Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
UN CAMIÑO DE FERRO DE NORTE A SUL DE SUDAMÉRICA UNIRÁ CARACAS E BUENOS AIRES

Arxentina e Venezuela plantean unirse por liña férrea

Onte mércores comezaron as converss entre os gobernos da Arxentina e Venezuela para analizar as fortalezas económicas de troco comercial que xerará a construción do Tren del Sur, que proxecta conectar a Buenos Aires e Venezuela cun camiño de ferro que partiría de Caracas a Buenos Aires segundo declaracións do ministro do Poder Popular para a Infraestrutura, Isidro Rondón.

Xurxo Martínez Crespo - 12:19 21/08/2008

Reiterou ou ministro que naceu como unha idea que se está empezando a materializar nestas primeiras xornadas, onde est buscando un traballo en equipa inicialmente coa República de Arxentina.

Malia non facer anuncios nin futuros investimentos, as delegacións dos dous países concretarán reunións en Buenos Aires nos próximos días para tratar este tema.

Ambos Estados destacaron a necesidade de realizar ou intercambio comercial entre Arxentina e Venezuela, que podería superar os 150 millóns de dólares de investimento coa posta en marcha do camiño de ferro do sul, qiue probabelmente atarvesaría Venezuela por los sul cara ao Brasil, Uruguai e Arxentina.


4/5 (4 votos)