Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reaccións á decisión de Touriño

Jorquera convida a Touriño a explicar "por que creou incerteza cando o país menos o precisaba"

Alén de congratularse pola confirmación de que non haberá adianto, o coordinador do BNG na executiva, Francisco Jorquera, insta o presidente da Xunta aclarar por que favoreceu un debate "inxustificado" na sociedade.

Redacción - 17:55 28/08/2008

Logo de coñecer a decisión do presidente da Xunta sobre a intención de esgotar a lexislatura, desde a executiva do Bloque advirten da situación de "debilidade política" que, na opinión dos nacionalistas, Emilio Pérez Touriño estivo a punto de precipitar. O coordinador da executiva do BNG, Francisco Jorquera, recordaba este xoves a inminencia do deseño dos orzamentos do Estado ou a negociación do novo sistema de financiamento autonómico, reprochándolles aos socialistas que con eses desafíos por diante teimasen até o último momento na idea do adianto electoral.

Por este motivo, o tamén deputado do BNG no Congreso pídelle a Pérez Touriño que explique con claridade "por que lle trasladou á sociedade un debate electoral interno que creou incerteza xusto no momento en que Galiza menos o precisa". "O BNG nunca viu motivos para o adianto e si para traballar arreo polo país", subliñou Jorquera ao respecto, recordando que a súa formación política recomendou publicamente en reiteradas ocasións a necesidade de esgotar a lexislatura na convicción da necesidade de manter "a estabilidade política e a maioría parlamentaria".


5/5 (10 votos)


Comentarios (1)

outrolector #1 28/Agosto/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cento por cento oportuna esta demanda do Sr. Jorquera.

E se non hai unha explicación cumprida haberá que concluír que os "socios", para acadar protagonismo e sacar peitiño, teñen que botar man da serpenta de verán, cebala ben cebada, deixar que todo quisque se impresione do que medra, e que os "media" aproveiten todos os cachiños.

Impresionante, señor presidente. Por sorte este grande país, no que vostede tanto confía, pode aguantar moito falso, sectario e incompetente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: