Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A OPINIÓN DO VATICANO

Os bispos mexicanos "receitan" a pena de morte para "desalentar" os delincuentes

Apelan ao catecismo para xustificaren a utilización da pena capital en casos nos que "o agresor non poida ser sometido".

Redacción - 09:45 26/08/2008

A Conferencia do Episcopado mexicano está preocupada pola situación de inseguridade e o aumento de delincuencia que está a sufrir o país. Nunha reacción conxunta e en conferencia de prensa, os bispos Rogelio Cabrera e Ramón Castro leron un documento no que deixaron aberta a porta á aplicación da pena de morte. Piden ás autoridades e tamén aos mexicanos que "traballen en común acordo ante a ola de violencia que ameaza os pobos", apelando á fe en Xesucristo.

O Episcopado pediu así o endurecemento das penas para os policías ou os funcionarios públicos involucrados en actos ilícitos, como no caso de secuestros. Din que en casos coma estes podería contemplarse a implantación da cadea perpetua. En canto á pena capital, indicaron que á igrexa lle é difícil atopar unha xustificación real para a súa aplicación. Porén, acto seguido, os bispos xustificaron a posibilidade de adoptar esta medida extrema en certos casos. Neste sentido recordaron que o catecismo abre esa posibilidade "cando non se pode someter ao agresor". Ademais, engaden que "se as autoridades cren conveniente a promesa da pena de morte, terá que ser finalmente detallada, para evitar que no noso país poida ser acusado alguén inocente".

Antecedentes
O asunto está a xerar debate en México, despois de que nos pasados días fose outro relixioso, o representante da diocese de Celaya, quen mencionou a aplicación da pena de morte como resposta aos problemas de inseguridade. Dixo entón que sería unha "máxima benvida pola igrexa mexicana". Do mesmo xeito, advertiu que malia a que "algúns moralistas" non estivesen de acordo en implantar esta medida, si sería efectiva para "desalentar a aqueles que traballan en actos de delincuencia". Neste sentido dixo que "a igrexa avalará que haxa sancións enérxicas para aqueles que fan pocarías, desintegrando familias e torturando a outras persoas inocentes", en referencia aos últimos secuestros vividos no país. Ademais, na mesma liña, o representante da diócese mexicana asegurou que son necesarias novas medidas que deben tomar "os que saben", sobre todo tendo en conta que moitas persoas que cometen delitos graves nunha son rehabilitadas, o que, á súa vez, supón un gasto importante para o erario público.


5/5 (1 votos)


Comentarios (8)

Luvial #1 26/Agosto/2008 Luvial
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿A pederastia está considerada delito?.

cachoupin #2 26/Agosto/2008 cachoupin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E estes son os irredutibles defensores da vida, os que deostan o aborto ou a eutanasia? Agora resulta que hai que estudar a posibilidade de liquidar xente porque resulta costosa ao erario público... Repugnante!!

Barcelos #3 26/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En que xustifican a pena de morte?
en que Xesucristo foi condenado á morte?
Pois parece que non funcionou. Que non desalentóu a outros "delincuentes".

Paréceme a min que debaixo desas grandes sotanas escóndese un gran fusil. ¡Viva la inquisición, manitos!

semprecelta #4 26/Agosto/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sen querer entrar en moita polémica -o tema non vos é tan doado-, o certo é que a situación en México é muito fodida.

estrela_vermella #5 26/Agosto/2008 estrela_vermella
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Despois de demonizar a minisaia... atacan de novo!

Outro #6 27/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moi mala que sexa a situación mexicana os bispos non deben xustificar nunca a pena de morte. coo criatián síntome profundamente apenado por esta nova que non se corresponde co sentir xeral da Igrexa quen condena rotundamente a pena de morte dende o Vaticano II. Alguén debe corrixir a estes obispos e dicirlles o que son e o qie representan, están facend moito dano con estas ideas

Carlinhos #7 9/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isso é o que diz o Evangelho segundo Santa Isabel de Castilha "o que suponha um gasto excessivo para o erário público (maior que o da manutençom da Igreja) que o lapidem, e que depois ponha a outra meixela!"
Isso lhes passa aos mexicanos por nom acabarem com todos quando tiveram a oportunidade.

Carlinhos #8 9/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4, Cuido que a cousa está bem fodida na América Latina toda, porque hai seis ou sete famílias por Estado que possuem o 90% da riqueza(agás na República de Cuba).
México ocupava hai uns anos um dos primeiros postos mundiais em número de multimilionários; na minha humilde opiniom a pena de morte só estaria justificada se se lhes aplicar a estes, os que estam a condenar à morte por falta de alimentos e de assisténcia médica a milhons de persoas cada dia. Saúde.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: