Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTÁ GARANTIDO O USO EFICIENTE DOS FONDOS PÚBLICOS?

Empresas foráneas foxen logo de espremer plans europeos

A compañía mexicana Vitro Cristalglass abandona Cerceda despois de recibir 650 mil euros do Plan Miner en 2003 por un proxecto que nunca cumpriu totalmente.

Redacción - 10:00 07/09/2008

O mes de setembro deixa quince traballadores máis no paro no municipio de Cerceda. Neste tempo de crise, a noticia non tería moito de novidosa se non fose que a empresa que os deixa na rúa, Vitro Cristalglass, percibiu en 2003, grazas ao Plan Miner, 650 mil euros de fondos europeos. Este plan europeo está pensando para reactivar economicamente as zonas onde se contempla o peche de proxectos mineiros. Así As Pontes e Cerceda (que contaba coa mina de Meirama) levan anos percibindo estas axudas.

A compañía de capital mexicano pecha as instalacións cando cumpre os cinco anos xustos que lle obrigaba o plan a manter a actividade. Ademais pon á venda a parcela no polígono cercedense sen ter demostrado algúns requisitos básicos da subvención. Un dos máis chamativos é que Vitro Cristalglass tiña o compromiso de crear corenta postos de traballo. Porén, aínda que se valorou esta circusntancia á hora de conceder a axuda, isto nunca se levou a cabo. A empresa mantivo en nómina a quince traballadores ao longo destes anos.

Vitro Cristalglass asegura que decide pechar as instalacións pola incidencia da crise inmobiliaria. Tamén afirma que nos catro anos de actividade en Cerceda a liña produtiva nunca foi quen de dar beneficios económicos. Porén, moitos dos traballadores consideran que esta é unha simple excusa e sinalan que a empresa non era deficitaria. A sorpresa do peche é aínda maior xa que a empresa puxo en marcha esta primavera un proxecto idéntico ao de Cerceda no municipio de Vila de Cais (O Bierzo) onde, por certo, tamén se subvencionan novos proxectos a conta do Plan Miner.


5/5 (10 votos)


Comentarios (20)

Carlinhos #1 7/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

P'ra isso estamos os trabalhadores, as trabalhadoras e @s pequen@s empresári@s num sistema económico capitalista globalizado, para sufragarmos cos nossos tributos os negócios das grandes empresas, sempre oportunistas. Socialismo ou barbárie.

Xanzinho #2 7/Setembro/2008 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hehe... e quem pensava que ia ser de outra maneira?
Aliás, não queríamos ser como Irlanda? pq o "Tigre Celta" foi construído a base de atrair empresas yankees com fundos da UE. Já hai um tempo que acabaram por aqui, assim que as empresas levam uns anos fugindo a toda velocidade e a economia irlandesa vai gradualmente para o caralho... Ainda bem que não lhes copiamos o modelo como muitos iluminados baratos queriam hai uns anos! :)

E esperade, que isto ainda não acabou :)
Nada nada, [retranca mode on]"viva o capital"[/retranca mode off]


(por certo, sou residente na Irlanda desde 1999 :P ;) )

trasancos #3 7/Setembro/2008 trasancos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E mentres os nosos autónomos, comerciantes e pequenos empresarios pasándoas canutas cunhas condicións horarias, tributarias e sociais claramente discriminatorias.

Mentres en Galicia non apostemos por fomentar a creación dunha clase empresarial propia (cando digo propia non me estou referindo aos do clube financeiro de Vigo, senón a xente que realmente se identifique co país e os sinais de identidade) pouco vai cambiar o panorama.

http://www.terra-galega.org

Garrano #4 7/Setembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A estes non lles vai vir ningún xuiz estrela dictando unha orde de busca e caotura internacional. As empresas que cobran subvencións dos programas europeos adquiren compromisos de permanencia e de proxecto empresarial que teñen que cumprir ou se non devolver os cartos, tanto os que veñen de fóra como os que estamos dentro. Se esta xente abandona o País logo de se aproveitar dos "nosos" recursos e do que lle toca a este País deses fundos sen devolver eses cartos está a delinquir. Polo tanto, u-los xuizes?

lostrego #5 7/Setembro/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Correcto Garrano, ú-los xuizes? u-lo goberno? se non actúan de seu, que se mova o goberno e a instancia de parte se instrúa un sumario por estafa

ecoe #6 7/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uló o seguimento de perto da actividade da empr€$a por parte de quen concede a subvención?

Se dan 650 mil ouros por 15 traballadores (43 kilos por traballad*r, cánto non levarán as multinacionais como citroën, zara, etc.?

Creador #7 7/Setembro/2008 Creador
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Antes de nada, o meu rexeite pra empresas que producen en Galicia e logo engrosan al Balanzas Fiscais de outras comunidades como pasou con FENOSA.

Hai outra cousa que me fode moitísmo, i e que algúns galegos mesturen o portugués co a nosa lingua.

Creador.

rober #8 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mesturar, mesturar, misturar, misturar, mesclar, mesclar, etc. etc. .... o creador "tá pa criar e nao tá pa outras coisas como nao é pá", isso sao andrómenas pá. Que bunito é entendersi e nom mais.Ë un altra coisa da romaiaisca

rober #9 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

quero dizer que é bom entenderse carallo!!!

rober #10 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ou caralho

rober #11 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

qual a difernza

rober #12 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

qual a diferença

rober #13 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cual a diferencia

rober #14 8/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cajo na cona!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

ulo #15 8/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O capital é o capital, sexa galego, chinés, ianqui ou español... dá o mesmo; o seu é a conta de resultados a final de ano. Se a explotacion dos traballadores dá beneficios, ben, se non os dá.... fora voume para outro sitio.
E iso de que un capital galego, que respecte as nosas sinais de identidade é unha inxenuidade. Capital galego hailo, e ben forte: Namibia é unha semicolonia galega, por exemplo.
Inditex naceu na Galiza é hoxe é unha das multinacionais máis forteo do mundo; e explota a traballadores e traballadoras en case todos os países do mundo, e comezou como un pequeno empresario autoexplotandonse el e máis a súa familia.
O Capital é explotador, sexa pequeno, grande ou mediano... e en canto pode pecha as portas. Catalunya, a vosa admirada Catalunya é experta en deslocalizacions da súas empresas.
Como din o outro, o capital é xeneticamente internacional, e na era actual especulativo, polo que non se pode confiar en que os mesmos que xeraron a crise, nos saquen dela.
E con elo tamen refirome aos pequenos empresarios... que son iguais de explotadores que os grandes (ou máis, porque os seus traballadores teñen menos defensas sindicais). Non serán os pquenos empresarios os que permitan sair da crise... no momento en que non lles interese o negocio, xubilanse, pechan e punto... e aos traballadores que lles den.
A crise a xerou un sistema moi concreto, o capitalista, e él non vai ser de dar unha saída favorabel aos traballadores.
O camiño, pola negativa, ven dos EE UU. Onte o goberno federal tivo que intervir duas sociedades hipotecarias porque non ter liquidez. Ben. Digo pola negativa porque isto é socializar as perdas, e porque faise para sacar dun apuro a capital, reconvertir os cadros de persoal e aumentar a explotacion (para iso, por exe. a Union Europea xa ten preparada unha directiva, a das 65 horas).
Porque non se fai o reves: o goberno da Xunta que interveña as empresas en crise... non para salvar os lucros da patronal e logo devolverlla á privada, unha vez saneada; senon para defender os postos de traballo.
A Xunta pode facer cousas contra a crise, e unha delas, das máis importantes é a de expropiar a aqueles que, como estes, fixeron como o film de Woody Allen "Colle o diñeiro e corre".
E os empresarios que "prometeron", teñen que respostar...
Xa esta ben de socializar as perdas. O estatalismos -é dicer, as nacionalizacions das empresas- esta mal cando vai ben a economica, cando vai mal, socializanse as perdas.
E a Xunta non pode calar.... ten que pronunciarse; ainda que non lles guste os seus amigos os empresarios.
A CRISE, QUE A PAGUE O CAPITAL

ulo #16 8/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un exemplo: a privatizacion de ASTANO, proposta pola Conselleria de Industria, e que fracasou pola negativa centralista do Goberno de Madrid.
Foi un dos exemplos de cómo o que queren é beneficiar aos empresarios. Como no naval as cousas van ben, ha traballo dabondo; Barreras e Hijos -a que quixo reventar o convenio do metal de Pontevedra- chegou a un acordo coa Consellería -á que a folga do metal importoulle un comino- para privatizar dunha maneira encuberta -era aluguer dos terreos de Astano non a súa venda- as instalacions valeiras de ASTANO.
O Goberno central, que resposta a intereses europeos, do naval Aleman ou Frances, dixo que NON!!!.
Moi ben. Para a Consellería o importante era o capital galego, Barreras e Hijos -quen, por certo, tiñan unha alternativa en China se fracasba como aconteceu-; que Barreras teña unhas auxiliares en precario, que non quera melloras nos convenios, que sexa froito dunha dura reconversion nos 80 (ninguén lembra o que aconteceu na ria de Vigo nos 80, cos despedimentos ou peches en Ascon, Barreras, Santo Domingo?), non importa... o que importa é que o capital teña posibilidades de desenvolverse, porque son eles o que van sacarnos da crise (UTOPICOS, quen pense iso). Esto é o que pensan todos: o raposo/capital gardando o galiñeiro.
Porque a Consellería non pensou en socializar os lucros, e exixir o mantemento do caracter publico de ASTANO, que se rompan os limites impostos pola UE a construccion civil no estaleiro de Fene, e se o goberno central no acepta, faino a Xunta.
Mais isto supon duas cousas, un, unha valentía política de que carecen os nosos gobernantes, dous, unha concepcion politica de esquerdas: non socializar a perdas, senon socializar os lucros.

galeguzo #17 8/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que digam a verdade: fecham polas políticas de imposição do galego :D

UnDeTantos #18 8/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si oh,a culpa aquí,coma en todo o que pasa (ata na guerra de irak)tamén é do BNG..

ulo #19 8/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

undetantos non fagas demagoxia, o BNG non é responsbel da guerra, ainda, si é reponsabel de apoiar ata agora a un goberno, o de ZP, que é parte da guerra contra o "terrorismo" do sr Bush (exercito en Afganista, Haiti, Libano, ata 11 países máis).
Mais, do intento de privatizar ASTANO si foi responsbel directo: Fernando Blanco, Conselleiro de Industria, é militante do BNG. Polo que si é reponsable.

UnDeTantos #20 8/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu so dixen o que querias ler #19,que a culpa de todo é do BNG ;)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: