A DXT rabuñou dos petos galegos algo máis de 32 millóns de euros en 2007. No mesmo período, e malia os recoñecidos déficits na rede de estradas, só investiu 3,1 millóns no ámbito da seguridade viaria
Vai para un ano que lles contamos do balance 2001-2005 dos ingresos en Galiza da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), un total de 173 millóns de euros. No mesmo período, a DXT recoñecía ter investido no país tan só un 15% desa cantidade.
Agora, e en resposta outra vez a unha pregunta do BNG no Congreso, chegan os datos de 2007, treito no que os ingresos debidos a infraccións en materia de tráfico sumaron en Galiza 32,07 millóns de euros para as xefaturas provinciais de tráfico. Paradoxalmente, neses doce meses o investimento que Tráfico realizou en materia de seguridade viaria quedou en apenas 3,1 millóns de euros. Por riba, e malia que a recadación aumentou nos últimos tres anos en case 5 millóns de euros, nese período a inxección para a seguridade viaria minguou en 300 mil euros, malia que estudos como o do Real Automóbil Club (RACC) indican no informe do último ano que Galiza ten unha rede viaria con alto risco de sinistralidade. De feito, a última análise recolle que case o 30% dos tramos analizados amosaron unha probabilidade elevada ou moi elevada de sufrir un accidente grave, porcentaxe até un 10% por riba da media estatal.
Coa transferencia de tráfico paralizada
O voceiro do Bloque no Congreso, Francisco Jorquera, criticou que estas cifras coincidan coa tema do goberno español en frear o traspaso á Xunta das competencias en materia de tráfico e seguridade viaria. Jorquera cualificou de "inadmisíbel" a situación, recordando ao tempo que Galiza mantén un dos índices máis elevados do Estado en sinistralidade viaria, o goberno español recoñeza que reduce o investimento para loitar contra esa tendencia.
O deputado do BNG insistiu en que Galiza necesira unha policía propia que poida darlle resposta á problemática do tráfico en Galiza atendendo ás diferenzas con respecto a outros puntos do Estado. Repasou Jorquera que a dispersión poboacional, a densa rede de estradas secundarias, os trazados sinuosos, numerosos cruces e travesías, alta porcentaxe de poboación no rural, elevada pluviosidade e orografía accidentada, requiren dunha estratexia específica en materia de seguridade viaria.
Un aplauso ao BNG por denunciar unha situación que nos perxudica a todos
Propoño que con eses 32 millóns de Euros se paguen facer públicas todas as autoestradas en Galiza. As estradas convencionais son moito máis inseguras, é patético que para ir por unha vía segura da Coruña a Santiago de Compostela teña que pagar 5 € de ida e outros 5 € de volta.
E, sabiades que a DXT (Xefaturas de Tráfico, etc.) carece de lexitimidade xurídica para imporlles sancións ós galegousuarios na Galiza por non estar aínda oficialmente publicada en galego a correspondente normativa?
Tampouco non vos está aínda oficialmente publicado en galego o Estatuto de Autonomía para A Galiza; mais, aquí xa sabemos o compromiso que vos hai cos dereitos lingüísticos!
Chorrada de noticia. En ningún lugar de España a DXT invirte máis do que recada. Non é un organismo inversor, non confundamos a DXT con Fomento, ou coa Consellería de Obras Públicas. Iso non quita que a vixiancia nas estradas galegas é mala, e iso si que é da súa responsabilidade, pero en ningunha autonomía invirte máis do que recada. Un pouco manipuladora a noticia esta
Vale XOS, pois dalles unha propina que así quedas máis contento.
O importante é que da estrada saen multas por un determinado importe-32 millóns- e o que inda é peor, que os accidentes sin melloras aumentan.O deficit, é positivo para o Estado e para nós os usuarios galegos e negativo.
Deixate de chorradas, que os cartos van para Madrid e nos a velas vir.E boa falla que temos dos cartos, ou a tí sobranche.
A min o que me gostaria saber é como se fai a sinalización de tráfico. Aqui na Galiza é de pena, unhas sinais tapan outras é preciso parar para poder asimilalas todas, nalgúns treitos non hai sinais e noutros hainas a moreas, o unico que se me ocorre e que as poñen ao chou.
Fóra do tópico:
Do Dic. da RAG
seguranza ou seguridade s.f. 1. Calidade do que é seguro, que non comporta perigo. A vía reúne condicións de seguridade.
Incluso as vacas sagradas da Rag validam a forma "seguranza" (segurança). Não lhe vejo sentido a não empregar e difundir a variante internacional da nossa língua acolhendo o espanhol como culto para a nossa língua.