Os técnicos do Ministero de Facenda alertan ademais de que o Estado Español conta cunha economía somerxida que representa o 23% do PIB.
Galiza é unha das comunidades nas que se rexistra unha maior porcentaxe de traballadores que non chegan ou non superan o salario mensual de 1.100 euros brutos. Así se desprende do último estudo da Axencia Tributaria, uns datos que corresponden ao ano 2006 e que, por mor da alza dos prezos, se pon agora de actualidade. O listado está liderado por Extremadura, onde case o 70% dos asalariados percibe un salario mensual inferior aos 1.100 euros. Séguelle Murcia, cun 67% de mileuristas sobre o total, e Andalucía, co 64%. Despois, Galicia e Castela a Mancha rexistran un 61% de traballadores que non superan a ansiada cifra de salario mensual. De entre as comunidades que perciben salarios máis altos, estarían Madrid (onde os mileuristas serían o 48%) Aragón (49%) e Cataluña (50%), se ben hai que ter en conta que carecemos dos datos de Euskadi e Navarra, xa que non computan na facenda estatal.
No conxunto do Estado, case 11 millóns de traballadores están por baixo dese salario, o que supón o 58% do total. A estas cifras, debemos sumar a dos case oito millóns de pensionistas, que teñen unha paga que tampouco chega até os 1.000 euros.
Economía somerxida
A estas cifras temos que sumarlle as dos cartos que foxen do aparello administrativo de Facenda. Segundo datos dos técnicos de facenda (Gestha), a economía somerxida representa o 23% do PIB do Estado Español. Esta cifra está moi lonxe da media europea, cunhas bolsas de fraude que están preto do 6%.
Ademais, este colectivo vén de denunciar que preto do 86% das fortunas españolas cun patrimonio superior aos 10 millóns de euros elude as súas obrigas fiscais ao non declarar o Imposto sobre o Patrimonio. Así, nove de cada dez fortunas españolas evade o fisco, o que explica que o Estado Español acapare a cuarta parte dos billetes de 500 euros da zona euro.
Non entendo o termo "mileurista", máis ben, non entendo o carácter despreciativo que se lle adoita dar. Quen me dera a min 1000€/mes¡¡¡¡
E que ti es un mileurista.
1000€/mes, tendo familia, piso, kabalos de wapor e foucinhos que manter, non dan un karalho. Ainda que non telos da moito menos.
Eu subliñaría a segunda parte, referida ás grandes fortunas e a invasión de impostos. Un deses evasores é coma 5000 de nós. Inxusto ao máximo. De vergoña.
Aos de VIEIROS: propóñovos que fagades máis ampla esta información do imposto de sucesións, pois polo que eu teño oído ten moita miga.
Ai ho'! Está-che boa a navalha!
Agora resulta que vai ser notícia que os da colónia cobremos menos do que os da(s) metrópole(s).
Para que os empregados dos nossos donos cobrem 1200€; os assalariados das empressas que cotizam nos Mercados de divisas de Madrid, Bilbo e Barcelona; dos que especulam co nosso leite, coa nossa carne (nom só de porco e de vitela), coa nossa produçom agrícola, co nosso peixe, cos nossos montes, co nosso litoral, coa força do nosso vento e dos nossos rios... nós, os caseiros do nosso país, temos que cobrar 600€, senom; de que ía viver essa pobre gente? Pensades que na(s) metrópole(s) o nível de vida é como o d'aqui?