Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTRE O 18 E O 27 DE SETEMBRO

Pradolongo participará no Festival de Cine de Donosti

Participará na sección 'Made in Spain', dirixida á crítica internacional e aos compradores que acudan á oficina de vendas do certame.

Marcos S. Pérez - 13:30 21/08/2008

Pradolongo segue de triunfo en triunfo, e despois de percorrer todo o país durante meses, proxectada en cidades e vilas e convertida na película galega máis vista da historia, con máis de 45 mil espectadores, fai as maletas para iniciar a súa distribución alén de Pena Trevinca. Anunciábao en xuño o seu director, Ignacio Vilar: o outono sería o tempo para a promoción do filme fora de Galiza, "en outubro Pradolongo asumirá un novo reto: exhibirase en salas comerciais fóra de Galiza, en Madrid, Euskadi e Cataluña, concretamente. E en novembro estrearase en París". Ademais, a produtora está pechando os contratos para proxectar Pradolongo en Alemaña, Suíza e Escocia.

A presenza da película no Festival de Donosti será unha plataforma inmellorábel para este obxectivo. Non participará na sección oficial, por ter sido estreada xa en salas comerciais, senón na categoría 'Made in Spain', dirixida especialmente á crítica internacional e aos compradores (distribuidoras, principalmente) que acuden á oficina de vendas do festival.

Para Ignacio Vilar, "isto era o que nos faltaba para darlle o pulo definitivo a Pradolongo". O filme foi unha das 15 longametraxe seleccionadas para estar presente neste escaparate comercial, ao que aspiraban máis de 170 títulos de todo o Estado. Ignacio Vilar, unha representante da produtora e un dos actores do filme desprazaranse a Donosti entre o 18 e o 27 de setembro para presentar a película ante os posíbeis compradores interesados en distribuíla nos seus países.


5/5 (5 votos)

Comentarios (2)

pawley #1 21/Agosto/2008 pawley
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda dando por certo o dato dos 45 mil espectadores de "Pradolongo", polo de agora está ben por debaixo dos 62.203 espectadores que tivo "Sempre Xonxa", de Chano Piñeiro. Se miramos os datos oficiais do Ministerio, posibelmente aínda sen actualizar, "Pradolongo" leva acumulados 17.007 espectadores, unha cifra inferior á de "Urxa" (18.899) ou "Días de voda" de Juan Pinzás (38.579).

Gaviotero #2 22/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menudo coñazo de película...y eso que ya sólo falta que nos obliguen a ir a verla, como en cualquier dictadura.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: