O coordinador da Executiva, Francisco Jorquera, asegurou que será un proceso "democrático", a pesar das críticas recibidas dende o Movemento pola Base e mais polo Encontro Irmandiño.
Francisco Jorquera
O BNG anunciou que vai desenvolver o 5 de outubro unha Asemblea Nacional extraordinaria onde 1.200 delegados elixirán o candidato á presidencia da Xunta. O proceso, segundo o coordinador da Executiva, Francisco Jorquera, será "plenamente participativo e democrático", e "sen parangón" no Estado Español. Porén, nos últimos días, tanto o Movemento pola Base coma o Encontro Irmandiño pediran que a asemblea fose aberta a toda a militancia.
O Consello Nacional aprobou este sábado, con arredor do 80 por cento dos votos, o regulamento, que especifica que se poderán presentar candidaturas afiliados cun 50% de avais de membros do partido ou de 300 militantes. Con todo, o texto normativo aínda poderá "recibir melloras", polo que se levará a debate en setembro.
Deste xeito, o proceso será "máis participativo e democrático que o de ningún partido", afirmou Jorquera, pois "para o BNG a democracia é sinónimo de participación". Engadiu que a elección do candidato nacionalista non será "á búlgara", como nos congresos doutros partidos. O Portavoz Nacional, Anxo Quintana, afirmou que o proceso é diferente ao doutras formacións porque o Bloque tamén "é unha organización política distinta".
Quintana avanzou que a actividade do BNG nos vindeiros meses se centrará en "actuar desde a Xunta para que Galiza estea máis protexida contra a crise" e "usar o carácter determinante do Bloque na política estatal", polo seu papel "decisivo" na "aprobación ou non" dos Presupostos Xerais do Estado.
Asemblea á búlgara, ao máis puro estilo do PP, que axiña aprenderon
Este proceso non o vexo nada democrático e vai contra os sectores críticos como MpB e EI. Mal, moi mal.
Este é un un claro exercicio de DEMOCRACIA ORGÁNICA aplicada pola Dirección do BNG, ..... pero democrácia.....
Certo... e cal é a iniciativa que pode esquivar esas contradicións?
Ladra como can, move a cola como can e cheira a can. Resulta que non é can.
Elixen aos seus candidatos como o PSOE, Fan festas para os maiores como o PP e votan xuntos coa o PSOE e o PP para aprobar un plus aos altos funcionarios. E resulta que nos din que son diferentes e que van cambiar a realidade galega. Como dicimos en Venezuela “Que esperanza para el que siembra piñas”
Se nos atemos ao expresado ao principio obviamente estamos falando dun can e isto extensible ao expresado posteriormente onde vemos que o BNG decidiu ser igual ao resto dos partidos políticos maioritarios que fan vida en Galiza. Logo disto ninguén se sorprendería que fixesen unha alianza co PP para seguir participando no goberno.
De face aos resultados ás últimas eleccións galegas non se pode negar que o BNG constituíase na terceira forza política en Galiza. Tivo e ten a oportunidade de facer goberno e demostrar porque é unha alternativa de cambio para os que confiamos nela.
Lamentablemente, os seus exemplos fan pensar todo o contrario.
Negarlle ás bases a elección dos seus candidatos é un grave erro.
Non existe ningún argumento técnico que impida que esta elección primaria leve a cabo. É máis, pérdese unha oportunidade de activar á militancia e facer funcionar a maquinaria partidista para ás próximas eleccións.
Eu non se, que tan representativa sexa esta elección o que se me queda claro que será TRAMPArente e protAGONICA .
Eu coido que esta realidade, a pesares de non nos gostar moito nun principio, é o resultado dun proceso de medre do partido. É dicir, non se pode seguir actuando coma se fosemos catro gatos. De todos os xeitos facer unha asemblea sería meramente cosmético de cara a militancia, os resultados serían os mesmos, pero ao mellor a imaxe de unidade podía sair eivada. (Recordemos que estamos en precampaña permanente)
Medre? Non sei se contas ó gato que aparecía coa súa dona na contraportada do BeNeGá informando da última campaña de afiliación. Nese caso xa son cinco.
Mirade aquí "Búlgaros ou túzaros":
http://xgaliza.blogspot.com
A verdade é que a metamorfose interna que sufriu o bloque estes ultimos anos foi tremenda. Sinceramente, non sei se dito cambio será positivo ou non para os benegás. Eu desde fora teño a sensación de que esta metamorfose deulle ao bloque se cadra máis axilidade organizativa pero a costa de quitarlle unha das súas maiores sinais de identidade, o asemblearismo.
Malia que non son do Bloque, si que lle desexo o mellor, porque son nacionalista e considero que é fundamental que na nosa terra haxa unha formación nacionalista e de esquerdas forte, estable e consolidada, cousa que por desgraza non acontece nos sectores máis moderados. Un saúdo
http://www.terra-galega.org
Como dezides em Venezuela Coutoven? daí a xenreira, galego de raza y sangre. Si, si que vos saiu mal o de 2002. Retornados, forom com o burro, voltarom com a albarda
Magnifico HERMETICO cada día demostras mais o teu afán voluntarista co que progresaron moitísimo os fascistas en España, Chile e Arxentina e os comunistas en Rusia ou Cuba.
"Se non tes argumentos descualifica e insulta. E se tes cerca ao individuo agrídeo. A xustiza revolucionaria absolverache"
Quen está a falar neste foro do ano 2.002? Espértache e le antes de opinar. Se queres falar do que ocorreu na Venezuela de 2.002 dílle ao encargado de GZ-EXT Venezuela que expoña un foro. Él supostamente estivo en Venezuela nesa ocasión e na miña opinión debidamente financiado por alguén fácil de identificar se se len os escritos aos cales nos ten afeito.
Afortunadamente sigo vivindo en Venezuela e non se me podería cualificar como retornado xa que nacín en Venezuela. E se teño que fixar a miña residencia en Galiza como produto do desastre que está a sufrir Venezuela polo goberno dun criminal e asasino como Chávez que tanto che gusta. Ten por seguro que non serei o único que fixe a miña residencia en Galiza. Tampouco serei o único que compita por un emprego dos que tanto abundan por eses lados. Igualmente non serei o único que faga uso dunha seguridade social a cal nunca paguei. E ti seguro preguntásesche. Que están a facer estes aquí? Bo, venche a Venezuela e decatásesche.
O BNG passou de coligação ou fronte de partidos a ser partido "à espanhola". Que tal um partido "à ideológica"?
Igual urgia mais uma assembleia para definir pontos programáticos e estratégias, ao tempo de definir-se ideologicamente com clareza, que um acto mediático com o resultado precozinhado para simular uma inexistente democracia interna.
Estas mostras de talante democrático do BNG non é único e exclusivo desta organización política. A web oficial de EU-IU, acabase de actualizar despois de non terse actualizado dende a pasada intervención na web de Xabier Ron, o 19 de xuño, e logo deste período de silencio, anuncian unha xuntanza do Consello Político Nacional, destacando únicamente a reunión do CPN co único motivo “monográfico” de cara a IX ASEMBLEA FEDERAL, o que evidencia a motivación do silencio logo de que se estaban a centrar os esforzos da organización na sondaxe d@s membr@s do CPN. Na Convocatoria advirtese unha reunión previa ó CPN, esa mesma maña, cos coordinadores e coordinadoras comarcais, o que evidencia que alguén botou contas entre @s membr@s do CPN, pero non ten garantías e precisa controlar tamén en que actitude e con que mentalidade acudirán @s coordinador@s, membros lexítimos do CPN. (O CPN de EU-IU está constituido por membr@s elexidos na última asemblea xeral extraordinaria e os/as Coordinadores/as Comarcais). Moito me temo que alguén ou algúns xa teñan preparada algunha estratexía para controlar o CPN (falta captar @s coordenador@s)de EU-IU. Como sempre a a pesar de existir unha crise interna en EU-IU as bases SOBRAN e privaselles a asistencia ós CPNs. Non ides atopar moita información do que se está a cocer en EU-IU, pois nin a súa propia web (http://www.esquerdaunida.org) nin os medios de comunicación, nin sequera a Comisión Executiva Nacional se caracterizan por dar información sobre esta formación. para máis información non vos dirixades a súa Coordinadora Nacional e acolitos, I O Landa Díaz & Cía
Xa somos coma os demais, xa montamos chiringuitos, xa temos aprendices de caciquiños, xa facemos macrofestas cos maiores o estilo de Don Manuel, e agora temos delegados que van a elixir o candidato. So nos falta ser castellano-parlantes, Ahhh!!! Xa non me lembraba alguns xa o son, pero en publico dalle vergonza.
Sigo sendo militante, ainda que xa non sei ben porqué
Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O próximo presidente da Xunta está nas mãos deles, querem um socialista ou querem a Quintana?
Num país de velhos não se pode pretender mudar democráticamente a situação política sem contar com eles. E ademais, so estão enganados: as comédias Fraga Mata Porcos e Fraga Canha Brava... fez que a gente o vira coma um deles. (E agora ao trapalheiro que quedou no sitio.)
Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.
NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO!!!!!!!