Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRIMEIRA VEZ QUE PARTICIPA UNHA CANCIÓN EN GALEGO

'A festa non vai parar' representará a España no Eurovisión da música dance

Compiten corenta países, e o gañador coñecerase en decembro.

Redacción - 14:15 18/08/2008

O Eurodanceweb Award leva oito anos celebrándose en paralelo ao Festival de Eurovisión, elixindo en cada edición á mellor canción dance do continente. Nesta ocasión partipan un total de corenta países, entre eles España, que escolleu como canción representante, por vez primeira, un tema en galego.

Trátase da ben coñecida 'A festa non vai parar', de DjSon1c, coa voz da catalá Isis, que competirá con algúns dos máis coñecidos disc-jockeys e produtores de Europa, como o alemán Alex C e o seu tema Doktorspiele, ou a banda italiana Bloom06, un proxecto formado en 2006 por Maury Lobina e Gianfranco Randone, antigos membros do popular grupo Eiffel 65. Tamén participan artistas e grupos que representaron aos seus países nalgunha edición no Festival de Eurovisión, como o rumano Mihai Traistariu, o chipriota Evridiki ou o islandés Paul Oskar.

En decembro coñecerase o gañador, escollido por un xurado de expertos. Mentres, pódese votar polas cancións favoritas na web do certame. Polo de agora 'A festa non vai parar' atópase en quinta posición, por detrás de Rumanía, Suecia, Bulgaria e Italia.


5/5 (16 votos)


Comentarios (4)

Komun #1 18/Agosto/2008 Komun
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabens DJ Sonic! Moita sorte e agardemos que gañes. De tódolos xeitos a vitória máis importante foi a de facer a primeira canción dance en galego. A ver se aprenden outros que en Galiza triunfa o noso. GZ dance power!

xoca #2 18/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É moito bonita a musica que fixestedes. ¡Parabens! e que ganhes

xaiminho #3 19/Agosto/2008 xaiminho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

puxa!!!veña moito animo o que quendedes nunha boa posicion,parabens!!

Biosbardos #4 22/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a verdade é que está moi ben. Sorte.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: