Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESENCONTRO

Os socialistas acusan o BNG de “utilizar” os maiores con festas “estilo Fraga”

O PSdeG critica que os seus socios de goberno fagan “arengas políticas” neste tipo de actos.

Redacción - 13:15 22/08/2008

O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, cargou este venres contra os seus socios de goberno. Rego acusou o BNG de “utilizar aos maiores” con actos festivos programados por Vicepresidencia. O dirixente socialista facía referencia a un encontro de xubilados que reuniu en Vilalba a 12 mil persoas e ao que acudiu Anxo Quintana. Rego afirma que houbo “arengas políticas” no acto.

O deputado asegura que este tipo de actos son idénticos aos que organizaba o ex presidente Manuel Fraga e denunciou a utilización de fondos públicos para “un acto meramente político”.


1,67/5 (6 votos)


Comentarios (16)

lourentia #1 22/Agosto/2008 lourentia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É certo que a postura do BNG con respecto a estas festas de maiores (tan tristemente célebres co PP) é lamentable. Se non se sigue facendo o mesmo é ben parecido. Agora ben, o señor Rego obvia que moitos dos seus alcaldes celebran festas iguais nos seus municipios. E tamén obvia o do voto emigrante, claro.

Sara_Mago #2 22/Agosto/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que o bipartito demonstra é que os ghalheghinhos somo-che corruptos é nom ha nada que fazer. Tantos anos criticando a Fraga pra que?

Com tudo, o Bloco ainda nom deu construido umha rede caciquil-clientelar tam poderosa e tam podre como as do PP e o PSOE. Embora nom for por falta de vontade.

outrolector #3 22/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E estes falsos e sectarios... ¿Que lexitimidade teñen para andar acusando?

¡Que Dios vos siga confundindo, e aproveitade o feirón mentres dure!

lugris #4 22/Agosto/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aos vellos non se lles pode quitar as festas. O Bng ten a competencia. Estao a facer ben. O Sr. Rego e o Sr.Touriño teñen ciumes polas consellerias dos nacionalistas que o están a facer moi ben. Algo debe estar pasando nesas enquisas que os do Psoé estàn moi intranquilos.

Sara_Mago #5 22/Agosto/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a mim as festas pouco me importam e, do que importa, melhor nom falar aqui

ranciadas #6 22/Agosto/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que diga este "señor" é lixo, que é o único que bota pola boca. Que imbécil e escuro señor Rego!!!

subela #7 22/Agosto/2008 subela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por desgraza reconducir actividades "irregulares" da administración non é posíbel cun simple cambio de goberno. É totalmente criticábel que siga a haber estas festas, pero non é posíbel eleiminalas de vez, o que sería totalmente inadmisíbel son as acusacións do señor Rego, pero esas acusacións non se fan cara a galería se non no parlamento cunha proposición de eliminación deste tipo de eventos, o demais e todo galería e porcalladas típicas deste señor que de caciquismo parece entender bastante, se non que lle pregunte a súa colega señora Soneira

Atlantico #8 22/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Éste, a Villarino e o Touriño, parecen o trio calavera.

petopitopato #9 22/Agosto/2008 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

as festas para os maiores parécenme unha boa idea: os maiores disfrutan, potencian a comunicación e o intercambio, reforzan a presenza da lingua na comunidade, son saudabeis física e mentalmente... un bo traballo social e ademáis, meréceno. Haberá que porlles un alcume con máis márketing coma "senior party" para que teñan máis tirón mediático?

Gaviotero #10 22/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anxo Quintana es como Manuel Fraga, pero en versión totalitaria y analfabeta.

ranciadas #11 22/Agosto/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver, carroñeira, agora vai resultar que o fascista de Fraga vai ser un Premio Nobel e eu chupo o dedo. E claro, Fraga non é totalitario, é só don Manuel. Un franquista coma ti.

FROUXEIRA #12 23/Agosto/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este Ismael é un dos representantes do PSOE que máis cacique é e tenta tapar o adiante caciquil das eleccións con declaracións absurdas como estas.
Que probe a traballar este operario non especializado.
Por certo a que lle dí a Pepiño que non hai tal adianto das eleccións.Lle ten envexa.

COUTOVEN #13 23/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto demostra varias cousas. Cando os partidos non están no goberno e aspiran ao mesmo. Din ser diferentes aos políticos que detentan o poder. Pero cando logran formar parte do mesmo experimentan unha transformación profunda e pasan de ser próximos ao pobo a ser entes distantes e inaccesibles. Até a súa vestimenta cambia. Moitos sorprendémonos ao ver que até empezan a usar gravata e traxe á medida. E se falamos de medios de transporte, que rápida e atraumatica transición dos modestos automóbiles aos impoñentes vehículos oficiais. E non falemos do afán de protagonismo que adquiren. Até o punto que antes de aceptar calquera invitación, o primeiro que pescudan é se terá cobertura televisiva.

Cando exercen a función de parlamentario esas diferenzas ideolóxicas fanse menos evidentes. Só basta con acordarse da aprobación do PLUS aos altos funcionarios onde o grupo parlamentario do BNG levanto a súa inocente man demostrando a súa inconsistencia ideolóxica e que pouco se diferenciaba do resto da fauna política galega.

Que as persoas da terceira idade e os emigrantes sexan un importante obxectivo político en Galiza non é un misterio para ninguén. Bo, menos para VIEIROS que polo menos ao falar de Venezuela só acórdase dos morcegos amazónicos, as declaracións do embaixador de Italia e de artistas de cine sobre as bondades do proceso ROBOILUSIONARIO. Pero falar da comunidade Galega neste país nada de nada e dos Galegos da terceira idade menos. Pasaron a Galegos de TERCEIRA CATEGORÍA.

É por esta razón que as persoas se deseccionan dos políticos, das súas promesas e as súas medias verdades. E lamentablemente transforman a palabra político en sinónimo de mentireiro, ladrón e falso. Cando o real e ideal sería SERVIDOR DO POBO.

Atlantico #14 23/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está moi ben que os vellos se divirtan, se lle ían tomar uns pichos a Fraga ben, se llos toman a Quintana tamén ben. Deixade disfrutar os vellos e que voten a quen queiran.

Dogma #15 24/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coma se nota que estamos en eleccions, o leban facendo durante estes 4 anos e salen ainda agora a decilo... ha ha ha, a crise economica e a falta de ideas do PISOE fai que tiren a todo o que se move, e esperate a ver que pasa coas concesions de industria que ten que aprobar este home, que para moitas cousas com chalets de vilaPISOE na Illa de arousa non fai nada pero facer oposición ao goberno de que eles tamén forman parte, anque para elo o eña que sufrir a propia terra... para io non ha problema, se hai que foder a Galiacia se fode, que xa non é a primeira vez.

Dogma #16 24/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

GAVI ha ha ha tiñate botado de menos....
""Anxo Quintana es como Manuel Fraga, pero en versión totalitaria y analfabeta."""

O dis por eses libros quefixo Fraga facendo plagio??? ha ha ha

Mira, Quintana non tera os estudios de Fraga, pero dende logo é mellor persoa e ten mellor cabeza, ou cando menos non se lle da por ir apoiando a assesinos por ahi coma Pinochet, Fidel ou Gadafi.

Pero bueno Quintana tampouco ten un pai putativo e outro pai real que lle pagaran os estudos, que sen dubida de non ser polo pai "ibarra" seguro non ia a ter eses estudos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: