Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No canto de responder as alegacións

Portos de Galicia acusa os veciños de reivindicacións "folclóricas"

A plataforma Ría Non se Vende recórdalle á institución as ducias de alegacións ao Plano Director de Instalacións Náutico Deportivas.

Redacción - 13:45 18/08/2008

"Estamos bastante en sintonía coas propostas marco dos ecoloxistas, pero cremos que hai que mudar a cultura folclórica da reivindicación sen argumentos porque desatender unha instalación portuaria significa en moitos casos un dano máis grave ao medio ambiente que non actualizala e poñela en uso". Deste xeito se pronunciaba o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, en entrevista co Faro de Vigo esta fin de semana.

Un pronunciamento que segundo avalían desde o colectivo veciñal Bouzas-Móvete é exemplo do apoio que Portos de Galicia lle outorga a un plan baseado nun modelo económico "privatizador e especulativo, que propón a ocupación e privatización de terreos públicos, que pretende transplantar o insustentábel modelo turístico do mediterráneo". A asociación, integrada na plataforma A Ría Non se Vende, á súa vez dentro da rede Galiza Non se Vende, láiase da indiferenza coa que as administracións tratan o amplo argumentario elaborado por colectivos veciñais e ambientais fronte ao plan náutico-deportivo.

"Resulta coherente que utilice a palabra folclórica de xeito despectivo, unha persoa que pretende destruir a identidade colectiva das vilas mariñeiras, o noso patrimonio marítimo e a nosa paisaxe formigonando o litoral", critican desde Bouzas-Móvete.

Forte impacto ambiental e económico
Entre as razóns que estas entidades esgrimen para criticar este proxecto, está o feito de que fose promovido desde o comezo coa opinión exclusiva do propio empresariado do sector, desde unha perspectiva do deporte náutico "elitista" coa que se xustifican intervencións no medio que os veciños cualifican de "interesadas".

Desde o punto de vista ambiental, as alegacións inclúen a advertencia sobre o impacto na dinámica das correntes mariñas, agoirando que se modificará a liña de costa con moitas praias que quedarán sen area e que se afectarán gravemente algúns ecosistemas dunares. O impacto nas rías implicaría paus diversos sobre a paisaxe submariña, con diminución da depuración natural, e afectación en zonas de alevinaxe e posta dalgunhas especies, bancos naturais e en xeral, perda de biodiversidade. Consecuencias que en último término, prognostican os ecoloxistas que se van traducir nun forte impacto económico sobre as actividades de pesca e marisqueo nas rías.

Critican desde A Ría Non se Vende que o plan de portos deportivos "ignora" todos eses probábeis efectos prexudiciais sobre a costa do país, promovendo unha multiplicación de amarres inédita a nivel europeo. Por este motivo, solicitan que se fagan "estudios serios" que guíen no futuro a construción e ampliación destes peiraos, garantindo o control dos impactos negativos asociados a estes proxectos e apostando por modelos turísticos "sustentábeis".


5/5 (5 votos)


Comentarios (4)

Dogma #1 18/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FODER... ¿COMA SE ATREBEN ESTES FOLCLORICOS A AMEAZAR AOS MEUS AMIGOS OS "PIJO IATES DE PASTA QUE TE CAGAS"?

¿SERÁN PORDIOSEROS E DESAGRADECIDOS?.

HA HA HA, soio lle faltou decir isto mesmo.. ha ha ha

borneira #2 18/Agosto/2008 borneira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que tal como argumentos a perda de area da praia de Silgar dende a construción do porto deportivo de Sanxenxo? ou a da praia de Aguete, ou a da praia de Beluso?. Alteración de correntes, miles de metros cadrados de zonas productivas baixo os recheos, compactación de fondos marisqueiros, destrución de areas de cría...máis de 20.000 empregos directos en Galiza en perigo "sen argumentos"...

Hermerico #3 19/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A gente queixa-se por queixar-se , porque nom tem nada que fazer. Se os portos desportivos nom fam mal ningum. Aliás som necessários, senom onde aparcar esses barcos dos publi-reportagens da Coz de Alicia. Como , que nom tendes um? a que esperades?

Tarelo #4 20/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

odos os que non defendemos intereses económicos privados somos uns "Folcloricos do Carallo!". Menos mal que non nos chamaron "fillos de súa nai"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: