Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O DE CANGAS DEFENDÍA O OURO OLÍMPICO NA DISTANCIA

Cal amplía a súa colección de medallas cunha prata no C-1 1000

O padexeiro do Morrazo non fixo unha boa saída, pero conseguiu arrepoñerse para loitar polo ouro co húngaro Attila Sandor Vajda que rematou distanciándose nos últimos 250 metros.

Redacción - 09:55 22/08/2008
Cal coa medalla de prata

Cal coa medalla de prata

David Cal non puido repetir o ouro acadado de Atenas no C-1 1000 metros, e tivo que conformarse coa medalla de prata por detrás do actual campión mundial da distancia, Attila Vajda. Os dous padexeiros pasaron mal colocados polo primeiro control, situado aos 250 metros. A partir de entón, comezaron a remontar posicións ata pasar polo terceiro parcial en disposición de repartir entre eles o ouro.

Desde ese momento o húngaro distanciouse de Cal, que rematou 2.284 por detrás. A vitoria de Vajda baseouse na regularidade, xa que a diferencia entre os seus tempos intermedios foi de apenas 14 centésimas, fronte a un irregular Cal que foi empeorando o seus tempos intermedios en todos os parciais para rematar en 3:52.751, máis de seis segundos por detrás da marca coa que se fixo co ouro en Atenas.

Cal chegou a esta final despois de acadar a clasificación directa nas series do pasado luns, onde se impuxo con comodidade aos seus rivais dando sensación de clara superioridade.

Temos unha nova cita co padexeiro de Hío o sábado 23, a partir das 09:45, na final do C-1 500, distancia na que é especialista, polo que agardamos para entón a súa segunda medalla en Beixín.


4,5/5 (8 votos)


Comentarios (17)

Anxo #1 22/Agosto/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa e parabéns sobre todo porque o esforzo nesta ocasión veuse recompensada coa medalla.

carlinhos21287 #2 22/Agosto/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

moi mala saida.... ainda asi parabens.... sabemos que deuno todo e estamos orgullosos del....

lenin #3 22/Agosto/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Catalunya-5 medallas
España-3
Euskadi-2
Galiza-2

carlinhos21287 #4 22/Agosto/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e agora digo eu vendo estes resultados ... que magoa o de gomez noia e ivan raña....

Biosbardos #5 22/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

carlinhos ten razón a saída saíuche mal. Aínda así demostraches ser un grande campión. Noraboa

Hermerico #6 22/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lástima do ouro, se calhar a posse essa forçada de termar do pau com o farrapo o primeiro dia... todo influe

outrolector #7 22/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

>>> #2

>>> (...) sabemos que deuno todo e estamos orgullosos (...)

E non será "sabemos que o deu todo ...".

¿Que carallo van rematar falado os nosos netos?

E xa que estamos: Afirmo que Vieiros é e será (entre outros medios) responsable desta desfeita lingüística que a era da comunicación está a espallar, como nunca foi posibel antes. Por desleixo, que medios debe de ter abondos (nestes anos de feirón).

outrolector #8 22/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os que con dignidade e esforzo TRABALLEN para se diferenciar neste andacio de castrapo e estupidez son os que consolidarán a cultura e o saber herdado, e os que lle darán posibilidade de perdurar á cultura galega actual.

E desculpas polo cabreo e a mala hostia!!

Atlantico #9 22/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os hungaros sempre me cairon ben, un pais moi bonito, eu estou cos piraguistas hungaros contra o da bandeira hortera.

carlinhos21287 #10 22/Agosto/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gha gha gha #7 ainda bue que xa teño lido alguns dos teus comentarios... pode que teñas razon no fondo pero non nas formas ainda que sempre é de agradecer que a un o corrixan cando se esquivoca. Só dicir que non estamos a presentar un doutorado nin nada semellante, aquí o que facemos e dar a nosa opinion sobre temas ou asuntos a tratar de aí que vexas erros comuns que non son mais que un fiel reflexo de como se fala na rua... e eu digo, non seria mellor que criticaras a xente de mais calado como o señor touriño ou o señor quintana que deturpan a nosa lingua a diario ca un calquera coma son eu??? aqui deixo esta reflexion un saudo atento xD xD xD

pd: ai unha cousa que nunca me deixa de sorprender dos comentarios de vieiros.... a nova pode tratar de que ai auga en marte que os comentarios sempre acaban falando do idioma ou de politica.... somos abraiantes...

Barcelos #11 22/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se cadra outrolector crese con dereito a corrixir a "tokiske", por falar en galego. Se chega a ser en castelán perdería o brazo de tanto corrixir (Só hai que ver como se expresan en TVE e outras tvs e non digamos nas rúas).

Pensa outrolector que o idioma é para falalo ben ou senón o mellor é calar. Eu xa sei de alguén que preferiu calar a aguantar a este membro honorable da Real Academia Galega da Lingua.

A min que me corrixa o que queira. Advírtolle que estou utilizando un tradutor e xa sei que os tradutores non lle gustan, pois peor para el, xa que o meu galego deixa moito que desexar.

Ben por Carlinhos. Os netos de outrolector seguro que non falarán galego, e os seus fillos tampouco, aínda que sexa por levarlle a contraria.

A nova: Parabén a Cal e merda para todos os xornalistas que lle esixiron o ouro e agora están decepcionados, especialmente o diario Marca, pero tamén La Voz de Galicia que daba o ouro por "gañado". (O tradutor traduce "gando")

Barcelos #12 22/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oído agora no titular do Telexornal de TVE. "David Cal só puido levar a medalla de prata"

Fillo de puta. E ti que puideches levar? De moka unha viaxe a Pequín para dicir nada máis que parvadas.

A medalla de plata de David Cal vale tanto como a que se vai levar a selección española de Baloncesto. Aínda máis, porque xa ten a de ouro de Atenas, e el é unha persoa e os de Baloncesto son un montón.

O é que Atila non rema?

Hermerico #13 22/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outrolector, estou contigo, o nível de língua dos méios escritos em galego é patético, e nom vale amparar-se no voluntarismo da tarefa. O que há é muito ignorante orgulhoso da sua incúria. E no espanhol nom se passa o mesmo. Em geral o único que erro que tenhem é o leísmo. Aquí, os castrapenses, esse mesmo leísmo, castelanismos, o imperfeito de conjuntivo sempre mal, o.d. com preposiçom, reiteraçom de pronome com o.d. e o.i. já explicitados, etc...
Pois, a língua sempre dá para falar, sim, Ah! e nom som filólogo, que é o que perguntam sempre os ignorantes del ghalhegho del pueblo de que falava antes.

Biosbardos #14 22/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Barcelos non che poñas así, o mesmo Cal dixo que a saída non fora mala que saira ao seu ritmo e que moitos dos que sairan lanzados chegaron dos últimos. Tamén dixo que nos últimos metros cría que o húngaro e mais el estaban a traballar ao máximo e que despois o Atila demostrou que non era así.

lavesedo #15 23/Agosto/2008 lavesedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

parabéns ao david e unha mágoa o ben que o fixo o Atila.
hoxe a polo ouro!!

outrolector #16 25/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Barcelos:

Teño dous fillos, os dous galegofalantes. E de seguro que cando me leven a contraria han falar e escribir correctamente castelán, portugués, alemán ou inglés. Por que sonche bos lectores en varias linguas.

carlinhos21287:

---> e eu digo, non seria mellor que criticaras a xente de mais calado como o señor touriño ou o señor quintana que deturpan a nosa lingua a diario ca un calquera coma son eu??? aqui deixo esta reflexion un saudo atento xD xD xD.

A miña teima é a ESCRITA. Claro que lamento como FALAN eses de "máis calado". Pero tí non es un calquera, pois escribes en galego en Vieiros e pódelo facer correctamente - cun certo esforzo - e compensar a eses que "deturpan a nosa lingua a diario", como ves de escribir. Outro saúdo moi atento.

outrolector #17 25/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Barcelos:

--->Pensa outrolector que o idioma é para falalo ben ou senón o mellor é calar. Eu xa sei de alguén que preferiu calar a aguantar a este membro honorable da Real Academia Galega da Lingua.

Lamento que haxa quen prefira calar; sen dúbida todos os extremos son malos. E sen considerarme extremista penso que algúns comentarios estarían mellor en castelán ou en inglés, pois é aparente que están deturpando o castrapo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: