Segundo Ángel Martín del Rey, presidente do comité organizador da X Reunión Española sobre Criptoloxía, a poboación ten unha información escasa e é preciso potenciar un plan para facerlla chegar.
O DNI-e, aínda lonxe de explotar todas as súas posibilidades
Así, lamenta que malia que os cidadáns teñen ao seu dispor unha gran cantidade de ferramentas criptográficas moi seguras, pero estas nin se coñecen nin se utilizan.
É por iso polo que solicita do Goberno realizar un plan que potencie o coñecemento e aproveitamento por parte da sociedade do DNI electrónico, de modo semellante a como se fixo co carné por puntos.
Martín del Rey tamén explicou que se están a desenvolver e supervisar as técnicas de xestión da información en formato dixital de forma segura e o modo de lanzar unha serie de proxectos de divulgación cara a sociedade.
FWWWRANDO