Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Novas denuncias de "parcheo"

Máis paus no lombo dos investigadores "en precario"

O goberno español publica con máis de medio ano de atraso as axudas a investigadores posdoutorais e bota fóra da convocatoria os que buscaron choio pola súa conta nese período.

Redacción - 09:30 19/08/2008
Mobilización da FJI/Precarios en marzo de 2008

Mobilización da FJI/Precarios en marzo de 2008

"Inadmisíbel" é o cualificativo da Federación de Xoves Investigadores (FJI/precarios) ao respecto da decisión do Ministerio de Ciencia e Innovación de penalizar todo salario e bolsa, estatal ou de fóra, que pagase o traballo dos investigadores posdoutorais no período comprendido entre a finalización das súas teses e o pasado 8 de agosto.

O goberno español deixa así fóra da convocatoria de axudas a persoal investigador para a realización de estancias no estranxeiro aos que, fronte a tardanza do ministerio en tramitar o proceso, pagaron pola súa conta os custos. "Negociaron os seus contratos e custearon todos os gastos da viaxe e instalación nun país estranxeiro, só para veren como agora van premiar a súa iniciativa e esforzo excluíndoos desta convocatoria", denuncian desde o colectivo.

Un episodio que se une a outros "parcheos" que segundo a federación inclúen xa prazos imposíbeis de cumprir, erros en aplicacións informáticas ou atrasos inxustificábeis en resolucións. "Un novo despropósito do flamante ministerio responsábel da investigación, que volve entorpecer o traballo e futuro dos xoves investigadores, en contra do disposto nas recomendacións europeas", láianse.


3,4/5 (5 votos)


Comentarios (3)

Dogma #1 19/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Investigar en España non interesa, e ao goberno polo que se ve menos.

fillotolo #2 19/Agosto/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En España interesa que a xente non rebula demasiado. Que haxa un 70% da poboación que malvive pagándolle ao restante 30% (vividores funcionarios) uns salarios desproporcionados se os comparamos cos traballos non públicos e que garanten todos eses dereitos que os demáis por lei temos pero que soñamos con poder disfrutar algún día. Unha vergoña de país, onde un analfabeto pode estar cobrando de Garda Civil máis de 1500 € e un licenciado cun gran curriculum se ten que marchar fora no mellor dos casos, ou tragar co que hai aquí. Non imos avanzar nunca, xa fai tempo que cheguei á conclusión de que o Estado español é para os vividores e ao final prémiase a pillería e non a valía.
En que país se lle permitiría a alguén ter a responsabilidade da Garda Civil case sendo analfabetos? (aquí pois interesa que sexan ben mandadiños e a poder ser que non discutan moito). Díganme outro Estado da Unión Europea onde chames ás oficinas públicas e che digan con todo o morro que fulanita foi tomar o café, volvas chamar ao cabo de unha hora e che digan que volveu marchar porque foi de compras?? donde?? Somos o terceiro mundo dentro da Europa xunto con Italia, países mafiosos e vergoñentos onde o máis respectado sempre foi o ladrón de guante branco.

Tino #3 22/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En franza tamén pasa moito, fillotolo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: