língua da Galiza (que agora mesmo está a sofrer mais ataques "democráticos" que com Franco...) pois bem, tu mesmo.Anti? o porquê?
Eu posso não concordar com os que usais o "ñ" porque acho que estades a defender o castelhano dentro do galego, mas não sou "anti..." Sim sou anti-Fraga,anti-Rajoi, anti-dictadura"!!Anti-COPE, anti-fascista...Em fim, tu mesmo filho!! Por vezes acho que alguns vedes muitos "moinhos de vento"!!

LOIS_DE_SILAN #12 19/Agosto/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Calquera persoa na súa vida particular tenvos dereito a usar calquera lingua en calquera parte do mundo con calquera outra da súa comunidade lingüística que queira ser interlocutora dela (art. 27 PIDCP). E isto, sen prexuízo de integrarse na comunidade lingüísica territorial (ex principio de soberanía).

Calquera español que lexitimamente aínda descoñeza a lingua española propia do territorio no que se atope tenvos dereito a usar o castelán (se o sabe!) cos outros españois que tamén o saiban. E, correlativamente, estoutros interlocutores del téñenvos a obriga de usaren o castelán con el até que razoabelmente poida coñecer a lingua propia do territorio. Momento este no que perde o dereito de uso do castelán agás docendi causa, iocandi causa ou por outras causas igualmente especiais. E isto porque os españois temos a obriga de integrármonos na comunidade lingüística propia do territorio, e non só polo especial respecto e protección que entre todos lles debemos dar ás distintas linguas españolas (ex art. 3.3 CE) senón, sobre todo, porque os usuarios da lingua propia do territorio téñenvos dereito a teren interlocutores na súa lingua como en Castela o teñen os usuarios da lingua española propia alí (ex art. 14 CE).

Algúns que desprezan a cultura, o patrimonio cultural inmaterial español e mais da humanidade pretenden o xuridicamente imposíbel dereito a ignoraren as linguas españolas distintas do castelán. Pretenden a desaparición da obriga constitucional de se integraren na comunidade lingüística española propia do territorio no que desenvolvan a súa vida.

Dito doutro xeito, pretenden ter sempre interlocutores en castelán (porque son membros habituais desta comunidade lingüística!) en calquera parte do Estado español, pretenden obrigar os seus interlocutores membros habituais doutras comunidades lingüísticas españolas a renunciaren ó seu dereito irrenunciábel a usaren a lingua do territorio, a teren interlocutores na lingua do territorio como en Castela os teñen en castelán os membros habituais da Comunidade Lingüística Castelá.

Pretenden unha discriminación lingüística constitucionalmente prohibida.

Mais, os que asi pensan tamén votan e o PP e outros da mesma corda queren apañar eses votos. Ese évos o palco da cuestión e non un problema de dereitos individuais; pois, se así fora, tamén pedirían que os das outras comunidades lingüísticas españolas tiveramos interlocutores nas nosas linguas en calquera parte do territorio do Estado: saber todos todas as linguas españolas e renunciarmos fronte ó usuario da lingua allea ó uso da territorial propia!

Con todo, a xeralizada ausencia de argumentos iuslingüísticos nos membros das comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá e mais nos seus representantes institucionais poden estirar excesivamente a solución simple dun problema relativamnte complexo: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia.

Anti_Lusista #13 19/Agosto/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galezio o meu alcume é o que é, eu penso que galego é portugués sonche o mesmo, mais discrepo en chamarlle portugués ao galego cando tería que ser ao revés. O galego portugués naceu eiquí, na Galiza, e iso a meirande parte dos portugués non lles gusta nada e din que é mentira. A pesares do meu alcume non lle gardo rancor aos lusistas, pero xa o expliquei no seu momento.

Por outra banda non penso que gañen os peperos, e mais cando na provincia de Ourense e Lugo, zona de voto infalibel ate o de agora, as cousas non marchan ben. Coido que é o momento do bloque, e polo ben deste país compre outro partido nacionalista do mesmo xeito que hai outros partidos nacionalistas en Euskadi e Catalunya, e deste xeito habera un estatuto de nación así coma outras medidas.

Maeloc-do-Rouco #14 19/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais umha vez concordo com o Anti-Lusista..e acho que ja explicou bem avondo o por que desse nome...Ainda concordando no substancial tambem com o Galezio nom chego a comprender o por que nom (agora que recobra-mos o auto-reconhecemento logo se seculos de miseria historica..que dalgum jeito continua...e no caso de ataques "democraticos" a lingua ainda a pior) somos quem de entender que o portugues, por moito que fora o que mantuvera a lingua GALEGA relativamente a margem do castelhano (e digo relativamente polo facto de ser um estado independente, ainda que nalgumhas cousas e tam dependente ou mais ca os galegos do Norte)..o portugues e umha forma do galego e xamais ao contrario...Isso seria como chamar-lhe ao castelhano argentino ou andaluz..Se somos quem de recobrara a dignidade e a verdade historica da Galiza e reconhecendo a necesidade de milhorar o conhecemento mutuo e o dialogo (viziado por seculos de ignorancias, complexos e mintiras oficiais)entre dous paises irmans e que falam a mesma lingua (tenho as minhas duvidas no que atinge a ser-mos a mesma naçom polo facto de nom partilhar-mos elemntos culturais e etnograficos (agas com o Norte de Portugal...que tambem e cultural e antropologicamente galaico) com o centro e o sul portugues ...De facto acho que ha elementos (entre os que nom esta a lingua jaora) que temos mais em comum com Asturies, Euskadi e o Norte de Castela que com o Portugal lisboeta, que fala a nossa linguamais que nom partilha a nossa alma nacional....Apertinhas

Lisboeta #15 20/Agosto/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gostava de vos deixar a minha opinião (acho que é sempre bom conhecermos o ponto de vista do outro). Sou filho de um militar português de Braga e embora seja Lisboeta a alma ou outra coisa puxa-me para o Norte para as terras do meu pai. Acho que que existe uma grande ignorância mútua entre os dois lados da fronteira o que tem sido do interesse dos dois estados. Acho também que o psiquismo dos povos numa escala temporal de centenas de anos é parecido com o psiquismo individual ao longo de décadas... Os galegos foram "abandonados" há quase 900 anos pelos irmãos que tinham mais vontade de ser independentes e que decidiram começar uma vida nova. Assim os dois povos sentem essa separação e reagem de formas diferentes. Os portugueses com consciência pesada pelo abandono reagem tentando esquecer os irmãos que ficaram do outro lado para doer menos... Os galegos tentam analizar todas as deficiências dos portugueses para se auto-justificarem por não terem seguido o mesmo caminho... como consequência tentam tudo para se identificarem com os seus "sequestradores" (Síndrome de Estocolmo) como diz a Wikipedia - A Síndrome de Estocolmo (Stockholm Syndrome) é um estado psicológico particular desenvolvido por pessoas que são vítimas de sequestro. A síndrome desenvolve-se a partir de tentativas da vítima de se identificar com seu captor ou de conquistar a simpatia do seqüestrador. -

Perdoem-me os que não concordam mas creio que isso explica muitas das coisas que a mim me parecem incompreensíveis como sejam o chapurreado e as atitudes da RAG.

Um dos efeitos mais notáveis do síndrome de Estocolmo é que leva as vítimas a colaborarem com o agressor em chantagens e outras agressões à própria família. Foi com espanto que soube já há muitos anos que a tese de Franco na Academia Militar tinha sido ... "Como conquistar Portugal em 24 horas" ou coisa parecida!! Será assim talvez mais fácil para os galegos compreenderem um pouco da amnésia colectiva de muitos portugueses....

Outra coisa que por vezes vejo mal interpretada (na minha opinião) neste Forum é a questão portuguesa da regionalização e do centralismo. O primeiro ponto que as pessoas se esquecem é que Portugal é um dos poucos estados-nação que existem, ao contrário de muitos outros que são Federações ou Confederações forçadas. Por isso existe um corrente muito forte no psiquismo do povo a favor da descentralização mas sob a forma de municipalismo. Não são as "elites" ditas lisboetas que são contra a regionalização mas sim até ao presente o próprio povo. Uma parte importante das elites dos partidos são A FAVOR da regionalização pois vêm isso como a forma do "milagre da multiplicação dos cargos importantes". A regionalização é segundo a constituição um objectivo do estado que só ainda não aconteceu porque foi derrotado em referendo popular. Como já passaram alguns anos deve estar nova tentativa a caminho... De qualquer forma a regionalização já existe nas ilhas atlânticas, Açores e Madeira, e embora nos Açores as coisas corram bem o exemplo da Madeira reforçou o medo colectivo da Regionalização... o tempo dirá qual o caminho do futuro...

Deixo finalmente a minha opinião relativamente a outra coisa que preocupa muitos galegos e de novo que me perdoem os que não concordarem. O nome da língua galego, português, brasileiro, angolano ... Olhando para a História é fácil de compreender porque é que o galego passou a ser conhecido como Português. A razão é simples, era a língua que falavam os portugueses que dividiram o planeta em duas zonas de influência com Castela pelo tratado de Tordesilhas e que deram a conhecer o galego ao mundo... Não foi para diminuir os galegos mas apenas um resultado prático da história. Por se reconhecer a sensibilidade da temática nalguns povos se passou a falar de
de Lusofonia. De qualquer forma este é mesmo um tema irrelevante porque os mesmos tipos de factos históricos que levaram o galego a ser conhecido como português, levará um destes dias a que o português seja conhecido como Brasileiro ... Portanto, será que vale a pena alimentar esta querela?

Saudações Lusófonas,

Maeloc-do-Rouco #16 20/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom concordo lisboeta, o portugues segue a ser umha forma do galego, do mesmo jeito que o "americano" e umha forma do ingles (nota que nom digo o imperial "britanico" mas ingles em atençom as origens), o mexicano umha forma do espanhol e o valenciano umha forma do catalam. Eu mais bem acho que os portuguesse preferiram ignorar ao galego porque lhes permitia manter essa vissom (aprendida e fornecida pola ignorancia e polo interesse "estrategico") ficticia dumha Espanha castelhana na que a Galiza esquecesse as suas verdadeiras origens. Portugal "inventou" o seu mito lusitano -cujas cidades mais importantes foram Merida e Salamanca- e no caos geralizado o idioma criado polo genio galaico (o qual inclue ao Norte de PortuGAL que de facto e onde "os galaicos" originais moravam) paasou a ser outra coussa que JAMAIS tuvera sido...E a Historia convem rectifica-la porque hoje sabemos e podemos faze-lo...O outro ao meu olhar som contos de medo que mete medo e preguiça intelectual

SAUDAÇONS PORTUGALEGAS

Lisboeta #17 20/Agosto/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Maeloc-do-Rouco, concordo com quase tudo o que dizes e ninguém tem dúvida que o "português" nasceu do galego e o "brasileiro" do português e que o galego foi a matriz base de toda a lusofonia. Mas também é verdade que foi a versão portuguesa que projectou a nossa língua comum por todo o mundo e que Portugal a conseguiu preservar de forma eficaz, e disso tem muito orgulho. Ninguém deve obrigar nenhum povo a chamar à sua língua coisa diferente do que lhe quiser chamar, para mim isto é um axioma!! Os galegos não têm que chamar à sua língua português nem os portugueses têm que chamar à sua língua galego, apenas têm que falar na sua língua comum e entender-se ... é isto que eu quero dizer. A discussão sobre o nome da língua é em si mesma estéril e destrutiva pois mexe com os egos e auto-estima dos povos, sem trazer nada de positivo à afirmação e projecção da língua.

Saudações Portugalegas!!

galegodosul #18 20/Agosto/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Toda a gente sabe que a nossa língua comum nasceu na antiga Galécia e que, por isso, se deveria chamar Galego. No entanto, é perfeitamente natural que, após a libertação de um condado galego (Portucalense), os seus naturais, num direito legítimo de afirmação, lhe tenham começado a chamar Português, língua que se foi expandindo para sul e para...o mundo.
O Galego-Português é hoje uma língua falada por cerca de 250.000.000 de pessoas. Este facto é que deveria fazer pensar todos os Galegos que, no dia-a-dia, usam preferencialmente o castelhano. Isso, sim, é que é uma VERGONHA!
Sou um Galego do Sul (Barcelos)e nunca, nas minhas viagens à Galiza do Norte, falo outra língua que não a nossa. Entendem-me perfeitamente, mas respondem-me em...castelhano. QUE TRISTEZA!!!
Fico por aqui, já que a Rajoy lhe chamaria outra coisa. E nós, GALEGOS-PORTUGUESES,temos «belíssimas» palavras para isso...!!!
Saudações Portugalegas!!!

Gaviotero #19 20/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La noticia es intencionadamente falsa. No se trata de privilegiar el español, sino de proteger los derechos de los castellanoparlantes en las comunidades gobernadas por los nacis, que es bien distinto.

galegodosul #20 20/Agosto/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É a primeira vez que me dirijo a ti, Gaviotero. E custa-me fazê-lo, sou sincero. Se és galego (tenho muitas dúvidas)porque defendes tanto a supremacia do castelhano sobre o galego-português? A língua própria da Galiza (e não Galicia)não é o Galego? Não achas que um povo pode e deve exprimir-se na sua própria língua?
Gaviotero, o teu nome é eloquente. És uma ave de rapina que queres destruir todos aqueles que se opõem à tua insaciável fome!
VAI PARA CASTELA E DEIXA-NOS EM PAZ!!!

Biosbardos #21 20/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ten razón Gaviotero trátase de defendelos dereitos dos catelán parlantes coma mín non de atacar o galego. Deixade de adoutrinar a xente Vieiros. Sodes coma os de Elmundo poñendo a noticia aquela da tarxeta sanitaria de Cataluña que non puña o número da seguridade social cando en verdade ninguén ten que pedir dito número. E se hai estas reaccións por parte do PP e por culpa do BNG que en vez de crear leis que igualen as dúas linguas queren facer coma lles ensinou tito Paco, é dicir, impoñer unha lingua. Iso sí neste caso o galego.

casacu #22 20/Agosto/2008 casacu
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a ver se aprendemos a pasar dos trolls, que non somos novos joder, pa que carallo pensades q esta xente anda metendose en paxinas q nada lles ten.
veña un pouco de seriedade nos foros. aqui todo o mundo pensa o mesmo, pero non podemos facer dun comentario de noticia, a lista de o q desexa cada un do futuro dalguns individuos fascistas, porla minha parte creo q e algo basico.

casacu #23 20/Agosto/2008 casacu
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

respecto da noticia, eu sigo dicindo, q necesito a opcion de q os meus fillos estuden enteiramente en galego, q para iso e a sua lingua. o resto coma se queren estudar en austrohungaro.
Esta deberia ser unha loita seria, a dun ensino, galego, laico, publico e de calidade. non e tanto o q se pide.

Maeloc-do-Rouco #24 21/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E de vergonha, falso, calumniosso, INMORAL e tudo o que queiras que pretendas comparar a normalizaçom do galego na Galiza (de onde e lingua propria e milenaria, alem de denostada e desprezada)...Se tu e mais eu falamos ou aprendemos o castelhano foi porque e e foi a unica lingua omnipresente em tudo o miolo educativo-politico-mediatico-economico da Galiza des que eu lembre..e isso malia seguir a ser lingua falada minoritariamnete em comparança com a lingua que no 1930 falava o 90 por cento da populaçom galega, malia ser umha lingua agrafa, dialectalizada e a populaçom meirandemente analfabeta...E de vergonha ler essas palavras dum galego cando um viaja por Gales e escoita gente procurar o espertar da sua lingua britonica (seguramente semelhante a que um dia se puido falar na area britoniense)...Isso chama-se DIGNIDADE..e sem isso NOM HA PRESENTE NEM FUTURO..HA MISERIA

Maeloc-do-Rouco #25 21/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Saudaçons fraternais para o "galegodosul" e mais pra o "lisboeta"...Sempre PortuGaliza!!

E tambem umha lembrança cheia de agarimo para as familias da tragedia aerea em Madri...

Maeloc-do-Rouco #26 21/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparar a situaçom do galego hogano com a do castelhano no franquismo (em Galiza nambos os dous casos) E DE PSIQUIATRA...NUNCA TANTO CASTELHANO SE FALOU NA GALIZA COMO AGORA E NUNCA MENOS GALEGO 9ate manha mesmo que a lingua imperial ganhar algum falante mais e a lingua nacional da Galiza seguira a perder algum dos seus...
-Canles de TV
-Radios
-Jornais.
-Comercios.
-Publicidade, artigos da merca diaria, etc..
...e por certo eu nom sei vos mais aos meus 34 anos estudei tudo tudo em castelhano (malia ser o galego a minha lingua materna e coma mim a de geraçons e geraçons de galeg@s que me precederam), agas a asignatura de galego...e isso foi em plena "democracia"...Vaites!!
-Poder Economico

Maeloc-do-Rouco #27 21/Agosto/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#21 Nom e "pecado" ter pouca vergonha, o que e PPatetico e turrar para diante e demonstra-lo

FROUXEIRA #28 21/Agosto/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manda truco có Rajoy, mira que se ten auto-odio, e por riba ven a Galiza a demostralo e non se pon vermello.
Claro que si non é en Galiza onde ía ser, en Euskadi e Catalunya non, en Valencia tampouco, nin en Balears, e en España non ten xeito.
Debería levar unhas labazadas, e supoño que as levará.

Biosbardos #29 21/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E de vergonha, falso, calumniosso, INMORAL e tudo o que queiras que pretendas comparar a normalizaçom do galego na Galiza (de onde e lingua propia e milenaria, alem de denostada e desprezada)...

Espera que río en galego gha gha gha Grazas a deus, que grazas a deus, por sorte esta é unha democracia e por iso o Bng non pode facelo, senón tempo ao tempo.

Se tu e mais eu falamos ou aprendemos o castelhano foi porque e e foi a unica lingua omnipresente em tudo o miolo educativo-politico-mediatico-economico da Galiza des que eu lembre..

Síntocho se eu falo castelan é porque a miña nai criouse fóra de Galicia e fala castelán. De feito era o único que falaba con dous máis castelán na escola, e gran parte dos profesores tamén falaban en galego. Esquecíaseme, por iso e porque non lle tiña ningún motivo para volverme neofalante (todo o respeto do mundo para quen queira selo). Por iso cos amigos eu falaba castelán e eles galego e nunca lle vimos problema ningún.

E de vergonha ler essas palavras dum galego cando um viaja por Gales e escoita gente procurar o espertar da sua lingua britonica (seguramente semelhante a que um dia se puido falar na area britoniense)...Isso chama-se DIGNIDADE..e sem isso NOM HA PRESENTE NEM FUTURO..HA MISERIA

Iso chámase ter outras cousas que facer. Por certo, eles teñen que espertar a súa lingua e nós chegar a un acordo da normativa... parece que temos xa un treito feito. E se buscas esa DIGNIDADE, mira para o espello ou pásate polo local dunhas desas asociacións estudantís coa estrela vermella.

Comparar a situaçom do galego hogano com a do castelhano no franquismo (em Galiza nambos os dous casos) E DE PSIQUIATRA...NUNCA TANTO CASTELHANO SE FALOU NA GALIZA COMO AGORA E NUNCA MENOS GALEGO 9ate manha mesmo que a lingua imperial ganhar algum falante mais e a lingua nacional da Galiza seguira a perder algum dos seus...

Canles de TV
-Radios
-Jornais.
-Comercios.
-Publicidade, artigos da merca diaria, etc..

Na literatura en español/castelán hai un poema chamado "Don dinero" de Francisco de Quevedo. Como dixéches que estudáches en castelán creo que o poderás ler ben.
Eu son o primeiro que collo o delúnsavenres, agora resulta que os que falamos castelán temos a culpa de que non haxa medios en galego... que queres ¿Que a xunta financia varias canles de televisión en galego? Xa Fraga financiaba O CORREO GALEGO e non tivo resultado ¿lingua nacional/lingua imperial? Pregúntome eu cal e o motivo de que sexa un valor engadido para aprender inglés que o falen moitas persoas e porén no caso do castelán sexa algo negativo... Creo que o feito de que chames lingua nacional ao galego é o quid da cuestión da nosa disputa.

Xa che dixen que eu si que fun educado en galego. E vergoña non terei porque non teño de que avergoñarme. Son dos primeiros a favor de que se difunda o galego de preocuparse de manterme ao día coa normativa aínda que non teña tempo e coste o seu mais non estou a favor da discriminación positiva económica ou administrativa, se ides turrar máis do debido non contedes conmigo.
Por qué será que Vieiros só mantén as noticias en portada cando teñen moitos comentarios a favor da súa postura....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete