Os regatistas galegos realizaron unha gran "Medal Race", controlando en todo momento as diferencias cos seus perseguidores.
Paz e Echávarri competindo
Fernando Echávarri e Antón Paz fixeron bos os prognósticos que os colocaban como claros aspirantes ás medallas nestes Xogos Olímpicos de Beixín e decidiron ir mais alá, acadando o ouro.
Os galegos afrontaron a regata definitiva na primeira posición, cunha curta vantaxe sobre os australianos que conseguiron administrar na "Medal Race".
Fixeron unha espectacular saída que lles permitiu colocarse nas primeiros posicións dende o principio, dando como resultado unha gran primeira parte da regata. Unha vez asentados e con australianos e arxentinos por detrás adicáronse a dosificar esta diferencia, para rematar no cuarto lugar xusto por diante dos que eran os seus maiores rivais na loita polas medallas.
Premio a unha traxectoria espectacular
Este ouro é a guinda á espectacular traxectoria de Antón Paz e Fernando Echávarri dende que fai dez anos decidiron formar parella. Esta unión foi debida a unha cuestión de peso, por cambiar os dous de categoría, e o peso rematou por determinar o seu maior éxito, xa que os ventos lixeiros e inestábeis agardados para Beixín condicionaron a súa preparación. Pasar meses preparándose para competir con pouco vento, chegar a China ao límite do índice de graxa corporal e adaptar o seu material ás condicións esperadas foron algunha das medidas tomadas, que remataron dando o seu resultado.
Obtiveron a clasificación para Beixín despois de vencer no Campionato do Mundo celebrado en Cascais o ano pasado, pero o 2005 foi ata agora o seu mellor ano. Proclamáronse campións mundiais, europeos e estatais, recibindo como recoñecemento ao seu asoballante dominio o premio "Rolex World Sailor of the Year", que entrega a federación internacional de navegación.
Despois de romper en Atenas e, aínda así, chegar a un meritorio diploma olímpico, Antón Paz e Fernando Echávarri borraron este mal recordo no último suspiro, na derradeira participación da Clase Tornado nuns Xogos Olímpicos.
Nom é certo. Galiza nom participa nos Jogos Olímpicos de Pequim por nom lho permitir o Comité Olímpico Espanhol. A medalha de ouro é da Espanha e assim é noticiado em todo o mundo:
http://jn.sapo.pt/PaginaInicia...
Chegará o dia em que os galegos podamos competir e conseguirmos as nossas próprias medalhas, como acabam de demonstrar estes dous velejadores, mas hoje em dia isso nom é possível. Nem a bandeira nem o hino da Galiza poderám ser vistos nem ouvidos em Pequim.
E ademais, piorno, eses deportitas galegos non están concienciados como tal, a ningún se lle ve q porten a bandeira galega en ningún momento, pero os cartiños si q os meten no peto.
noraboa!!!facedenos estourar de ledicia ondeando a bandeira galega en pequin!!!
Parabens, polo logro conseguido. E parabéns por dedicarlle a medalla as víctimas e familiares dos accidentados no avión de onte, así como amosar o penar ao recoller a medalla co brazalete negro.
Uns campións e ante todo humildes acordandose dos demáis cando por natureza un se lembra dos seus esforzos e dos seus achegados.
Noraboa e parabens. De verdade queda demostrado no campo de regatas e fora de él que sodes uns auténticos campións.
pois non sei eu poque di vieiros que esta medalla é para galiza????
pois bueno....
Qué ganas tedes de tocar os collóns.E se nos ponhemos parvos aí non di que a medalla fose pa GALIZA,senón que é a "primeira medalla galega"
Algún de vós,por tocar a moral gratuitamente non sabe o que ha facer.
NORABOA aos campións
Estou farto do amarelismo co gallo do accidente... é unha mágoa, si... pero non son máis importante que a cantidade de xente que morre nas estradas, en accidentes de coche ou autobús... Parece que hai que destaca-la cantidade de mortos e a espectacularidade da esnafrada... Que se crespóns negros e bandeiras a media hasta,... Podo entender que se moitos dos mortos son dun determinado lugar, nese lugar se faga algunha cousa... mais parece que se pretende outra cousa: haiche fame negra en gran parte do planeta, haiche desprazados, asasinados, ... pero se expós isto dinche: "pero como son españoles se siente igual", manda carallo, a min se non é ninguén da miña familia, ou algún amigo ou coñecido, afectame igual (é dicir, moito, mais non para que mude o meu comportamente habitual). Despois disto: parabéns a estes como a calquera outro deportista, pois eu amo o deporte. Iso si, para amalo e amais ter paixón por el un deportista tenme que caer ben ou gustarme moito o que fai (ainda que sexa galego participando baixo bandeira galega)
E digo eu....a que vén o de "regatistas galegos" no subtítulo, se Echávarri é cántabro?
Con titulares así confúndese á xente, porque eu ata agora pensaba que os 2 naceran en Galiza
Espero que non sexan tan galegos como Óscar Perero e, co gallo da medalla, se adiquen a asinar panfletos demagóxicos.
Spider, calquera morte crea dor, xa sexa por fame, por accidente de coche ou moto, accidente aéreo, atropelo, enfermidades, guerras, etc.
Non se trata de amerelismo senón de dor, e de solidaridade cas familias, que ti non queras mudar os teus comportamentos, e respetable, pero eso non quita o mérito destes dous deportistas que antes que dedicarlle as medallas aos seus achegados o fan as víctimas e as suas familias.
E por moito que non che guste, a min ese detalle fainos máis campións.
Non sabía eu que este Antón Paz era sobriño de Carlos Blanco, o actor-humorista.
Gran triunfo para España el de estos dos españoles!!!
Parabens! isto demostra a importancia dos deportistas galegos (David Cal, Iván Raña, etc) para España, ¡¡que sigan caendo medallas!!
#10, .. a título individual pareceme fenomeno... falo mais ben dos comportamentos orquestrados... cando falo de amarelismo, falo dos medios obviamente, non da sensibilidade da xente, que como existe, é o que se pretende manipular.